1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.BZ

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.BZ

3
00:00:44,916 --> 00:00:46,041
Neil!

4
00:00:47,166 --> 00:00:48,291
Neil!

5
00:00:52,166 --> 00:00:53,458
Neil Spencer!

6
00:00:53,958 --> 00:00:55,666
Neil Spencer!

7
00:00:57,916 --> 00:00:58,999
Neil!

8
00:00:59,916 --> 00:01:01,583
Sabemos algo máis dos pais?

9
00:01:02,083 --> 00:01:04,207
<i>Nada novo nos antecedentes.</i>

10
00:01:04,208 --> 00:01:08,374
<i>O pai liscou e a nai está nunha clínica.
O neno estaba a cargo da avoa.</i>

11
00:01:09,166 --> 00:01:10,415
Está ben.

12
00:01:10,416 --> 00:01:13,915
Quero que se interrogue hoxe
a familia directa da zona.

13
00:01:13,916 --> 00:01:15,249
<i>Si, detective.</i>

14
00:01:16,416 --> 00:01:17,374
Neil!

15
00:01:17,999 --> 00:01:18,998
Neil!

16
00:01:18,999 --> 00:01:21,833
<i>Sen correr. Revisade ben.
Confirmado: é un neno.</i>

17
00:01:22,624 --> 00:01:25,623
Moi ben, equipo! Atendede!

18
00:01:25,624 --> 00:01:28,873
Onte Neil Spencer deitouse sobre as 20:00

19
00:01:28,874 --> 00:01:32,957
e a avoa denunciou
a súa desaparición ás 22:29.

20
00:01:32,958 --> 00:01:36,123
Teredes que avisar na casa
de que non iredes á noite.

21
00:01:36,124 --> 00:01:38,624
Detective, atopamos algo!

22
00:02:08,916 --> 00:02:10,708
Este non é Neil Spencer.

23
00:02:36,833 --> 00:02:39,749
Estou emocionado. É empezar de cero, non?

24
00:02:41,708 --> 00:02:42,790
- Non si?
- Si.

25
00:02:42,791 --> 00:02:46,748
Mamá sempre quixo
que nos mudásemos á vila onde nos criamos.

26
00:02:46,749 --> 00:02:49,957
Irás ao seu colexio. É xenial, verdade?

27
00:02:49,958 --> 00:02:51,166
- É.
- Si.

28
00:02:52,166 --> 00:02:54,373
E atopamos unha casa con bambán.

29
00:02:54,374 --> 00:02:57,707
Xusto coma aquela da praia
que vos encantaba.

30
00:02:57,708 --> 00:03:01,123
Xa o dixeches como unhas mil veces.

31
00:03:01,124 --> 00:03:02,707
Non, aí engánaste.

32
00:03:02,708 --> 00:03:07,041
Só o dixen 936 veces. Cínguete aos feitos.

33
00:03:11,791 --> 00:03:13,124
Estráñoa.

34
00:03:15,999 --> 00:03:17,208
Eu tamén, campión.

35
00:03:19,874 --> 00:03:22,999
Levanta as pernas.
Arriba. Veña, levántaas!

36
00:03:24,291 --> 00:03:27,416
E… estamos en Garretton.

37
00:03:29,291 --> 00:03:30,249
Lográmolo.

38
00:03:59,291 --> 00:04:00,416
Velaí está.

39
00:04:01,916 --> 00:04:03,332
- Queres ir vela?
- Si.

40
00:04:03,333 --> 00:04:04,166
Vale.

41
00:04:05,708 --> 00:04:07,040
- Boas.
- Que hai?

42
00:04:07,041 --> 00:04:10,207
Ola, que tal? Onde quere isto?

43
00:04:10,208 --> 00:04:13,249
Podedes deixalo na cociña. Grazas.

44
00:04:19,499 --> 00:04:21,082
Papá, mira para aquí!

45
00:04:21,083 --> 00:04:22,666
Xa vou, campión.

46
00:04:32,166 --> 00:04:34,666
Espero que che pareza grande abondo, Jake.

47
00:04:48,624 --> 00:04:51,790
Veña, meu rei.
Temos casa nova, escaleiras novas…

48
00:04:51,791 --> 00:04:53,333
Que dixemos que iamos ser?

49
00:04:55,791 --> 00:04:56,916
Valentes.

50
00:04:57,416 --> 00:04:58,666
Exacto.

51
00:04:59,166 --> 00:05:01,541
Coma mamá cando estaba enferma.

52
00:05:03,624 --> 00:05:04,541
Ven aquí.

53
00:05:06,208 --> 00:05:09,416
Veña, logo. Vamos arriba.

54
00:05:10,041 --> 00:05:11,166
Si.

55
00:05:15,249 --> 00:05:17,041
E…

56
00:05:18,041 --> 00:05:19,166
Busca o teu cuarto.

57
00:05:49,708 --> 00:05:50,916
Que pasa?

58
00:05:52,333 --> 00:05:54,083
Por que tes tanto medo?

59
00:05:57,249 --> 00:05:58,624
Vai ir todo ben.

60
00:06:02,666 --> 00:06:05,248
Non, iso… Non! Un momentiño.

61
00:06:05,249 --> 00:06:06,457
Non o podes coller.

62
00:06:06,458 --> 00:06:08,333
Vale, Saturno vai…

63
00:06:10,208 --> 00:06:11,124
dereito ao Sol.

64
00:06:12,208 --> 00:06:13,790
- Non.
- Reacción en cadea.

65
00:06:13,791 --> 00:06:14,707
Non!

66
00:06:14,708 --> 00:06:16,416
Oh, non!

67
00:06:19,708 --> 00:06:21,165
Moi ben.

68
00:06:21,166 --> 00:06:22,832
- Vale. Preparado?
- Si.

69
00:06:22,833 --> 00:06:24,833
Si? Irache moi ben, xa verás.

70
00:06:26,124 --> 00:06:29,249
Estás ben abrigado? Si? Queres levar iso?

71
00:06:29,999 --> 00:06:30,833
Seguro?

72
00:06:31,791 --> 00:06:32,998
Si?

73
00:06:32,999 --> 00:06:34,123
Está ben.

74
00:06:34,124 --> 00:06:35,291
Ven aquí.

75
00:06:36,208 --> 00:06:38,373
Veña, que teñas moi bo día.

76
00:06:38,374 --> 00:06:41,207
Estarei aquí cando acabes, vale?

77
00:06:41,208 --> 00:06:42,833
Ben. De acordo?

78
00:06:52,958 --> 00:06:58,708
VÍCHESME?
NEIL SPENCER, DESAPARECIDO O 6/4/2026

79
00:07:06,916 --> 00:07:08,833
UN <i>THRILLER</i> POLICIAL
<i>MERCADO NEGRO</i>

80
00:07:32,874 --> 00:07:34,249
Merda.

81
00:07:41,249 --> 00:07:42,583
Mi ma!

82
00:07:51,374 --> 00:07:54,791
DEVOLVER AO REMITENTE SE NON SE ENTREGA
DOMINIC BARNETT

83
00:08:18,624 --> 00:08:21,166
<i>Se a fiestra sen pechar está,</i>

84
00:08:21,999 --> 00:08:24,458
<i>oiralo no cristal petar.</i>

85
00:09:05,499 --> 00:09:06,624
ARQUIVO

86
00:09:21,291 --> 00:09:23,958
ACHAN MORTOS EN GARRETTON
DOUS NENOS DESAPARECIDOS

87
00:09:30,291 --> 00:09:33,541
O MURMURADOR: COMO NON O SABÍAN?

88
00:09:35,166 --> 00:09:36,041
PROBAS

89
00:09:54,708 --> 00:09:56,666
<i>Que clase de peixes eran?</i>

90
00:09:57,166 --> 00:09:58,707
<i>Non sei.</i>

91
00:09:58,708 --> 00:10:01,999
<i>Había un rosa e un azul.</i>

92
00:10:03,041 --> 00:10:04,958
<i>Pensas que te botarán en falta?</i>

93
00:10:05,791 --> 00:10:07,373
<i>Os meus peixes?</i>

94
00:10:07,374 --> 00:10:11,123
<i>Dábaslles de comer
coma teu pai a ti, non si?</i>

95
00:10:11,124 --> 00:10:14,333
<i>Botarán en falta que lles deas de comer?</i>

96
00:10:15,708 --> 00:10:16,748
<i>Non sei.</i>

97
00:10:16,749 --> 00:10:18,291
<i>Fala máis alto, rapaz.</i>

98
00:10:18,874 --> 00:10:21,124
<i>E se lles entra a fame e non estás?</i>

99
00:10:21,624 --> 00:10:23,541
<i>Pensas que se comerán?</i>

100
00:10:24,333 --> 00:10:28,208
<i>Cando un peixe estea a cagar o outro,
que pensarán de ti?</i>

101
00:10:37,541 --> 00:10:38,583
Ben.

102
00:10:39,999 --> 00:10:42,416
Ben, coido que lles ha encantar.

103
00:10:47,124 --> 00:10:48,624
Iso é para despois.

104
00:10:58,083 --> 00:11:00,082
O HOME QUE ATRAPOU AO MURMURADOR

105
00:11:00,083 --> 00:11:02,749
O DETECTIVE PETE WILLIS
AÍNDA BUSCA O NENO DESAPARECIDO

106
00:11:30,124 --> 00:11:31,249
Señor Willis.

107
00:11:31,749 --> 00:11:35,583
Son a detective Amanda Beck,
da Policía de Garretton. Podo pasar?

108
00:11:36,749 --> 00:11:38,583
Sinto interromperlle a cea.

109
00:11:39,124 --> 00:11:42,373
Hai un par de días,
desapareceu un neno en Hillcrest.

110
00:11:42,374 --> 00:11:43,707
Neil Spencer.

111
00:11:43,708 --> 00:11:46,249
Descartamos parentes, amigos e paradoiros.

112
00:11:46,833 --> 00:11:50,666
Atopamos algo e non sei
se é unha pista ou unha distracción.

113
00:11:54,666 --> 00:11:56,623
Outro corpo. Un neno.

114
00:11:56,624 --> 00:11:58,708
Levaba sobre un mes no monte.

115
00:12:04,708 --> 00:12:08,873
Non todos os nenos desaparecidos na zona
apuntan a Frank Carter.

116
00:12:08,874 --> 00:12:10,832
Pero esa non é a súa firma?

117
00:12:10,833 --> 00:12:13,374
Está cumprindo cadea perpetua en Rahway.

118
00:12:14,291 --> 00:12:15,416
Non preguntei iso.

119
00:12:17,124 --> 00:12:20,998
Mire, ben sei que o ten que atopar,
pero non sei se podo axudala.

120
00:12:20,999 --> 00:12:24,207
O outro desaparecido,
Neil Spencer, contoulle á avoa

121
00:12:24,208 --> 00:12:26,916
que oíra unha voz rara na fiestra

122
00:12:27,749 --> 00:12:29,041
murmurándolle.

123
00:12:31,708 --> 00:12:34,457
Os nenos teñen moita imaxinación…

124
00:12:34,458 --> 00:12:37,123
E Carter aproveitábao,
ou iso dixo vostede.

125
00:12:37,124 --> 00:12:42,040
Dixen, pero onde vai que me retirei,
polo menos hai 25 anos.

126
00:12:42,041 --> 00:12:44,457
Ademais, só hai un Frank Carter.

127
00:12:44,458 --> 00:12:48,415
No seu expediente menciónase
un cómplice que nunca se identificou.

128
00:12:48,416 --> 00:12:52,499
Si, era unha teoría,
pero quedou niso, como adoita pasar.

129
00:12:59,874 --> 00:13:03,040
Frank Carter
segue rexeitando que o entrevisten.

130
00:13:03,041 --> 00:13:07,082
Vostede é o único
co que accedeu a falar desde que…

131
00:13:07,083 --> 00:13:08,541
o encarceraron.

132
00:13:09,666 --> 00:13:11,540
Algún consello se falo con el?

133
00:13:11,541 --> 00:13:13,249
Si, mellor non o faga.

134
00:13:16,124 --> 00:13:18,083
Espero que atope o neno.

135
00:13:18,583 --> 00:13:21,458
Co debido respecto,
a esperanza non axuda nadiña.

136
00:13:57,749 --> 00:14:00,790
Podo meter esta
no paquete de cousas especiais?

137
00:14:00,791 --> 00:14:02,124
Déixame vela.

138
00:14:07,708 --> 00:14:08,541
Claro.

139
00:14:15,416 --> 00:14:16,624
E iso?

140
00:14:17,291 --> 00:14:19,957
Estampamos as mans
nunha parede do colexio.

141
00:14:19,958 --> 00:14:21,916
Si? Impresións das mans pintadas?

142
00:14:22,499 --> 00:14:24,999
- Que chulo.
- Axudoume a miña amiga.

143
00:14:26,374 --> 00:14:28,416
Si? Fixeches unha amiga?

144
00:14:29,416 --> 00:14:31,166
A nena do xersei azul.

145
00:14:33,333 --> 00:14:36,123
Lembras que xa o falamos?

146
00:14:36,124 --> 00:14:38,499
Que algúns amigos son imaxinarios e…

147
00:14:42,541 --> 00:14:43,708
Que pasa, campión?

148
00:14:46,083 --> 00:14:48,123
Estás seguro de que non acordará?

149
00:14:48,124 --> 00:14:49,083
Mamá?

150
00:14:50,499 --> 00:14:51,624
Estou, si.

151
00:14:54,041 --> 00:14:56,374
Mamá queríate

152
00:14:57,541 --> 00:15:01,708
máis ca a nada no mundo
e iso nunca cambiará.

153
00:15:02,249 --> 00:15:06,415
Pero iso non significa
que non poidas facer oco a xente nova,

154
00:15:06,416 --> 00:15:08,708
a amigos novos.

155
00:15:09,374 --> 00:15:11,916
Os nenos do colexio non me caen ben.

156
00:15:15,166 --> 00:15:16,083
Sabes?

157
00:15:16,999 --> 00:15:18,540
Nunca cho contei,

158
00:15:18,541 --> 00:15:23,582
pero, cando tiña a túa idade,
eu tamén tiña un amigo así.

159
00:15:23,583 --> 00:15:24,582
É certo.

160
00:15:24,583 --> 00:15:27,749
Visitábame cando ía durmir
e viviamos aventuras.

161
00:15:28,416 --> 00:15:30,040
Sempre que rematabamos,

162
00:15:30,041 --> 00:15:32,540
bicábame na testa, xusto aquí.

163
00:15:32,541 --> 00:15:33,583
E, entón,

164
00:15:34,499 --> 00:15:37,874
espertaba á mañá seguinte na cama
como por arte de maxia.

165
00:15:39,083 --> 00:15:40,958
Chamáballe Señor Noite.

166
00:15:43,416 --> 00:15:46,373
Non pasa nada por imaxinar cousas, Jake.

167
00:15:46,374 --> 00:15:48,124
Pero tes que…

168
00:15:49,041 --> 00:15:51,666
darlle unha oportunidade
tamén á xente real.

169
00:16:18,041 --> 00:16:19,499
Como te chamas?

170
00:16:25,916 --> 00:16:27,166
Non pasa nada.

171
00:16:28,291 --> 00:16:29,999
Teñen que oír isto.

172
00:16:50,666 --> 00:16:52,374
SERVIZO POSTAL DOS EUA

173
00:17:04,458 --> 00:17:06,041
SECCIÓN DE NOVAS DE WRZR

174
00:17:25,749 --> 00:17:26,790
Síntoo.

175
00:17:26,791 --> 00:17:29,457
Ola. Perdón por chegar tarde.

176
00:17:29,458 --> 00:17:32,416
- É o pai de Jake?
- Son. Ola, que tal?

177
00:17:33,208 --> 00:17:34,665
Que foi, campión?

178
00:17:34,666 --> 00:17:36,708
Cóntaslle a papá o que pasou?

179
00:17:37,624 --> 00:17:39,415
Puxéronme en amarelo.

180
00:17:39,416 --> 00:17:40,790
Que te…? O que?

181
00:17:40,791 --> 00:17:43,291
Usamos un semáforo para a mala conduta.

182
00:17:43,874 --> 00:17:45,999
Que fixo? Que fixeches?

183
00:17:46,583 --> 00:17:49,290
Owen quixo collerme
o paquete de cousas especiais.

184
00:17:49,291 --> 00:17:51,748
Rabuñou o rapaz que mete medo.

185
00:17:51,749 --> 00:17:55,124
De acordo, iso está… Iso non se fai, Jake.

186
00:17:55,624 --> 00:17:57,582
Síntoo, foi polo paquete ese.

187
00:17:57,583 --> 00:18:01,290
Está cheo de cousas que eran de súa nai.

188
00:18:01,291 --> 00:18:02,749
Iso non o escusa.

189
00:18:03,583 --> 00:18:06,583
Queremos que escriba
unha nota de desculpa.

190
00:18:08,416 --> 00:18:09,832
Non é excesivo?

191
00:18:09,833 --> 00:18:12,415
Non toleramos a violencia entre alumnos.

192
00:18:12,416 --> 00:18:13,998
E toleran os abusóns?

193
00:18:13,999 --> 00:18:16,582
Porque o outro neno parece un pouco prea.

194
00:18:16,583 --> 00:18:18,040
- Desculpe?
- Sabe que?

195
00:18:18,041 --> 00:18:20,624
Pasamos de escribir a nota.
Vamos, campión.

196
00:18:21,666 --> 00:18:23,249
Pódeme poñer en amarelo.

197
00:18:29,791 --> 00:18:30,916
Onde está?

198
00:18:35,749 --> 00:18:38,915
<i>Non me gustaba estar alí,</i>

199
00:18:38,916 --> 00:18:40,583
<i>naquela casa.</i>

200
00:18:41,083 --> 00:18:42,833
<i>Na de túa avoa.</i>

201
00:18:43,666 --> 00:18:45,833
<i>Tratábate mal?</i>

202
00:18:46,833 --> 00:18:47,873
<i>Non.</i>

203
00:18:47,874 --> 00:18:49,291
<i>Ás veces,</i>

204
00:18:49,916 --> 00:18:51,416
<i>enfermaba.</i>

205
00:18:52,958 --> 00:18:54,541
<i>E eu tiña medo.</i>

206
00:18:55,083 --> 00:18:56,416
<i>Tranquilo.</i>

207
00:18:57,291 --> 00:18:59,083
<i>Teñen que oílo.</i>

208
00:19:00,833 --> 00:19:03,248
<i>Tiña medo de que morrese,</i>

209
00:19:03,249 --> 00:19:07,041
<i>de que estivese morta
comigo na casa mentres eu durmía.</i>

210
00:19:08,291 --> 00:19:11,374
<i>Se puideses falar coa túa mamá agora,</i>

211
00:19:12,333 --> 00:19:13,916
<i>que lle dirías?</i>

212
00:19:16,041 --> 00:19:18,124
<i>Por que me deixaches alí?</i>

213
00:19:18,874 --> 00:19:20,666
<i>Por que non me queres?</i>

214
00:19:22,291 --> 00:19:23,749
<i>Eu si que te quero.</i>

215
00:20:51,249 --> 00:20:54,207
<i>Se a porta deixas entreaberta,</i>

216
00:20:54,208 --> 00:20:56,833
<i>axiña os murmurios che empezan.</i>

217
00:20:57,541 --> 00:20:59,790
<i>Se a fiestra sen pechar está,</i>

218
00:20:59,791 --> 00:21:02,083
<i>oiralo no cristal petar.</i>

219
00:21:03,291 --> 00:21:04,333
Jake?

220
00:21:05,708 --> 00:21:06,916
Que fas?

221
00:21:11,666 --> 00:21:12,583
Jake!

222
00:21:27,708 --> 00:21:29,082
Con quen falabas?

223
00:21:29,083 --> 00:21:30,416
Con ninguén.

224
00:21:45,374 --> 00:21:46,291
Volve á cama.

225
00:22:09,333 --> 00:22:10,249
CONFIGURACIÓN

226
00:22:46,791 --> 00:22:47,833
Ei!

227
00:22:50,874 --> 00:22:53,248
Ei! Que fas?

228
00:22:53,249 --> 00:22:55,583
Ei!

229
00:23:01,541 --> 00:23:05,957
Xa nos avisaran de que había un ocupa
desde que a casa quedou baleira.

230
00:23:05,958 --> 00:23:09,624
E de que se coaban rapaces
para beber e outras cousas.

231
00:23:10,124 --> 00:23:11,708
Non era un rapaz.

232
00:23:14,208 --> 00:23:15,083
Que hai aí?

233
00:23:16,666 --> 00:23:17,874
Non llo sei.

234
00:23:24,208 --> 00:23:25,833
Hostia.

235
00:23:30,999 --> 00:23:32,291
O antigo dono?

236
00:23:35,249 --> 00:23:36,541
E agora que?

237
00:23:38,416 --> 00:23:42,457
Non o atacou. Só saíu correndo,
agás que haxa algo máis.

238
00:23:42,458 --> 00:23:44,833
Seguro que só era un ocupa.

239
00:23:45,458 --> 00:23:46,998
Quedaríalle algo aquí

240
00:23:46,999 --> 00:23:49,290
e non reparou en que alugaran a casa.

241
00:23:49,291 --> 00:23:53,416
Cambie as fechaduras, poña unha alarma
e doe todo isto á beneficencia.

242
00:23:53,916 --> 00:23:55,999
E bote o ferrollo por detrás.

243
00:23:58,291 --> 00:23:59,374
Iso é todo?

244
00:23:59,874 --> 00:24:02,708
Pintar a fachada
pode escorrentar os intrusos.

245
00:24:23,458 --> 00:24:24,373
CAPÍTULO TRES

246
00:24:24,374 --> 00:24:27,582
REBECCA, ESTRÁÑOTE.

247
00:24:27,583 --> 00:24:29,957
CÚSTAME MOITO FACER ISTO SEN TI.

248
00:24:29,958 --> 00:24:31,791
NON SEI QUE FACER.

249
00:24:53,666 --> 00:24:56,415
<i>Se te sentes triste e só,</i>

250
00:24:56,416 --> 00:24:58,791
<i>por ti virá o Murmurador.</i>

251
00:25:05,041 --> 00:25:07,165
<i>Se a fiestra sen pechar está,</i>

252
00:25:07,166 --> 00:25:09,082
<i>oiralo no cristal…</i>

253
00:25:09,083 --> 00:25:10,748
Jake, que fas?

254
00:25:10,749 --> 00:25:11,958
Nada.

255
00:25:17,541 --> 00:25:18,499
Vale.

256
00:25:19,208 --> 00:25:20,583
Con quen falabas?

257
00:25:22,833 --> 00:25:24,416
Coa nena do xersei azul?

258
00:25:27,874 --> 00:25:30,373
Dálle medo este sitio.

259
00:25:30,374 --> 00:25:33,291
Dálle medo este sitio? Esta casa? Por que?

260
00:25:34,291 --> 00:25:36,749
Dálle medo o neno que vive aquí.

261
00:25:37,499 --> 00:25:38,416
Ti?

262
00:25:40,208 --> 00:25:41,165
Quen?

263
00:25:41,166 --> 00:25:45,123
O neno do chan. Miña nai!

264
00:25:45,124 --> 00:25:47,498
Jake, tes que deixar de facer isto.

265
00:25:47,499 --> 00:25:48,583
De facer o que?

266
00:25:49,583 --> 00:25:51,083
Maldita sexa!

267
00:25:52,624 --> 00:25:55,540
De inventar cousas. Necesito que madures.

268
00:25:55,541 --> 00:25:57,207
Nunca me cres.

269
00:25:57,208 --> 00:25:58,415
Pódote ver.

270
00:25:58,416 --> 00:25:59,998
Podo velo todo,

271
00:25:59,999 --> 00:26:03,207
e sei que aquí non hai ninguén, Jake.

272
00:26:03,208 --> 00:26:05,833
Falas contigo mesmo.

273
00:26:51,291 --> 00:26:52,249
Jake?

274
00:26:56,958 --> 00:26:57,874
Que…?

275
00:27:05,958 --> 00:27:07,041
Jake?

276
00:27:09,958 --> 00:27:12,124
Jake!

277
00:27:13,291 --> 00:27:14,249
Jake!

278
00:27:15,291 --> 00:27:16,249
Jake!

279
00:27:20,583 --> 00:27:21,999
Jake!

280
00:27:25,458 --> 00:27:26,374
Jake!

281
00:27:27,958 --> 00:27:30,041
Jake!

282
00:27:31,124 --> 00:27:32,291
Jake!

283
00:27:33,458 --> 00:27:34,499
Jake!

284
00:27:59,416 --> 00:28:02,458
Son a detective Beck. Fáleme de Jake.

285
00:28:04,541 --> 00:28:05,499
De acordo.

286
00:28:07,583 --> 00:28:08,499
Seillo.

287
00:28:09,708 --> 00:28:11,041
É aterrador.

288
00:28:13,749 --> 00:28:14,833
É calado.

289
00:28:15,333 --> 00:28:16,333
É duro,

290
00:28:17,458 --> 00:28:20,791
pero non sabemos
que detalle nos axudará a atopalo.

291
00:28:24,249 --> 00:28:25,249
Está ben.

292
00:28:28,624 --> 00:28:29,749
A el…

293
00:28:30,541 --> 00:28:33,208
gústalle coleccionar…

294
00:28:34,874 --> 00:28:38,165
todo tipo de cousiñas.

295
00:28:38,166 --> 00:28:39,499
Como…

296
00:28:40,708 --> 00:28:45,040
entradas, cintas e… mesmo pedras.

297
00:28:45,041 --> 00:28:47,415
Todo significa algo para el.

298
00:28:47,416 --> 00:28:49,749
- Que bonito.
- Si, é moi bo neno.

299
00:28:50,333 --> 00:28:51,416
Fáleme dos amigos.

300
00:28:52,708 --> 00:28:53,707
<i>Todos á espera.</i>

301
00:28:53,708 --> 00:28:57,958
Acabamos de mudarnos
e case non leva nada no colexio, así que…

302
00:28:58,624 --> 00:28:59,583
Onde vivían?

303
00:29:00,999 --> 00:29:03,791
En Manasquan, na costa de Nova Jersey.

304
00:29:04,708 --> 00:29:06,665
A nai de Jake criouse aquí e…

305
00:29:06,666 --> 00:29:08,708
Morreu.

306
00:29:09,666 --> 00:29:11,583
Estaba enferma.

307
00:29:14,791 --> 00:29:16,749
Ten máis familia por aquí?

308
00:29:18,833 --> 00:29:19,957
Meu pai.

309
00:29:19,958 --> 00:29:22,248
Está… en algures.

310
00:29:22,249 --> 00:29:23,999
Non sei. Non coñece a Jake.

311
00:29:25,833 --> 00:29:27,166
Como se chama?

312
00:29:28,458 --> 00:29:31,374
Peter Willis. Era policía.

313
00:29:37,083 --> 00:29:39,124
E chamou a seu pai?

314
00:29:40,124 --> 00:29:41,083
Non.

315
00:29:43,333 --> 00:29:45,083
Revisamos a cámara do cuarto

316
00:29:46,249 --> 00:29:50,041
e marchou el só. Non había ninguén máis.

317
00:29:57,333 --> 00:29:58,374
Detective.

318
00:30:03,583 --> 00:30:04,499
Que carallo…?

319
00:30:05,749 --> 00:30:06,666
Meu Deus.

320
00:31:06,124 --> 00:31:07,041
Diga.

321
00:31:07,999 --> 00:31:08,958
<i>Papá?</i>

322
00:31:45,958 --> 00:31:47,083
Que lles poño?

323
00:31:47,999 --> 00:31:49,999
A min, un café.

324
00:31:50,624 --> 00:31:52,083
Queres café?

325
00:31:53,208 --> 00:31:54,208
- Dous?
- Si.

326
00:32:04,874 --> 00:32:06,166
Como o levas?

327
00:32:11,458 --> 00:32:14,416
Só preciso saber
que están a facer todo o posible.

328
00:32:14,999 --> 00:32:16,541
Eu estouno a facer.

329
00:32:17,541 --> 00:32:18,416
Claro.

330
00:32:19,958 --> 00:32:23,583
Aínda tes amigos na policía,
tes influencia.

331
00:32:24,833 --> 00:32:28,041
Eu era novo e non me acorda gran cousa.

332
00:32:28,791 --> 00:32:32,665
Pero si lembro o Murmurador
e lembro que o atopaches ti.

333
00:32:32,666 --> 00:32:34,374
Atopeino, abofé.

334
00:32:35,249 --> 00:32:36,166
Pois…

335
00:32:44,791 --> 00:32:47,666
Jake é moi bo rapaz. É listo e…

336
00:32:49,416 --> 00:32:50,916
Teñen algunha pista?

337
00:32:51,416 --> 00:32:55,041
Si, se lles dese a puta gana de seguilas.
Por iso te necesito.

338
00:32:55,541 --> 00:32:57,999
Seguro que leva o caso un bo detective.

339
00:32:58,583 --> 00:33:00,707
Non, ti eras bo detective.

340
00:33:00,708 --> 00:33:04,123
Eras unha merda de pai,
pero un detective caralludo.

341
00:33:04,124 --> 00:33:05,457
Escoitarante

342
00:33:05,458 --> 00:33:08,082
e contaranche cousas que a min non me din.

343
00:33:08,083 --> 00:33:09,290
Eu…

344
00:33:09,291 --> 00:33:10,458
A ver…

345
00:33:12,999 --> 00:33:15,166
Escoita, eu…

346
00:33:16,541 --> 00:33:20,623
Queríate chamar,
sobre todo tras morrer Rebecca…

347
00:33:20,624 --> 00:33:21,583
Non.

348
00:33:23,333 --> 00:33:24,249
Non o fagas.

349
00:33:28,291 --> 00:33:32,165
- Sinto que nos xuntase algo así.
- Isto non nos xunta nadiña.

350
00:33:32,166 --> 00:33:34,499
Só estou a pedirche axuda, entendido?

351
00:33:39,124 --> 00:33:40,541
Claro, entendido.

352
00:33:43,374 --> 00:33:46,708
Non sei que podo facer eu, Tom.

353
00:33:49,499 --> 00:33:54,624
Xa choveu desde que levaba placa.
Seguro que non queren saber nada de min.

354
00:33:55,624 --> 00:33:57,248
Pero conta comigo se…

355
00:33:57,249 --> 00:34:00,873
Non necesito
o teu apoio emocional de merda, estamos?

356
00:34:00,874 --> 00:34:03,749
Necesito que atopes o meu fillo!

357
00:34:13,874 --> 00:34:14,708
Non? Moi ben.

358
00:34:40,291 --> 00:34:44,958
TONY SMITH DESAPARECEU O 23/9/1995
BÚSCASE

359
00:34:47,374 --> 00:34:51,373
Por que Carter
lles cubría a cara cunha camiseta?

360
00:34:51,374 --> 00:34:54,833
Non quería que o mirasen.
Nin tampouco miralos.

361
00:34:56,833 --> 00:34:59,748
SECUESTRO DE SPENCER E KENNEDY

362
00:34:59,749 --> 00:35:02,248
NEIL SPENCER
DESAPARECEU O 6/4/2026

363
00:35:02,249 --> 00:35:04,708
JAKE KENNEDY
DESAPARECEU O 10/4/2026

364
00:35:06,291 --> 00:35:08,123
Pouca cousa nova teñen.

365
00:35:08,124 --> 00:35:10,499
- Só hai isto?
- Tentamos pórnos ao día.

366
00:35:11,999 --> 00:35:13,790
E Tom deulles unha pista?

367
00:35:13,791 --> 00:35:17,665
Deunos unha descrición imprecisa
dun vagabundo que viu no soto.

368
00:35:17,666 --> 00:35:18,999
Non cadra con ninguén.

369
00:35:21,958 --> 00:35:24,124
Debería escoitar a cinta de Spencer.

370
00:35:25,083 --> 00:35:27,707
É o neno? Culpa os pais.

371
00:35:27,708 --> 00:35:29,540
Coma co Murmurador de Carter.

372
00:35:29,541 --> 00:35:30,957
Si, xa o oín.

373
00:35:30,958 --> 00:35:33,457
Non só quere facerlles dano aos nenos.

374
00:35:33,458 --> 00:35:34,666
Algo da Científica?

375
00:35:35,374 --> 00:35:38,707
Os da cadea manipularon o paquete.
Está contaminado.

376
00:35:38,708 --> 00:35:41,999
Tras a entrega da cinta,
sabemos que temos pouco tempo.

377
00:35:44,958 --> 00:35:48,874
Tom díxome que non coñece a Jake.

378
00:35:49,999 --> 00:35:51,374
Podo saber por que?

379
00:35:54,124 --> 00:35:58,249
Algunha conexión entre os dous nenos
alén da desaparición?

380
00:35:59,208 --> 00:36:00,916
Jake era novo na vila.

381
00:36:01,416 --> 00:36:05,457
Ía a un colexio distinto
ao de Neil Spencer, que era católico.

382
00:36:05,458 --> 00:36:08,041
Stevie Grant estaba nun fogar de acollida.

383
00:36:09,333 --> 00:36:11,333
Investigamos agresores sexuais da zona.

384
00:36:12,041 --> 00:36:15,498
No caso de Carter,
vostede especulaba sobre que os nenos

385
00:36:15,499 --> 00:36:17,457
saían da casa por si sós.

386
00:36:17,458 --> 00:36:21,957
Que Frank Carter os chamaba de algún modo.

387
00:36:21,958 --> 00:36:25,124
Carter sabía dar cos que querían ir.

388
00:36:41,208 --> 00:36:42,166
Da súa casa.

389
00:36:44,124 --> 00:36:46,624
E se o meu fillo volve á casa e non estou?

390
00:36:47,124 --> 00:36:50,749
É a escena dun crime.
Isto é o mellor agora mesmo.

391
00:36:51,374 --> 00:36:53,291
Agás que teña con quen quedar.

392
00:37:10,791 --> 00:37:13,708
OFERTA DE EMPREGO PARA EXCONVICTOS

393
00:37:22,458 --> 00:37:26,291
CARGOS DE DOMINIC BARNETT:
ROUBO E AGRESIÓN A UN POLICÍA

394
00:37:26,958 --> 00:37:27,873
Beck, dígame.

395
00:37:27,874 --> 00:37:31,832
O home que vivía na miña casa
estivo na prisión de East Jersey.

396
00:37:31,833 --> 00:37:32,666
<i>Señor Kennedy?</i>

397
00:37:33,291 --> 00:37:35,248
<i>Si. Teño o seu correo.</i>

398
00:37:35,249 --> 00:37:38,082
Dominic Barnett. Agrediu un policía.

399
00:37:38,083 --> 00:37:40,290
Saíu hai sete anos, hostia.

400
00:37:40,291 --> 00:37:43,373
Máis amodo.
Di que viviu na casa que ten alugada?

401
00:37:43,374 --> 00:37:47,540
Pode ser el. Ambos estiveron en Rahway.
E, se coñeceu a Carter dentro…

402
00:37:47,541 --> 00:37:48,915
<i>Envíeme o que ten.</i>

403
00:37:48,916 --> 00:37:51,374
Investigareino. Dixo Dominic Barnett?

404
00:37:52,499 --> 00:37:54,707
Podería ser el.

405
00:37:54,708 --> 00:37:56,290
Dixen que o investigarei.

406
00:37:56,291 --> 00:37:57,707
<i>De acordo? Grazas.</i>

407
00:37:57,708 --> 00:37:59,583
Tómame o puto pelo?

408
00:38:00,666 --> 00:38:01,748
Cago en todo.

409
00:38:01,749 --> 00:38:03,248
Seille quen é Barnett.

410
00:38:03,249 --> 00:38:07,290
Era recadeiro da banda Brick Squad
cando eu estaba no corpo.

411
00:38:07,291 --> 00:38:09,998
Agora teñen a base na barriada de Wrigley.

412
00:38:09,999 --> 00:38:14,248
E canto pasou desde que os nenos
se deitaron ata que desapareceron?

413
00:38:14,249 --> 00:38:17,290
Pouco no caso de Neil Spencer: 90 minutos.

414
00:38:17,291 --> 00:38:18,374
E no de Jake?

415
00:38:18,874 --> 00:38:21,333
Seis horas ata que Tom espertou.

416
00:38:22,249 --> 00:38:24,582
Bebera e se cadra estaba ebrio.

417
00:38:24,583 --> 00:38:26,208
Cheirábame a alcol.

418
00:38:28,374 --> 00:38:29,998
Nunca a coñecín.

419
00:38:29,999 --> 00:38:33,791
Chamoume unha vez
para dicirme que estaba embarazada.

420
00:38:35,208 --> 00:38:36,499
Falamos un anaco.

421
00:38:38,124 --> 00:38:39,291
El tiña sorte.

422
00:38:47,583 --> 00:38:48,958
Guerras de debuxos.

423
00:38:49,458 --> 00:38:50,916
Tom tamén as facía.

424
00:38:52,708 --> 00:38:54,874
Nunca sabes o que se pode herdar.

425
00:39:02,499 --> 00:39:03,582
Epa!

426
00:39:03,583 --> 00:39:06,707
Señora Shearing, son o seu inquilino.

427
00:39:06,708 --> 00:39:08,165
Tom. Tom Kennedy.

428
00:39:08,166 --> 00:39:11,457
Dixo que ía limpar todo aquilo.
Non llo vou facer eu.

429
00:39:11,458 --> 00:39:14,415
- Por favor, desapareceume o fillo.
- Lisca.

430
00:39:14,416 --> 00:39:15,499
Por favor.

431
00:39:16,166 --> 00:39:17,999
Deberiamos ir falar con el.

432
00:39:18,499 --> 00:39:21,707
Con Carter.
Pero só accederá se está vostede.

433
00:39:21,708 --> 00:39:26,373
O único que fará ese cabrón
será darlle gana de vomitar.

434
00:39:26,374 --> 00:39:27,957
Cando nos centramos nel,

435
00:39:27,958 --> 00:39:30,665
Carter levaba día e medio á fuga.

436
00:39:30,666 --> 00:39:32,373
E, cando ao fin o pillamos,

437
00:39:32,374 --> 00:39:35,998
había probas de que seguía vivo
o quinto neno secuestrado.

438
00:39:35,999 --> 00:39:38,290
Fixen todo o posible por atopalo.

439
00:39:38,291 --> 00:39:41,165
Botei seis horas interrogándolle a muller.

440
00:39:41,166 --> 00:39:42,957
Despois fun velo a el

441
00:39:42,958 --> 00:39:45,915
para apelar
á pouca humanidade que lle quedaría.

442
00:39:45,916 --> 00:39:47,041
Non tiña ningunha.

443
00:39:48,458 --> 00:39:49,374
Ningunha.

444
00:39:50,291 --> 00:39:53,290
Dominic Barnett foi inquilino seu?

445
00:39:53,291 --> 00:39:56,957
Ese meu sobriño non vale un carallo.

446
00:39:56,958 --> 00:39:58,415
Alto, son familia?

447
00:39:58,416 --> 00:40:01,748
O merdento liscou
e deixoume seis meses sen pagar.

448
00:40:01,749 --> 00:40:05,458
Está ben, e pódeme dicir algo
que me axude a atopalo?

449
00:40:07,833 --> 00:40:12,373
Saía cunha rapaza
da barriada do parque Wrigley.

450
00:40:12,374 --> 00:40:15,249
Ben, e sabe como se chamaba?

451
00:40:17,166 --> 00:40:19,207
Tina… Tiffany.

452
00:40:19,208 --> 00:40:22,083
O que si lembro é que vivía

453
00:40:22,833 --> 00:40:24,873
no edificio C,

454
00:40:24,874 --> 00:40:26,291
de coira.

455
00:40:55,124 --> 00:40:56,666
EDIFICIO C

456
00:40:57,999 --> 00:40:59,708
Ei, xente!

457
00:41:00,708 --> 00:41:01,708
Liscando todos!

458
00:41:21,833 --> 00:41:24,790
Como carallo non me oes cando che falo?

459
00:41:24,791 --> 00:41:26,416
Mírame cando che falo!

460
00:41:34,874 --> 00:41:37,498
- Unha axudiña?
- Non, grazas.

461
00:41:37,499 --> 00:41:38,999
Que buscas?

462
00:41:39,999 --> 00:41:41,373
A Dominic Barnett.

463
00:41:41,374 --> 00:41:43,123
Non coñezo Barnett ningún.

464
00:41:43,124 --> 00:41:44,874
- Non.
- De acordo.

465
00:41:49,291 --> 00:41:50,791
Queres pillar, cabronazo?

466
00:41:51,541 --> 00:41:53,041
Apache, Murder 8.

467
00:41:53,541 --> 00:41:55,415
Unha por dez, tres por vinte.

468
00:41:55,416 --> 00:41:56,790
Fentanilo, machiño.

469
00:41:56,791 --> 00:41:58,999
Ah, non, grazas.

470
00:42:02,874 --> 00:42:05,999
Voute rebentar a hostias.
Que carallo cres que fas?

471
00:42:07,416 --> 00:42:11,248
Fóra de aquí os dous, cona,
ou vóoche os miolos, fillo de puta.

472
00:42:11,249 --> 00:42:12,458
Veña, levántate.

473
00:42:19,791 --> 00:42:21,499
- E o meu coche?
- Sube.

474
00:42:30,916 --> 00:42:34,416
Dáme as chaves.
Mandarei alguén a por el. Dámas, anda.

475
00:42:37,624 --> 00:42:40,040
Hostia puta.

476
00:42:40,041 --> 00:42:41,873
Que carallo fas aquí?

477
00:42:41,874 --> 00:42:45,373
É boa idea investigar a Barnett,
pero fíate dos detectives.

478
00:42:45,374 --> 00:42:46,665
Déixaos traballar.

479
00:42:46,666 --> 00:42:48,748
A detective Beck non se renderá.

480
00:42:48,749 --> 00:42:50,623
- Falaches con ela?
- Falei…

481
00:42:50,624 --> 00:42:52,708
- Ti?
- Niso estaba cando chamaches.

482
00:42:54,208 --> 00:42:55,457
- En serio?
- Si.

483
00:42:55,458 --> 00:42:56,748
En serio?

484
00:42:56,749 --> 00:42:58,833
Non, era outro. Si, estaba con ela.

485
00:43:00,916 --> 00:43:02,208
Estouno investigando.

486
00:43:02,791 --> 00:43:03,749
Vale.

487
00:43:07,166 --> 00:43:11,790
Cando souben que escribías novelas,
non me estrañou. Sempre fuches creativo.

488
00:43:11,791 --> 00:43:13,873
Podemos non facer isto agora?

489
00:43:13,874 --> 00:43:15,457
Pero que dis?

490
00:43:15,458 --> 00:43:18,623
- Podemos non falar da miña puta novela?
- Que dis?

491
00:43:18,624 --> 00:43:21,582
Quero que te centres en Jake. Só nel.

492
00:43:21,583 --> 00:43:23,915
Non en nós nin en min. En Jake.

493
00:43:23,916 --> 00:43:26,623
Busquei a Barnett, pero está desaparecido.

494
00:43:26,624 --> 00:43:28,749
Levan seis meses sen saber del.

495
00:43:29,958 --> 00:43:34,290
Entón seguimos sen ter nada?
Só unha cinta, un corpo e outra cinta?

496
00:43:34,291 --> 00:43:35,998
Lembro como era con Carter.

497
00:43:35,999 --> 00:43:38,998
El non ten que ver.
Está cumprindo cadea perpetua.

498
00:43:38,999 --> 00:43:40,416
Dille iso ao meu fillo.

499
00:43:42,541 --> 00:43:45,499
E se quen levou a Jake
sabe que é neto teu?

500
00:43:46,416 --> 00:43:49,498
Apelídase diferente.
E non hai conexión con Spencer.

501
00:43:49,499 --> 00:43:52,082
Ningunha conexión en absoluto.

502
00:43:52,083 --> 00:43:55,624
Xa, pero puido descubrilo alguén.
Pódeo estar guiando Carter.

503
00:43:56,708 --> 00:43:58,416
Non, iso é moi revirado.

504
00:43:59,958 --> 00:44:02,040
Vale, pero vas falar con el, non?

505
00:44:02,041 --> 00:44:05,165
Desviaríanos,
mandaríanos polo camiño equivocado.

506
00:44:05,166 --> 00:44:07,498
Sé máis listo ca el, coma a outra vez.

507
00:44:07,499 --> 00:44:09,540
Non fun tal, só tiven sorte.

508
00:44:09,541 --> 00:44:12,166
Pois vai ter sorte de novo.
Cal é o problema?

509
00:44:12,999 --> 00:44:16,290
- Seica lle tes medo?
- Arruinoume a vida, a familia.

510
00:44:16,291 --> 00:44:20,416
- Claro que lle teño medo.
- Non o culpes a el. Iso foi cousa túa.

511
00:44:43,916 --> 00:44:47,458
<i>Di que o seu home a ameazou
cando empezou a facer preguntas.</i>

512
00:44:49,499 --> 00:44:52,833
<i>Antes diso,
deulle algunha pista do que facía?</i>

513
00:44:56,708 --> 00:44:59,165
<i>Algún comportamento fóra do normal?</i>

514
00:44:59,166 --> 00:45:01,916
<i>Algún lugar ao que fose?
Algún obxecto na casa?</i>

515
00:45:02,416 --> 00:45:06,791
<i>Mesmo ocasións en que ulía distinto
ou traía a roupa sucia sen explicación?</i>

516
00:45:08,124 --> 00:45:11,582
<i>Pregunto todo isto
porque segue desaparecido outro neno.</i>

517
00:45:11,583 --> 00:45:14,499
<i>Tony Smith. Pode estar vivo.</i>

518
00:45:14,999 --> 00:45:17,791
<i>Frank agochouno en algures,
pero non di palabra.</i>

519
00:45:18,333 --> 00:45:20,291
<i>Talvez poida axudarnos a atopalo.</i>

520
00:45:27,124 --> 00:45:29,083
<i>- Conteille todo o que sei.</i>
- Si?

521
00:46:17,166 --> 00:46:19,332
- Veño ver a Beck.
- Identifíquese.

522
00:46:19,333 --> 00:46:20,416
Pode pasar!

523
00:46:24,208 --> 00:46:25,333
Neil Spencer.

524
00:46:29,124 --> 00:46:30,124
Non hai cámaras?

525
00:46:31,124 --> 00:46:32,874
Non. No parque non.

526
00:46:36,458 --> 00:46:39,666
Pódelle revisar
as uñas das mans, por favor?

527
00:46:40,666 --> 00:46:41,666
Grazas.

528
00:46:43,291 --> 00:46:44,665
Carter sempre…

529
00:46:44,666 --> 00:46:47,624
Sempre lles cortaba as uñas
antes de esganalos.

530
00:46:48,666 --> 00:46:51,458
- Non quería que lle rabuñasen a cara.
- Xesús.

531
00:46:58,541 --> 00:46:59,833
<i>Recibido. Agarde.</i>

532
00:47:00,374 --> 00:47:01,333
Que?

533
00:47:05,624 --> 00:47:09,833
O da camiseta e o das cintas
era algo público,

534
00:47:10,999 --> 00:47:13,498
pero o de cortar as uñas non.

535
00:47:13,499 --> 00:47:16,999
A súa teoría do cómplice.
Será alguén que o axudaba daquela.

536
00:47:18,083 --> 00:47:21,208
E por que esperou tantos anos
para seguir co choio?

537
00:48:20,166 --> 00:48:22,249
PRISIÓN ESTATAL DE EAST JERSEY

538
00:48:32,499 --> 00:48:35,624
PROHIBIDO PASAR CON ARMAS

539
00:49:10,249 --> 00:49:12,624
Es moi bo, Henry. Grazas.

540
00:49:21,083 --> 00:49:23,124
- Frank.
- Ola, Pete.

541
00:49:25,666 --> 00:49:27,040
Véxote ben.

542
00:49:27,041 --> 00:49:29,332
Grazas, Pete. Grazas.

543
00:49:29,333 --> 00:49:34,416
Botar 20 ou 30 anos no caldeiro
axuda a manter a liña.

544
00:49:35,124 --> 00:49:36,041
Si.

545
00:49:38,041 --> 00:49:39,249
Segues sen beber?

546
00:49:41,124 --> 00:49:42,208
Ben.

547
00:49:43,249 --> 00:49:45,166
Iso está moi ben, de veras.

548
00:49:46,749 --> 00:49:49,999
Estou orgulloso de ti,
se che serve de algo.

549
00:49:50,916 --> 00:49:52,583
Porque sexa cal sexa…

550
00:49:54,916 --> 00:49:57,458
xa sabes, o teu vicio,

551
00:49:58,708 --> 00:50:01,082
podes tentar encerralo,

552
00:50:01,083 --> 00:50:03,290
podes tentar reducilo a cinsas,

553
00:50:03,291 --> 00:50:05,165
pero non se pode liquidar.

554
00:50:05,166 --> 00:50:07,748
Non o podes liquidar. Non dás.

555
00:50:07,749 --> 00:50:10,623
Porque é coma unha especie de guía.

556
00:50:10,624 --> 00:50:11,541
Non si?

557
00:50:12,041 --> 00:50:16,332
Dalgún xeito,
apodérase de ti e contrólate,

558
00:50:16,333 --> 00:50:18,208
e convértese totalmente

559
00:50:19,333 --> 00:50:23,458
no único que existe no mundo para ti.

560
00:50:23,958 --> 00:50:25,374
Todo o demais só é…

561
00:50:28,249 --> 00:50:29,290
puro decorado.

562
00:50:29,291 --> 00:50:30,874
É triste, a verdade.

563
00:50:31,374 --> 00:50:32,915
E logo, Frank?

564
00:50:32,916 --> 00:50:34,540
É triste para un, non é?

565
00:50:34,541 --> 00:50:39,498
Cando non podes facer a única cousa

566
00:50:39,499 --> 00:50:41,749
para a que estás feito.

567
00:50:43,666 --> 00:50:44,583
Non sei.

568
00:50:46,291 --> 00:50:48,124
Igual é mellor acabar con todo.

569
00:50:50,374 --> 00:50:52,791
Podes intentalo. Ninguén te estrañaría.

570
00:50:53,874 --> 00:50:56,040
Aí levas razón.

571
00:50:56,041 --> 00:50:57,165
Si.

572
00:50:57,166 --> 00:51:00,166
Pero refírome a ti, no teu caso…

573
00:51:03,791 --> 00:51:05,999
rematou case todo, a verdade.

574
00:51:06,583 --> 00:51:07,541
Sabes?

575
00:51:08,208 --> 00:51:11,249
Ou non? O teu matrimonio, a túa carreira…

576
00:51:12,291 --> 00:51:13,833
A paternidade. Iso non…

577
00:51:14,999 --> 00:51:17,791
Si, é coma unha longa…

578
00:51:18,624 --> 00:51:22,041
marcha fúnebre
ata chegares á tumba, non é?

579
00:51:24,541 --> 00:51:26,083
Confío na resurrección.

580
00:51:27,874 --> 00:51:29,416
Coa túa non contaba.

581
00:51:31,249 --> 00:51:33,749
- Algún amigo teu?
- Amigo? Non.

582
00:51:36,749 --> 00:51:39,041
Os tipos coma nós non teñen amigos.

583
00:51:40,333 --> 00:51:41,748
O noso é estarmos sós.

584
00:51:41,749 --> 00:51:42,916
E que máis hai?

585
00:51:45,374 --> 00:51:47,416
- Fala.
- A obra.

586
00:51:48,166 --> 00:51:49,958
Só queda o que fixo.

587
00:51:50,791 --> 00:51:53,708
Quen queira que sexa este imitador
xa o supera.

588
00:51:54,458 --> 00:51:57,499
E, se segue tendo sorte, se segue matando,

589
00:51:58,166 --> 00:51:59,873
que pasará co seu mito?

590
00:51:59,874 --> 00:52:01,458
Substituirao.

591
00:52:04,999 --> 00:52:06,249
É moi entusiasta.

592
00:52:07,458 --> 00:52:09,957
Que opinas, Pete? Como cres que lle irá?

593
00:52:09,958 --> 00:52:11,291
Tan ben coma a ti?

594
00:52:12,333 --> 00:52:14,541
Tiña que velo. Mi madriña.

595
00:52:16,208 --> 00:52:17,333
Daquela,

596
00:52:18,666 --> 00:52:21,582
tiña tanta enerxía, tanta vida por diante.

597
00:52:21,583 --> 00:52:23,749
Era… Pero agora…

598
00:52:25,749 --> 00:52:29,665
estás totalmente só,
cociñando as túas ceíñas ás escuras.

599
00:52:29,666 --> 00:52:31,166
Non sei.

600
00:52:33,124 --> 00:52:34,208
Que opinas?

601
00:52:35,666 --> 00:52:37,541
Saíu todo como esperabas?

602
00:52:38,499 --> 00:52:39,416
Estás aquí.

603
00:52:39,999 --> 00:52:40,916
Estou.

604
00:52:42,916 --> 00:52:44,582
Queres levar o mérito?

605
00:52:44,583 --> 00:52:46,707
- Abofé. E reconfórtame.
- Vale.

606
00:52:46,708 --> 00:52:47,749
Está ben.

607
00:52:48,916 --> 00:52:50,249
Cesaron os asasinatos.

608
00:52:50,916 --> 00:52:52,374
Cesaron os asasinatos.

609
00:52:55,458 --> 00:52:57,040
Pero non cesaron, ou si?

610
00:52:57,041 --> 00:52:59,416
Sabe quen está detrás, non si?

611
00:53:02,333 --> 00:53:05,332
Se me trae a familia, igual me lembro.

612
00:53:05,333 --> 00:53:06,498
A súa familia?

613
00:53:06,499 --> 00:53:07,624
Si. Cóntallo.

614
00:53:08,416 --> 00:53:09,665
Veña, cóntallo.

615
00:53:09,666 --> 00:53:13,958
Cóntalle como me vendeu
a miña puta familia.

616
00:53:15,999 --> 00:53:16,999
Sabe que?

617
00:53:17,624 --> 00:53:20,124
¿Por que non me trae a muller

618
00:53:20,833 --> 00:53:21,916
e o fillo?

619
00:53:23,416 --> 00:53:25,249
Vostede tráiamos…

620
00:53:27,916 --> 00:53:30,124
cinco minutos e déixenos a soas.

621
00:53:30,833 --> 00:53:33,457
Cinco minutiños
e contareille o que queira.

622
00:53:33,458 --> 00:53:36,916
Murmurareillo nesa orelliña tan bonitiña.

623
00:53:37,916 --> 00:53:39,916
Cinco minutos a soas con eles.

624
00:53:41,791 --> 00:53:44,083
Que non lle preocupe limpar. É doado.

625
00:53:45,583 --> 00:53:47,248
Só é pasar unha mangueira.

626
00:53:47,249 --> 00:53:48,499
Ben, acabamos.

627
00:53:50,041 --> 00:53:52,832
Veña, non quere saber da sexta vítima?

628
00:53:52,833 --> 00:53:53,832
Tony Smith?

629
00:53:53,833 --> 00:53:56,790
Tony Smith foi a quinta, espílase.
Cóntallo.

630
00:53:56,791 --> 00:53:59,748
Este tipo segue a buscalo.
Anda á espreita.

631
00:53:59,749 --> 00:54:01,332
Segue a buscalo por aí.

632
00:54:01,333 --> 00:54:03,582
Esta vez non che entrarei no xogo.

633
00:54:03,583 --> 00:54:05,623
Pois o teu fillo entrou, de cheo.

634
00:54:05,624 --> 00:54:07,540
Que me dis dos seus libros?

635
00:54:07,541 --> 00:54:11,207
O personaxe do detective.
Mi ma, tenta ser coma ti.

636
00:54:11,208 --> 00:54:14,624
Quere ser coma o papaíño.
Pero éche o que hai.

637
00:54:15,333 --> 00:54:17,999
Pois, cando te privan do amor de teu pai,

638
00:54:19,374 --> 00:54:21,291
é normal idealizárelo.

639
00:54:22,624 --> 00:54:25,333
Xa ela descubrirá de quen falamos.

640
00:54:26,833 --> 00:54:28,416
En quen te convertiches.

641
00:54:31,416 --> 00:54:32,583
¿A que se refería…

642
00:54:33,416 --> 00:54:34,833
co da sexta vítima?

643
00:54:40,749 --> 00:54:42,291
Fíxenlle unha pregunta.

644
00:54:47,208 --> 00:54:51,791
A semana que desapareceu Tony Smith,
había mil policías buscándoo.

645
00:54:52,833 --> 00:54:54,915
Ao cabo dun mes, un cento.

646
00:54:54,916 --> 00:54:57,333
Tras un ano, unha ducia.

647
00:54:58,666 --> 00:55:01,208
E agora… só hai un.

648
00:55:02,541 --> 00:55:03,624
Eu.

649
00:55:08,374 --> 00:55:12,458
Quéreslle dicir algo máis ao teu papá?

650
00:55:34,749 --> 00:55:37,083
Por que non me criches?

651
00:55:39,166 --> 00:55:42,748
O rexistro de visitas da prisión.
Miramos se alguén repetiu.

652
00:55:42,749 --> 00:55:45,582
Revisamos antecedentes
e vínculos con Carter.

653
00:55:45,583 --> 00:55:48,207
Ben. Mira quen saíu
nos últimos cinco anos.

654
00:55:48,208 --> 00:55:51,082
E que alguén avise o FBI de Phoenix.

655
00:55:51,083 --> 00:55:52,832
E logo? Que hai en Phoenix?

656
00:55:52,833 --> 00:55:55,707
A muller e o fillo,
no programa de testemuñas.

657
00:55:55,708 --> 00:55:58,498
Se alguén está matando ás ordes de Carter,

658
00:55:58,499 --> 00:56:00,499
debemos avisalos decontado.

659
00:56:15,499 --> 00:56:17,040
- Ten algo?
- Talvez.

660
00:56:17,041 --> 00:56:22,458
Norman Collins foi a Rahway en marzo
e varias veces o ano pasado.

661
00:56:28,999 --> 00:56:30,333
Mellor vaia vostede.

662
00:56:34,833 --> 00:56:39,623
Sr. Collins, son a detective Amanda Beck,
da Policía de Garretton. Podo pasar?

663
00:56:39,624 --> 00:56:41,291
- Claro.
- Ben.

664
00:56:57,583 --> 00:57:00,457
Hai pouco foi visitar un preso a Rahway.

665
00:57:00,458 --> 00:57:02,999
Si, a Victor Tyler.

666
00:57:03,583 --> 00:57:04,874
Podo saber por que?

667
00:57:07,833 --> 00:57:09,291
É un home fascinante.

668
00:57:10,374 --> 00:57:13,916
Cadea perpetua por secuestro e asasinato.
Iso é fascinante?

669
00:57:16,499 --> 00:57:20,249
Isto levouno un asasino moi famoso dos 60.

670
00:57:20,749 --> 00:57:24,583
Custoume un diñeiral,
pero é unha peza magnífica.

671
00:57:25,374 --> 00:57:27,583
E a procedencia é incontestable.

672
00:57:32,541 --> 00:57:34,583
É todo totalmente legal.

673
00:57:40,499 --> 00:57:42,916
Son moi respectado no meu eido.

674
00:57:44,041 --> 00:57:45,665
E que eido é ese?

675
00:57:45,666 --> 00:57:48,083
Son coleccionista, coma vostede.

676
00:57:48,958 --> 00:57:52,540
Ten os seus criminais,
os seus casos, as súas obsesións.

677
00:57:52,541 --> 00:57:58,248
Cando lle pasa algo horrible a xente boa,
quere saber por que, onde e quen foi.

678
00:57:58,249 --> 00:58:04,041
A min o que máis me interesa
é o como e o que.

679
00:58:04,874 --> 00:58:06,208
Non, grazas.

680
00:58:06,874 --> 00:58:09,791
Veña, seguímonos o xogo.

681
00:58:16,666 --> 00:58:17,958
Sénteo?

682
00:58:18,874 --> 00:58:19,791
O que?

683
00:58:21,874 --> 00:58:23,499
Como debeu ser…

684
00:58:23,999 --> 00:58:26,415
apuñalar o seu marido 46 veces

685
00:58:26,416 --> 00:58:29,999
diante das súas amizades
tras perder unha man ao <i>bridge</i>.

686
00:58:34,374 --> 00:58:36,499
Onde estaba a noite do 10 de abril?

687
00:58:38,958 --> 00:58:41,040
- Viaxando.
- A onde?

688
00:58:41,041 --> 00:58:42,958
A unha exposición de Boston.

689
00:58:43,458 --> 00:58:45,083
Ten como demostralo?

690
00:58:53,958 --> 00:58:57,290
Non tiven nada que ver
co secuestro deses nenos,

691
00:58:57,291 --> 00:58:58,791
se é que vén por iso.

692
00:59:14,208 --> 00:59:16,041
Vaia, vaia.

693
00:59:16,874 --> 00:59:18,582
Que carallo queren?

694
00:59:18,583 --> 00:59:23,790
Sr. Tyler, un tal Norman Collins visitouno
hai seis meses, dúas veces nunha semana.

695
00:59:23,791 --> 00:59:26,041
Eu non decido quen me vén ver.

696
00:59:28,291 --> 00:59:29,666
Evidentemente.

697
00:59:31,708 --> 00:59:34,874
Violou e asasinou unha rapaza de 12 anos.

698
00:59:35,666 --> 00:59:39,290
Coido que saíu bastante ben parado
para facer algo así, non?

699
00:59:39,291 --> 00:59:40,707
Si.

700
00:59:40,708 --> 00:59:42,582
É que son encantador.

701
00:59:42,583 --> 00:59:46,499
Algunha vez pasou algo
entre Norman Collins e Frank Carter?

702
00:59:47,583 --> 00:59:49,166
Quen é Frank Carter?

703
00:59:56,333 --> 00:59:58,083
Isto refrescaralle a memoria.

704
01:00:06,999 --> 01:00:10,915
Xa poden coller
esta merda de trato, manda de hienas,

705
01:00:10,916 --> 01:00:13,540
e ir para a casa co rabo entre as pernas.

706
01:00:13,541 --> 01:00:15,207
Non é un trato.

707
01:00:15,208 --> 01:00:17,749
É unha orde de traslado interestatal.

708
01:00:18,624 --> 01:00:22,373
Non sei que vida lle esperará
en Lewisburg, señor Tyler,

709
01:00:22,374 --> 01:00:26,373
pero imaxino que non moi boa
sendo un violador de nenas.

710
01:00:26,374 --> 01:00:29,582
Precisará que o protexa
alguén coma Frank Carter.

711
01:00:29,583 --> 01:00:31,707
Se non, terá un bo problema.

712
01:00:31,708 --> 01:00:33,416
Xa lle apetece falar?

713
01:00:38,374 --> 01:00:39,623
Dyson, cóntame.

714
01:00:39,624 --> 01:00:43,540
Outro paquete. Recoñeceron o enderezo
antes de sacalo da caixa.

715
01:00:43,541 --> 01:00:45,083
Non quero que transcenda.

716
01:00:46,333 --> 01:00:47,415
Xa estou niso.

717
01:00:47,416 --> 01:00:49,416
Acaba de aparecer a cinta de Jake.

718
01:01:02,124 --> 01:01:05,416
Confirmamos
que Carter falou con alguén de fóra.

719
01:01:05,916 --> 01:01:06,998
Que foi?

720
01:01:06,999 --> 01:01:08,249
Síntollo moito.

721
01:01:18,124 --> 01:01:19,791
COPIA 1: J. KENNEDY

722
01:01:26,041 --> 01:01:28,583
Non, obrigaron a Jake a dicir esas cousas.

723
01:01:32,749 --> 01:01:35,165
Está vivo. Iso é o máis importante.

724
01:01:35,166 --> 01:01:36,374
Xa, pero…

725
01:01:38,624 --> 01:01:39,958
por canto tempo?

726
01:01:41,124 --> 01:01:43,208
Veña, déixame levarte á casa.

727
01:01:48,458 --> 01:01:49,291
Está ben.

728
01:01:58,833 --> 01:02:00,041
E esa greta?

729
01:02:02,208 --> 01:02:06,791
A condenada non para de abrirse
por moito que a tente selar.

730
01:02:18,416 --> 01:02:19,416
Grazas.

731
01:02:23,291 --> 01:02:26,915
- Tom, falamos con Frank Carter.
- Si?

732
01:02:26,916 --> 01:02:30,498
Estivo en contacto con alguén de fóra
a través doutro preso.

733
01:02:30,499 --> 01:02:32,915
Un tal Victor Tyler, un pedófilo.

734
01:02:32,916 --> 01:02:35,957
E atoparon un móbil de prepago
na cela de Tyler.

735
01:02:35,958 --> 01:02:37,373
Estano a analizar.

736
01:02:37,374 --> 01:02:38,624
Un pedófilo?

737
01:02:40,791 --> 01:02:43,208
Cago na cona bendita.

738
01:02:47,208 --> 01:02:48,166
Que fas?

739
01:02:49,874 --> 01:02:51,541
Iso non axuda.

740
01:02:52,374 --> 01:02:53,958
Nesta casa non hai alcol.

741
01:02:57,333 --> 01:02:58,416
Vale.

742
01:03:03,166 --> 01:03:04,623
Seicho.

743
01:03:04,624 --> 01:03:06,790
É insoportable, seicho.

744
01:03:06,791 --> 01:03:10,457
Jake vai volver á casa,
pero debe ser un lugar seguro.

745
01:03:10,458 --> 01:03:13,249
E seu pai ten que estar ben.

746
01:03:13,833 --> 01:03:15,458
Bebera a noite que…

747
01:03:16,499 --> 01:03:17,498
Rifamos.

748
01:03:17,499 --> 01:03:20,249
Non rifamos, carallo. Berreille eu.

749
01:03:20,958 --> 01:03:26,874
Debía sentirse moi só para saír pola porta
e adentrarse na escuridade.

750
01:03:30,166 --> 01:03:33,665
Cando morreu Rebecca,
atopouna el no fondo das escaleiras

751
01:03:33,666 --> 01:03:36,416
e agora non dá subido
nin uns putos chanzos só.

752
01:03:38,458 --> 01:03:41,499
Pensei que mudarnos aquí
sería un bo cambio.

753
01:03:42,583 --> 01:03:44,249
Gardaba as cousas da nai.

754
01:03:46,541 --> 01:03:49,749
Fotos, notas, diarios vellos e…

755
01:03:51,874 --> 01:03:53,665
Nunha carteira.

756
01:03:53,666 --> 01:03:56,833
Chamáballe o paquete de cousas especiais.

757
01:03:59,041 --> 01:04:00,624
Tras abandonáresnos,

758
01:04:01,833 --> 01:04:03,832
non quixeches contactar con nós?

759
01:04:03,833 --> 01:04:05,708
Claro que…

760
01:04:06,208 --> 01:04:07,333
Todos os días.

761
01:04:07,958 --> 01:04:10,666
Por que non o fixeches?
Non tiñas curiosidade?

762
01:04:14,166 --> 01:04:17,665
Mamá nunca falou mal de ti.
Nin unha soa vez.

763
01:04:17,666 --> 01:04:19,291
Mesmo con todo o que pasou.

764
01:04:24,124 --> 01:04:27,207
Antes de mudárdesvos,
ás veces túa nai dicíame:

765
01:04:27,208 --> 01:04:30,916
"Podes velo, pero non podes beber."

766
01:04:31,749 --> 01:04:35,040
Así que te ía ver e che lía contos

767
01:04:35,041 --> 01:04:37,082
xusto antes de adormeceres.

768
01:04:37,083 --> 01:04:40,416
E dicíache que te quería moito
e bicábate na testa.

769
01:04:41,708 --> 01:04:43,083
Concedeume iso.

770
01:04:48,291 --> 01:04:49,624
O Señor Noite?

771
01:04:51,124 --> 01:04:52,583
Ti es o Señor Noite?

772
01:04:55,999 --> 01:04:56,958
Ti?

773
01:04:57,916 --> 01:04:59,333
Eras ti?

774
01:05:09,374 --> 01:05:11,583
Hai unha cama se queres quedar.

775
01:05:12,666 --> 01:05:13,874
Xa está feita.

776
01:05:56,874 --> 01:05:59,666
{\an8}FRANK CARTER
PRISIÓN ESTATAL DE NOVA JERSEY

777
01:06:07,083 --> 01:06:09,624
{\an8}PRISIÓN ESTATAL DE NOVA JERSEY
FRANK CARTER

778
01:06:18,666 --> 01:06:20,207
UN ÚLTIMO NENO

779
01:06:20,208 --> 01:06:22,374
O TEU TOMMY

780
01:06:25,041 --> 01:06:27,415
O FEDOR

781
01:06:27,416 --> 01:06:29,958
DÁLLE UNHA APERTIÑA A TOMMY

782
01:06:30,999 --> 01:06:32,208
VAMOS CRIALO XUNTOS

783
01:06:32,916 --> 01:06:33,958
O TEU AMIGO FRANK

784
01:06:39,583 --> 01:06:42,833
CASA DE REUNIÓN DOS AMIGOS
(CUÁQUEROS)

785
01:06:44,874 --> 01:06:46,708
VAMOS CRIALO XUNTOS
O TEU AMIGO FRANK

786
01:06:49,249 --> 01:06:50,998
Escribíanse cartas.

787
01:06:50,999 --> 01:06:52,541
Vostede sabíao?

788
01:06:53,666 --> 01:06:56,915
Que carallo máis oculta meu pai?

789
01:06:56,916 --> 01:06:58,458
Non é lugar para isto.

790
01:06:59,041 --> 01:06:59,916
Que pasa?

791
01:07:02,624 --> 01:07:05,416
Ah, estanos a escoitar Deus?

792
01:07:06,916 --> 01:07:09,458
Se cadra é el con algunha pista.

793
01:07:12,208 --> 01:07:14,708
Dime que temos a orde de rexistro.

794
01:07:23,124 --> 01:07:26,124
NORMAN VISITOU A PRISIÓN DE RAHWAY
EN MARZO DE 2026

795
01:08:19,249 --> 01:08:21,416
A onde carallo vai este tipo?

796
01:08:48,416 --> 01:08:50,540
Algo máis que nos oculte?

797
01:08:50,541 --> 01:08:55,665
Mandoumas para facerlle dano ao meu fillo,
pero oculteinas para non darlle o gusto.

798
01:08:55,666 --> 01:08:58,833
Mais consérvaas.
Norman Collins estaría impresionado.

799
01:09:03,749 --> 01:09:05,708
Puto cabrón.

800
01:09:08,041 --> 01:09:09,083
Serás…

801
01:09:16,291 --> 01:09:18,498
- Onde está?
- Que fai? Será posible?

802
01:09:18,499 --> 01:09:20,165
Fillo de puta! Onde está?

803
01:09:20,166 --> 01:09:21,498
Onde tes o meu fillo?

804
01:09:21,499 --> 01:09:22,791
Meu Deus!

805
01:09:25,374 --> 01:09:28,290
- Socorro!
- Onde está?

806
01:09:28,291 --> 01:09:30,583
- Ei! Quieto!
- Non!

807
01:09:31,249 --> 01:09:34,248
Ese secuestroume o fillo!
Estano deixando escapar!

808
01:09:34,249 --> 01:09:37,707
Ese é o Murmurador!

809
01:09:37,708 --> 01:09:39,749
Volvede para dentro, veña! Vamos!

810
01:09:41,708 --> 01:09:42,707
Entrade!

811
01:09:42,708 --> 01:09:43,957
Ese é o Murmurador!

812
01:09:43,958 --> 01:09:47,291
Que facía no soto
do número 13 de Garholt Street?

813
01:09:48,958 --> 01:09:50,498
Non coñezo ese enderezo.

814
01:09:50,499 --> 01:09:52,707
Norman, déixese de caralladas.

815
01:09:52,708 --> 01:09:54,166
Viuno o dono.

816
01:09:55,624 --> 01:09:59,290
Se se refiren ao home que me atacou,
nunca o vira.

817
01:09:59,291 --> 01:10:02,999
Rexistráronlle a casa á mañá.
Este está subliñado, coma o resto.

818
01:10:05,374 --> 01:10:08,416
- Gústanme as súas historias.
- Que lle gusta delas?

819
01:10:08,958 --> 01:10:13,749
Ten unha mente revirada.
Coma o pai, en certo modo.

820
01:10:14,249 --> 01:10:16,373
Falamos con Victor Tyler.

821
01:10:16,374 --> 01:10:20,332
Sabemos que o utilizou
para pasarlle unha nota a Frank Carter

822
01:10:20,333 --> 01:10:23,623
e un móbil para se comunicar
con alguén de fóra.

823
01:10:23,624 --> 01:10:28,248
E agora están a desaparecer nenos
que logo aparecen mortos.

824
01:10:28,249 --> 01:10:31,998
- Non sei, todo apunta a vostede.
- Non.

825
01:10:31,999 --> 01:10:32,999
Entón que?

826
01:10:34,083 --> 01:10:35,958
Só quería un autógrafo seu?

827
01:10:36,791 --> 01:10:39,333
Outro recordo
para a súa colección morbosa?

828
01:10:42,749 --> 01:10:44,708
Eu nunca mancaría un neno.

829
01:10:46,541 --> 01:10:49,373
- A onde vai?
- Non hai probas para retelo.

830
01:10:49,374 --> 01:10:51,957
Ten coartada
para as noites dos secuestros.

831
01:10:51,958 --> 01:10:54,373
No caso de Jake, estaba noutro estado.

832
01:10:54,374 --> 01:10:56,915
- Non puido levalo el.
- Non persoalmente.

833
01:10:56,916 --> 01:10:59,748
Quería denuncialo por agresión.
Talvez o faga.

834
01:10:59,749 --> 01:11:01,248
Que eu lle fixen dano?

835
01:11:01,249 --> 01:11:04,582
Só o deixaremos marchar
se vai para a casa de seu pai

836
01:11:04,583 --> 01:11:06,665
e promete non facer máis parvadas.

837
01:11:06,666 --> 01:11:07,833
Este home

838
01:11:08,458 --> 01:11:10,833
sabe quen ten o meu fillo.

839
01:11:17,999 --> 01:11:20,333
Non me deixes só, por favor.

840
01:11:27,958 --> 01:11:29,999
Eu só intentaba protexerte.

841
01:11:33,083 --> 01:11:34,458
Xa, pois…

842
01:11:36,624 --> 01:11:41,416
Se cadra ese é o pecado orixinal
de todos os pais do mundo.

843
01:11:44,791 --> 01:11:45,958
Non podemos.

844
01:11:55,958 --> 01:11:57,291
Veño agora.

845
01:12:42,333 --> 01:12:45,874
Que facía Norman no soto?

846
01:12:51,999 --> 01:12:55,166
Se non era por Jake, que andaba a buscar?

847
01:13:39,333 --> 01:13:40,291
Papá.

848
01:14:43,291 --> 01:14:44,749
O neno do chan.

849
01:14:54,541 --> 01:14:55,457
<i>Beck, dígame.</i>

850
01:14:55,458 --> 01:14:58,999
Estamos en Garholt Street.
Acabamos de atopar a Tony Smith.

851
01:15:11,749 --> 01:15:13,833
MÉDICO FORENSE
PROBA

852
01:15:17,958 --> 01:15:19,166
Trinta anos.

853
01:15:20,624 --> 01:15:21,623
Collins sabíao.

854
01:15:21,624 --> 01:15:23,916
Que facemos de brazos cruzados?

855
01:15:34,249 --> 01:15:36,333
Aquí hai outro corpo.

856
01:15:48,124 --> 01:15:50,416
Foi cun obxecto contundente.

857
01:15:59,166 --> 01:16:02,458
Máis lles vale ter unha boa escusa
para me acosaren… Ei!

858
01:16:03,041 --> 01:16:06,123
Atopamos os restos de Tony Smith
na casa de Garholt.

859
01:16:06,124 --> 01:16:07,374
E outro corpo.

860
01:16:08,541 --> 01:16:09,582
"Procedencia."

861
01:16:09,583 --> 01:16:12,624
Así chaman os coleccionistas
á orixe dun obxecto.

862
01:16:13,874 --> 01:16:15,416
Cal é a procedencia deste?

863
01:16:16,166 --> 01:16:18,332
Ese adquirino fóra do mercado.

864
01:16:18,333 --> 01:16:20,208
Non era todo legal?

865
01:16:22,791 --> 01:16:24,790
Dominic Barnett, sóalle?

866
01:16:24,791 --> 01:16:27,165
Atopámolo dentro dunha parede do soto

867
01:16:27,166 --> 01:16:29,124
co cranio rebentado.

868
01:16:31,208 --> 01:16:33,416
Non sei. Veremos se coincide o ADN.

869
01:16:38,666 --> 01:16:39,957
Quero un avogado.

870
01:16:39,958 --> 01:16:42,374
Quería xogar a isto? Pois xa está.

871
01:16:43,374 --> 01:16:45,374
Non manquei ningún neno.

872
01:16:49,541 --> 01:16:50,873
De acordo.

873
01:16:50,874 --> 01:16:54,040
Pagueille a Frank Carter para ter acceso.

874
01:16:54,041 --> 01:16:57,332
Acceso? A quen? A Tony Smith?

875
01:16:57,333 --> 01:16:59,957
- Para coller algo para a colección?
- Si.

876
01:16:59,958 --> 01:17:01,790
Sinaloulle a Dominic Barnett?

877
01:17:01,791 --> 01:17:05,082
Si. Eran amigos daquela.

878
01:17:05,083 --> 01:17:09,915
- Non eran amigos, eran cómplices.
- Que lle pasou con Dominic nesa casa?

879
01:17:09,916 --> 01:17:11,957
- Que…
- Que pasou?

880
01:17:11,958 --> 01:17:13,623
Dixo que…

881
01:17:13,624 --> 01:17:14,666
El…

882
01:17:15,999 --> 01:17:16,999
Que pasou?

883
01:17:17,708 --> 01:17:21,415
No soto fíxome sentir insignificante.

884
01:17:21,416 --> 01:17:27,332
Dixo que eu era un turista e un mirón.
Que podía cascala, pero nunca foder.

885
01:17:27,333 --> 01:17:28,373
Entón matouno?

886
01:17:28,374 --> 01:17:30,332
Matouno, non si?

887
01:17:30,333 --> 01:17:31,582
Iso tanto me dá.

888
01:17:31,583 --> 01:17:34,041
Só me importa atopar a Jake Kennedy vivo.

889
01:17:34,916 --> 01:17:36,333
Está claro?

890
01:17:37,749 --> 01:17:38,749
Non podo…

891
01:17:39,249 --> 01:17:44,041
- Non podo ir ao cárcere.
- Non pode? Mágoa, porque vai ir.

892
01:17:44,624 --> 01:17:46,040
Unha boa tempada.

893
01:17:46,041 --> 01:17:49,041
Así que cóntenos xa
o que precisamos saber.

894
01:17:49,624 --> 01:17:51,457
Dixo que lle pagou a Carter

895
01:17:51,458 --> 01:17:54,832
por acceder á última vítima,
Tony Smith, que nunca apareceu.

896
01:17:54,833 --> 01:17:55,915
Correcto?

897
01:17:55,916 --> 01:17:57,832
- Si.
- Con que lle pagou?

898
01:17:57,833 --> 01:18:00,874
Carter non sairá do cárcere.
O diñeiro non lle vale.

899
01:18:01,374 --> 01:18:03,833
Xa non ten familia. Que lle deu?

900
01:18:05,874 --> 01:18:07,748
Púxeno en contacto con alguén.

901
01:18:07,749 --> 01:18:10,541
Con quen, Norman?
Con quen o puxo en contacto?

902
01:18:11,124 --> 01:18:12,208
Con quen, Norman?

903
01:18:14,416 --> 01:18:17,583
Fun o único que o viu. Nos ollos.

904
01:18:18,083 --> 01:18:20,290
Nos ollos? A quen se refire?

905
01:18:20,291 --> 01:18:23,790
Ocorréuseme que talvez quixesen coñecerse.

906
01:18:23,791 --> 01:18:27,248
Nunca imaxinei que volvería empezar.

907
01:18:27,249 --> 01:18:30,833
Norman, necesitamos un nome. Quen é?

908
01:18:31,499 --> 01:18:34,916
Os ollos. De quen fala?

909
01:18:46,458 --> 01:18:48,665
Axuda! Necesitamos unha ambulancia!

910
01:18:48,666 --> 01:18:50,707
Onde está Jake? Dígame onde está.

911
01:18:50,708 --> 01:18:53,332
É o único que pode facer.
Dígamo, por favor.

912
01:18:53,333 --> 01:18:54,291
Onde está Jake?

913
01:18:54,874 --> 01:18:56,165
- Onde está?
- Señor!

914
01:18:56,166 --> 01:18:57,998
Dígame onde está, por favor.

915
01:18:57,999 --> 01:18:59,166
Arrede, por favor.

916
01:18:59,874 --> 01:19:01,207
Vamos.

917
01:19:01,208 --> 01:19:02,333
Aguante.

918
01:19:29,791 --> 01:19:33,415
Tom tiña razón.
Debemos sacarllo cunha malleira.

919
01:19:33,416 --> 01:19:37,915
Norman dixo que pensou que Carter
querería coñecer esta persoa. Por que?

920
01:19:37,916 --> 01:19:42,291
Por que investir en alguén
que nunca verá en persoa? Non ten sentido.

921
01:19:43,041 --> 01:19:45,624
Quen lle importa a Carter máis ca vostede?

922
01:19:54,249 --> 01:19:57,957
Que dixo Carter cando marchabamos?

923
01:19:57,958 --> 01:19:59,374
O da sexta vítima?

924
01:20:00,333 --> 01:20:01,208
Non.

925
01:20:02,749 --> 01:20:04,708
Sobre as novelas do meu fillo.

926
01:20:06,583 --> 01:20:08,249
Que tenta ser coma vostede.

927
01:20:12,374 --> 01:20:14,499
O interrogatorio á muller de Carter.

928
01:20:15,791 --> 01:20:17,458
ORDE DE ARRESTO

929
01:20:19,124 --> 01:20:21,166
Ese. Pono.

930
01:20:22,874 --> 01:20:24,666
<i>Temía polo meu fillo.</i>

931
01:20:25,874 --> 01:20:29,958
<i>Xa non ten nada que temer, Sra. Carter.
Xa están a salvo.</i>

932
01:20:31,124 --> 01:20:34,916
<i>Pero segue desaparecido outro neno,
e pode estar vivo.</i>

933
01:20:35,416 --> 01:20:37,082
<i>Pódenos axudar a atopalo.</i>

934
01:20:37,083 --> 01:20:38,749
<i>Tamén é o fillo de alguén.</i>

935
01:20:39,583 --> 01:20:41,249
<i>Conteille todo o que sei.</i>

936
01:20:52,916 --> 01:20:57,458
"Cando te privan do amor de teu pai,
é normal idealizárelo."

937
01:20:59,291 --> 01:21:00,249
É el.

938
01:21:06,041 --> 01:21:08,999
¿Sénteste algunha vez
coma un neno dentro do chan,

939
01:21:10,583 --> 01:21:12,583
baixo os pés de todos,

940
01:21:13,499 --> 01:21:15,333
que ninguén sabe que está aí?

941
01:21:16,541 --> 01:21:17,583
Eu si.

942
01:21:19,166 --> 01:21:22,833
O neno do chan adormeceu para sempre?

943
01:21:26,124 --> 01:21:27,208
Si.

944
01:21:32,874 --> 01:21:36,083
Vasme durmir para sempre?

945
01:21:37,124 --> 01:21:39,124
Voute levar á casa.

946
01:21:45,124 --> 01:21:49,373
Tras encerrar a Carter, os seus
mudáronse ó oeste con outra identidade.

947
01:21:49,374 --> 01:21:52,165
Non temos nomes nin identificación.

948
01:21:52,166 --> 01:21:55,957
Estamos negociando co FBI
que nos pasen os datos que teñan,

949
01:21:55,958 --> 01:21:59,165
pois, tecnicamente,
aínda protexen a Francis jr.

950
01:21:59,166 --> 01:22:02,832
Mentres, cómpre falar con todos os veciños

951
01:22:02,833 --> 01:22:04,998
de Hillcrest e dos arredores.

952
01:22:04,999 --> 01:22:08,082
Se o fillo está aquí,
alguén saberá onde atopalo.

953
01:22:08,083 --> 01:22:09,208
En marcha.

954
01:22:18,999 --> 01:22:20,415
<i>A todas as unidades.</i>

955
01:22:20,416 --> 01:22:23,290
<i>Identificado o sospeitoso.
É Francis Carter jr.</i>

956
01:22:23,291 --> 01:22:25,123
<i>e reside en Garretton.</i>

957
01:22:25,124 --> 01:22:29,373
<i>Preguntaremos bloque por bloque
para tentar localizar o sospeitoso.</i>

958
01:22:29,374 --> 01:22:30,249
<i>Unidade 431,</i>

959
01:22:30,958 --> 01:22:33,833
<i>cubran Lafayette
desde o bloque 400 cara ó leste.</i>

960
01:22:34,333 --> 01:22:38,833
<i>Unidade 595, cubran Maple Avenue
desde o bloque 200 cara ao sur.</i>

961
01:23:19,374 --> 01:23:21,166
Que tal o teu neto, Pete?

962
01:23:22,708 --> 01:23:25,582
Boa tarde. Son a detective Amanda Beck.

963
01:23:25,583 --> 01:23:27,416
Busco a Richard Sharmatz.

964
01:23:29,416 --> 01:23:34,207
O doutor Sharmatz
finou haberá cousa dun ano.

965
01:23:34,208 --> 01:23:40,208
- A casa segue ao seu nome.
- Alugueilla á familia. Foi o meu mentor.

966
01:23:40,749 --> 01:23:42,373
Son George Carringdon.

967
01:23:42,374 --> 01:23:43,290
- Ola.
- Ola.

968
01:23:43,291 --> 01:23:45,249
Tamén é psicólogo infantil?

969
01:23:45,749 --> 01:23:47,165
Auxiliar educativo.

970
01:23:47,166 --> 01:23:48,083
Onde?

971
01:23:48,999 --> 01:23:50,166
En Rose Terrace.

972
01:23:50,833 --> 01:23:53,333
Coñece a Jake Kennedy? Estudaba alí.

973
01:23:54,958 --> 01:23:57,583
Non ata que comunicaron o ocorrido.

974
01:23:58,124 --> 01:24:01,790
Seguro que o vin correndo
polos andadeiros nos recreos,

975
01:24:01,791 --> 01:24:04,707
pero traballo con nenos con necesidades,

976
01:24:04,708 --> 01:24:06,916
así que non lle sabía o nome.

977
01:24:08,083 --> 01:24:09,166
Quere pasar?

978
01:24:15,624 --> 01:24:20,748
Por casualidade coñecía os Carter?
Frank, Jane e o seu fillo Francis júnior?

979
01:24:20,749 --> 01:24:21,708
De oídas.

980
01:24:22,208 --> 01:24:26,123
Os meus pais tentaron manterme
á marxe diso, pero non funcionou.

981
01:24:26,124 --> 01:24:29,749
Sabemos que falaches co teu fillo
e o instaches a matar.

982
01:24:30,333 --> 01:24:33,790
O rapaz marchou da súa casa,
pero xa volveu.

983
01:24:33,791 --> 01:24:34,874
Perdeuse.

984
01:24:36,041 --> 01:24:37,291
Pero xa está na casa.

985
01:24:37,791 --> 01:24:38,998
Sorprendeute?

986
01:24:38,999 --> 01:24:40,248
Non, a verdade.

987
01:24:40,249 --> 01:24:42,957
Francis sempre foi débil.

988
01:24:42,958 --> 01:24:44,041
Mira como…

989
01:24:44,791 --> 01:24:46,666
a cagou no primeiro intento.

990
01:24:48,166 --> 01:24:49,873
Cos nenos é difícil.

991
01:24:49,874 --> 01:24:52,291
As historias de medo son coma a auga.

992
01:24:54,666 --> 01:24:56,998
Sempre se coan polas gretas.

993
01:24:56,999 --> 01:25:01,583
Lembro unha cancionciña
que había en Fair Lawn cando era nena.

994
01:25:02,958 --> 01:25:04,832
<i>Se a porta deixas entreaberta…</i>

995
01:25:04,833 --> 01:25:06,873
<i>Axiña os murmurios che empezan.</i>

996
01:25:06,874 --> 01:25:09,748
<i>Se a fiestra sen pechar está,</i>

997
01:25:09,749 --> 01:25:11,624
<i>oiralo no cristal petar.</i>

998
01:25:12,124 --> 01:25:14,583
<i>- Se te sentes triste e só…
- …e só…</i>

999
01:25:16,541 --> 01:25:18,583
<i>por ti virá o Murmurador.</i>

1000
01:25:25,416 --> 01:25:27,833
Había ben tempo que non a escoitaba.

1001
01:25:33,208 --> 01:25:35,166
Estaba facendo té. Quere?

1002
01:25:40,541 --> 01:25:42,998
Xa entendo por que lles tapabas a cara.

1003
01:25:42,999 --> 01:25:46,290
Cría que era por evitares miralos
ou que te mirasen.

1004
01:25:46,291 --> 01:25:48,457
Podía miralos á cara sen problema.

1005
01:25:48,458 --> 01:25:49,957
O carallo! Veña.

1006
01:25:49,958 --> 01:25:52,040
Ben sabes que imaxinabas alguén

1007
01:25:52,041 --> 01:25:55,124
que querías cazar,
pero non lle podías botar a man.

1008
01:25:56,874 --> 01:25:58,998
Era moi doloroso e desagradable.

1009
01:25:58,999 --> 01:26:00,332
Tocaba o teu fogar.

1010
01:26:00,333 --> 01:26:03,499
O fogar está onde está o corazón, Pete.

1011
01:26:04,666 --> 01:26:09,083
Frank Carter e o doutor Sharmatz
están conectados dalgún xeito?

1012
01:26:10,083 --> 01:26:14,124
Foi o psicólogo do fillo de Carter
segundo o expediente.

1013
01:26:16,583 --> 01:26:18,916
A policía debe andar escasa de persoal.

1014
01:26:20,166 --> 01:26:22,041
Vexo que vén sen compañeiro.

1015
01:26:23,624 --> 01:26:25,791
Cadaquén ten que cubrir unha zona.

1016
01:26:26,458 --> 01:26:30,999
Aos pais tranquilizaraos saber
que están investigando pistas.

1017
01:26:31,624 --> 01:26:34,249
Si, e supoño que aos nenos tamén.

1018
01:26:34,749 --> 01:26:37,583
Francis está aprendendo polas malas.

1019
01:26:38,083 --> 01:26:40,416
Xa, coma ti con teu pai?

1020
01:26:41,958 --> 01:26:43,498
De que modo che ensinou.

1021
01:26:43,499 --> 01:26:46,498
Murmurándoche na cama
mentres che daba polo cu?

1022
01:26:46,499 --> 01:26:47,540
Mellor cala.

1023
01:26:47,541 --> 01:26:49,623
Como lidabas con aquilo, Frank?

1024
01:26:49,624 --> 01:26:52,290
Desexabas fuxir coma as túas vítimas?

1025
01:26:52,291 --> 01:26:53,540
Vai ao carallo.

1026
01:26:53,541 --> 01:26:55,790
Teu pai deleitábase co propio fillo.

1027
01:26:55,791 --> 01:26:58,249
- Vai ao carallo.
- Pero ti eras débil.

1028
01:27:01,958 --> 01:27:04,498
Sabes, Frank? En realidade, respéctote.

1029
01:27:04,499 --> 01:27:08,873
Coutácheste para non facerlle
o que tanto desexabas ao teu meniño.

1030
01:27:08,874 --> 01:27:09,874
Si.

1031
01:27:11,041 --> 01:27:12,790
Por iso buscaches outros.

1032
01:27:12,791 --> 01:27:15,665
Cando pillemos o teu fillo,
que será moi pronto…

1033
01:27:15,666 --> 01:27:18,290
- Si?
- Non volverás saber máis del.

1034
01:27:18,291 --> 01:27:20,582
En serio? E que máis?

1035
01:27:20,583 --> 01:27:22,583
Que hai outra posibilidade.

1036
01:27:23,749 --> 01:27:24,708
Jake.

1037
01:27:25,499 --> 01:27:26,958
Pódesme dicir onde está.

1038
01:27:30,833 --> 01:27:32,707
Por que ía facer tal cousa?

1039
01:27:32,708 --> 01:27:35,583
Porque o auténtico Murmurador
aínda non rematou.

1040
01:27:36,166 --> 01:27:41,541
Porque só hai un neno no mundo
que desexa profundamente.

1041
01:27:42,041 --> 01:27:43,833
E eu podo entregarcho.

1042
01:27:45,333 --> 01:27:46,583
O meu fillo?

1043
01:27:51,333 --> 01:27:52,373
Aquí?

1044
01:27:52,374 --> 01:27:55,541
Un pai fai o que ten que facer, non?

1045
01:27:59,916 --> 01:28:04,248
Se sabe de alguén que poida coñecer
os Carter, sobre todo a Francis jr.,

1046
01:28:04,249 --> 01:28:06,166
pídalle que me chame, por favor.

1047
01:28:09,666 --> 01:28:10,624
Claro.

1048
01:28:30,624 --> 01:28:34,040
Aquí Beck. Necesito reforzos
no 59 de Hellerman Street.

1049
01:28:34,041 --> 01:28:36,041
- Atopei o sospeitoso.
<i>- Recibido.</i>

1050
01:28:37,041 --> 01:28:38,374
Jake Kennedy?

1051
01:28:39,249 --> 01:28:40,499
Son policía.

1052
01:30:26,416 --> 01:30:27,749
Berra.

1053
01:30:31,583 --> 01:30:34,291
Socorro!

1054
01:30:57,041 --> 01:30:59,499
Arriba, vamos!

1055
01:31:22,333 --> 01:31:23,166
Corre!

1056
01:31:25,874 --> 01:31:26,833
Corre!

1057
01:31:38,791 --> 01:31:40,207
Socorro!

1058
01:31:40,208 --> 01:31:41,249
Déixame!

1059
01:31:42,291 --> 01:31:44,958
Socorro!

1060
01:32:15,541 --> 01:32:19,916
<i>- Detective Beck, deixe unha mensaxe.</i>
- Beck, son eu.

1061
01:32:20,666 --> 01:32:23,166
Falei con Carter.
Planearon algo para Jake.

1062
01:32:39,124 --> 01:32:41,332
<i>Policía de Garretton. Que sucede?</i>

1063
01:32:41,333 --> 01:32:43,457
Vin agora o neno desaparecido.

1064
01:32:43,458 --> 01:32:46,248
Ía cun home
pola estrada 23 ao sur de Sussex.

1065
01:32:46,249 --> 01:32:48,748
<i>Central, código 10-17. Mandamos unidades.</i>

1066
01:32:48,749 --> 01:32:51,416
<i>Pode darme o seu nome
e o número de teléfono?</i>

1067
01:33:21,208 --> 01:33:22,624
Que carallo pasa?

1068
01:33:27,291 --> 01:33:29,708
Veña, Tom. Contesta, por favor.

1069
01:33:41,541 --> 01:33:42,416
<i>Papá?</i>

1070
01:35:11,791 --> 01:35:13,582
- Non dou respirado!
- Jake!

1071
01:35:13,583 --> 01:35:14,791
Papá, axúdame!

1072
01:35:18,041 --> 01:35:19,208
Socorro!

1073
01:35:20,874 --> 01:35:22,958
Socorro!

1074
01:35:26,749 --> 01:35:27,999
Socorro!

1075
01:35:30,166 --> 01:35:31,874
Socorro!

1076
01:35:40,333 --> 01:35:42,916
- Non dou respirado!
- Jake!

1077
01:35:44,291 --> 01:35:48,458
Socorro!

1078
01:35:52,708 --> 01:35:54,333
Jake. Tranquilo.

1079
01:35:58,749 --> 01:36:00,499
Vamos, lisca!

1080
01:36:13,499 --> 01:36:14,749
Papá!

1081
01:36:19,583 --> 01:36:20,541
Papá!

1082
01:36:25,833 --> 01:36:29,416
Papá!

1083
01:36:30,041 --> 01:36:31,040
Jake!

1084
01:36:31,041 --> 01:36:32,333
- Papá!
- Jake!

1085
01:36:34,291 --> 01:36:36,374
Corre! Corre, Jake!

1086
01:36:36,874 --> 01:36:37,708
Corre!

1087
01:36:49,958 --> 01:36:51,207
Tommy.

1088
01:36:51,208 --> 01:36:52,332
Colle a Jake.

1089
01:36:52,333 --> 01:36:54,373
- Vai por Jake.
- Papá! Que?

1090
01:36:54,374 --> 01:36:56,249
- Quérote.
- E eu a ti.

1091
01:37:50,374 --> 01:37:51,916
Papá!

1092
01:37:53,041 --> 01:37:54,458
Papá!

1093
01:38:04,041 --> 01:38:05,083
Jake.

1094
01:38:06,083 --> 01:38:09,208
Queda… Queda aí.

1095
01:38:10,333 --> 01:38:13,416
Jake, pecha os ollos.

1096
01:39:29,249 --> 01:39:32,666
SERVIZO PENAL DE NOVA JERSEY
PRESO: FRANK CARTER

1097
01:39:46,749 --> 01:39:51,082
AMANDA, GRAZAS POR TODO
O QUE FIXESTES PETE E TI POR MIN.

1098
01:39:51,083 --> 01:39:52,583
O TEU AMIGO FRANK

1099
01:40:16,124 --> 01:40:17,958
Rapidiño, Carter.

1100
01:40:33,166 --> 01:40:34,749
Pel con pel.

1101
01:40:36,791 --> 01:40:38,749
Como dixeron no hospital.

1102
01:40:39,624 --> 01:40:41,666
Para unirte a min.

1103
01:42:02,749 --> 01:42:06,374
O SEÑOR NOITE

1104
01:42:08,499 --> 01:42:11,123
Que é Pearl Jam?

1105
01:42:11,124 --> 01:42:13,123
O que? Unha banda.

1106
01:42:13,124 --> 01:42:16,999
Si que fracasei como pai.
Foi o meu primeiro concerto con túa nai.

1107
01:42:20,666 --> 01:42:21,666
Salvoume.

1108
01:42:30,041 --> 01:42:31,124
Mamá?

1109
01:42:35,166 --> 01:42:36,416
Si, e a min.

1110
01:42:40,624 --> 01:42:42,291
Podo ir xogar?

1111
01:42:43,999 --> 01:42:45,041
Claro, colega.

1112
01:42:46,916 --> 01:42:49,666
Sae da casa. Que fas aquí metido?

1113
01:44:26,458 --> 01:44:28,291
BASEADO NA NOVELA DE ALEX NORTH

1114
01:50:56,333 --> 01:51:01,333
Subtítulos: Lucía Vázquez



