1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:18,375 --> 00:00:20,291
Vouche falar de Hedvig,

4
00:00:20,791 --> 00:00:24,166
a nena máis estraña e alegre que imaxines,

5
00:00:25,125 --> 00:00:27,250
de como foi a miña mellor amiga

6
00:00:28,083 --> 00:00:29,750
e como a perdín.

7
00:01:02,291 --> 00:01:05,666
BASEADA NO LIBRO DE
MAJA LUNDE E LISA AISATO

8
00:01:06,166 --> 00:01:08,583
Nun sitio inexplorado

9
00:01:13,166 --> 00:01:15,750
ves alguén que coñeces,

10
00:01:16,750 --> 00:01:18,833
alguén que te fai rir,

11
00:01:20,083 --> 00:01:22,750
que estrañas moitas veces,

12
00:01:23,666 --> 00:01:25,916
alguén que te fai ver

13
00:01:27,583 --> 00:01:29,916
a esperanza que perderas.

14
00:01:30,541 --> 00:01:31,708
Iso!

15
00:01:32,208 --> 00:01:33,208
Vamos!

16
00:01:33,875 --> 00:01:34,750
Veña!

17
00:01:34,833 --> 00:01:37,541
Unha luz entre as tebras.

18
00:01:38,583 --> 00:01:41,708
E vouche falar de cando temía o Nadal

19
00:01:42,708 --> 00:01:45,541
e cría que nunca máis ía ser feliz.

20
00:01:47,083 --> 00:01:49,541
Era o primeiro Nadal sen Juni,

21
00:01:51,083 --> 00:01:52,291
miña irmá maior.

22
00:01:52,375 --> 00:01:54,583
Cando me mires

23
00:01:56,166 --> 00:02:00,166
sempre estarei preto.

24
00:02:03,041 --> 00:02:04,125
Concentración!

25
00:02:04,208 --> 00:02:06,958
Preto.

26
00:02:15,125 --> 00:02:16,375
Pelexa de bólas!

27
00:02:18,666 --> 00:02:19,666
Diana!

28
00:02:22,791 --> 00:02:23,750
Apúntaste?

29
00:02:25,125 --> 00:02:26,125
Non podo.

30
00:02:43,333 --> 00:02:44,166
Está a nevar.

31
00:02:47,000 --> 00:02:47,833
Xa.

32
00:02:52,541 --> 00:02:54,250
Onte nevou aínda máis.

33
00:02:55,541 --> 00:02:56,375
Si?

34
00:02:57,208 --> 00:02:58,041
Si.

35
00:03:10,041 --> 00:03:10,916
Pois…

36
00:03:12,625 --> 00:03:13,541
Adeus.

37
00:03:22,875 --> 00:03:24,875
Glögg barato! Aproveitade!

38
00:03:26,625 --> 00:03:27,958
Glögg de oferta!

39
00:03:51,000 --> 00:03:52,875
Estás aquí só outra vez?

40
00:03:55,416 --> 00:03:56,500
Estou.

41
00:03:58,500 --> 00:04:01,083
Mamá e papá están moi ocupados.

42
00:04:01,708 --> 00:04:04,041
Xa, o estrés do Nadal abafa.

43
00:04:05,250 --> 00:04:06,416
Moito, si.

44
00:05:23,791 --> 00:05:25,916
Velaquí estás! Por fin!

45
00:05:26,000 --> 00:05:27,958
Xa pensei que non saías.

46
00:05:29,791 --> 00:05:31,166
Coñézote?

47
00:05:32,833 --> 00:05:33,666
Non.

48
00:05:35,291 --> 00:05:37,375
Tes razón. Que maleducada.

49
00:05:37,875 --> 00:05:39,708
Son Hedvig. Non, agarda.

50
00:05:39,791 --> 00:05:43,458
Téñome que presentar ben,
co nome completo.

51
00:05:44,666 --> 00:05:47,041
Son Hedvig Hansen.

52
00:05:48,250 --> 00:05:50,250
Oxalá puidese dicir que son

53
00:05:50,333 --> 00:05:53,666
Hedvig Victoria
Johanna Rosendahl Ekelund ou así,

54
00:05:53,750 --> 00:05:55,208
pero sería mentira,

55
00:05:55,291 --> 00:05:57,833
e non hai que mentir.

56
00:06:01,000 --> 00:06:02,291
Un pracer!

57
00:06:10,000 --> 00:06:11,208
E ti?

58
00:06:11,291 --> 00:06:12,541
Tes nome?

59
00:06:12,625 --> 00:06:14,333
Ah, si. Julian.

60
00:06:14,416 --> 00:06:15,750
Julian, non tes idea

61
00:06:15,833 --> 00:06:18,833
do extraordinariamente feliz
que estou de coñecerte.

62
00:06:21,750 --> 00:06:22,666
Vamos!

63
00:06:28,083 --> 00:06:30,291
Nadas moi rápido! E moi lonxe!

64
00:06:30,791 --> 00:06:32,750
Ida e volta, ida e volta.

65
00:06:32,833 --> 00:06:35,250
Perdín a conta.

66
00:06:35,958 --> 00:06:38,083
Es un nadador fantástico.

67
00:06:38,166 --> 00:06:40,708
Onde aprendiches? Adestras moito?

68
00:06:41,291 --> 00:06:42,833
Si, bastante.

69
00:06:42,916 --> 00:06:46,750
Parece espectacular
voar pola auga coma un peixe.

70
00:06:46,833 --> 00:06:47,916
Ou un tiburón.

71
00:06:48,000 --> 00:06:49,833
Ou un golfiño feliz.

72
00:06:49,916 --> 00:06:52,000
Encántanme os golfiños. A ti?

73
00:06:52,083 --> 00:06:55,166
- Abofé.
- Parece que sorrín sempre.

74
00:06:55,250 --> 00:06:57,583
Estarán contentos de saber nadar.

75
00:06:57,666 --> 00:06:59,416
- Non cres?
- Pode ser.

76
00:07:00,583 --> 00:07:02,833
Que sorte tes de nadar tan ben.

77
00:07:02,916 --> 00:07:04,583
Nunca o pensara.

78
00:07:04,666 --> 00:07:07,666
Deberías pensalo moito e polo miúdo!

79
00:07:08,333 --> 00:07:11,125
- E ti? Sabes nadar?
- Non.

80
00:07:11,708 --> 00:07:14,125
Pero o meu maior soño no mundo

81
00:07:14,208 --> 00:07:16,125
é aprender a nadar.

82
00:07:17,583 --> 00:07:20,291
- Pódoo pedir polo Nadal.
- Boa idea.

83
00:07:20,375 --> 00:07:23,791
Sentiríame máis plena se soubese nadar.

84
00:07:23,875 --> 00:07:26,500
A min parécesme bastante plena.

85
00:07:27,291 --> 00:07:30,500
É o máis gracioso que oín en moito tempo.

86
00:07:32,625 --> 00:07:33,833
Mira arredor!

87
00:07:33,916 --> 00:07:36,791
Non é tan fermoso
que che estoupa o corazón

88
00:07:36,875 --> 00:07:38,375
e mais a cabeza?

89
00:07:38,875 --> 00:07:40,916
Encántame o Nadal!

90
00:07:41,000 --> 00:07:43,333
Non sei. Non me importa moito.

91
00:07:44,041 --> 00:07:46,666
- Como?
- Tanto me ten o Nadal.

92
00:07:48,208 --> 00:07:50,750
Es excepcionalmente gracioso.

93
00:07:51,291 --> 00:07:52,875
Non, é verdade.

94
00:07:52,958 --> 00:07:55,833
A todos os nenos lles gusta o Nadal.

95
00:07:56,625 --> 00:07:57,541
A min non.

96
00:07:59,458 --> 00:08:01,166
Mira, nadas de máis.

97
00:08:02,041 --> 00:08:04,166
A auga tapónache o cerebro.

98
00:08:04,250 --> 00:08:06,083
Polo menos sei nadar.

99
00:08:06,666 --> 00:08:08,416
Por que non aprendes

100
00:08:08,500 --> 00:08:10,666
se tan importante é para ti?

101
00:08:12,333 --> 00:08:14,125
Iso non é cousa túa.

102
00:08:14,208 --> 00:08:16,500
Como queiras. Vou para a casa.

103
00:08:17,000 --> 00:08:20,041
Vale! Coma se me importase!

104
00:08:21,000 --> 00:08:22,583
E falas demasiado.

105
00:08:23,166 --> 00:08:26,708
E ti es un rosmón,
coma unha tartaruga de pantano.

106
00:08:27,291 --> 00:08:28,500
De pantano?

107
00:08:28,583 --> 00:08:30,250
Si! Mira que feden!

108
00:08:30,958 --> 00:08:33,500
Adeus. Que che vaia ben. Ata nunca!

109
00:08:40,625 --> 00:08:41,958
Julian, agarda.

110
00:08:42,041 --> 00:08:44,083
Non quería dicir iso.

111
00:08:44,166 --> 00:08:45,083
Perdón.

112
00:08:46,041 --> 00:08:49,250
Pensei que podiamos ser amigos.

113
00:08:49,875 --> 00:08:50,708
Si, xa.

114
00:08:50,791 --> 00:08:53,125
Seguro que che vai soar raro,

115
00:08:53,208 --> 00:08:57,750
pero ímonos arrepentir
se non nos facemos amigos.

116
00:08:57,833 --> 00:09:00,500
Quereriamos volver atrás toda a vida

117
00:09:00,583 --> 00:09:01,958
se nos afastamos.

118
00:09:02,583 --> 00:09:04,916
No canto de separarmos camiños

119
00:09:05,000 --> 00:09:07,083
poderías vir á miña casa.

120
00:09:07,833 --> 00:09:10,041
Non está lonxe. Rúa Fiorde, 2.

121
00:09:10,125 --> 00:09:11,500
Pasando o peirao.

122
00:09:12,291 --> 00:09:14,083
Teño galletas e chocolate.

123
00:09:14,166 --> 00:09:16,208
Adornámola moi ben no Nadal.

124
00:09:16,291 --> 00:09:17,666
Vaiche encantar!

125
00:09:21,750 --> 00:09:23,625
Non marches, por favor.

126
00:09:51,791 --> 00:09:53,166
- Ola.
- Ola.

127
00:09:53,666 --> 00:09:55,375
Vés xogar, Julian?

128
00:09:55,458 --> 00:09:57,666
Aos xoguetes dóelles a barriga.

129
00:09:57,750 --> 00:10:01,250
É moi grave, tes que facer de enfermeiro.

130
00:10:01,333 --> 00:10:03,166
- Vaia.
- Hora de cear.

131
00:10:04,583 --> 00:10:07,125
- Hamburguesas de peixe.
- Coma sempre.

132
00:10:07,958 --> 00:10:09,500
- Ola, cariño.
- Ola.

133
00:10:15,791 --> 00:10:17,333
Foi ben o día, Julian?

134
00:10:17,416 --> 00:10:19,625
Foi. E o voso?

135
00:10:20,708 --> 00:10:23,791
- Pois… Si, claro.
- Si.

136
00:10:24,583 --> 00:10:25,541
Si.

137
00:10:25,625 --> 00:10:30,083
Acenderemos unha candea
para que alegría nos dea.

138
00:10:30,166 --> 00:10:32,750
Brillará para ela
e para quen a vexa.

139
00:10:32,833 --> 00:10:35,125
Non xogues coa comida, Augusta.

140
00:10:35,208 --> 00:10:39,083
Dúas candeas
para que alegría e esperanza nos dean.

141
00:10:43,416 --> 00:10:44,875
Ten nevado moito.

142
00:10:45,375 --> 00:10:47,458
Si, si.

143
00:10:49,125 --> 00:10:51,666
- Hai que ir coa pa…
- E o candelabro?

144
00:10:53,458 --> 00:10:54,666
O candelabro?

145
00:10:56,208 --> 00:10:57,541
O de advento.

146
00:10:57,625 --> 00:10:59,541
Mañá é o cuarto domingo.

147
00:11:00,333 --> 00:11:02,416
- Xa.
- En cinco días é Nadal.

148
00:11:02,500 --> 00:11:06,125
Só cinco días? Si! Cinco días!

149
00:11:06,208 --> 00:11:07,791
En cinco días é Nadal!

150
00:11:09,666 --> 00:11:11,541
Vou pola pa para a neve.

151
00:11:12,291 --> 00:11:13,375
Si.

152
00:11:17,125 --> 00:11:17,958
Mamá está…

153
00:11:18,916 --> 00:11:19,750
Está…

154
00:11:21,208 --> 00:11:23,000
É que precisamos tempo.

155
00:11:24,916 --> 00:11:31,458
MERCURIO
19 DE DECEMBRO

156
00:11:40,375 --> 00:11:41,416
Imposible.

157
00:11:41,500 --> 00:11:43,750
Eles tampouco poden durmir.

158
00:11:43,833 --> 00:11:46,083
Se veñen todos aquí,

159
00:11:46,166 --> 00:11:48,000
non imos durmir ningún.

160
00:11:49,333 --> 00:11:50,250
Veña.

161
00:11:54,250 --> 00:11:56,083
Descansade, amiguiños.

162
00:12:06,375 --> 00:12:08,916
Que quería dicir papá?

163
00:12:10,750 --> 00:12:13,583
- Que?
- Para que precisamos tempo?

164
00:12:18,583 --> 00:12:21,791
- Non che sei.
- Iso vai axudar a Juni?

165
00:12:22,916 --> 00:12:23,875
Non sei.

166
00:12:25,541 --> 00:12:29,083
O tempo pode facer
que Juni deixe de estar morta?

167
00:12:34,333 --> 00:12:36,875
Non sei, Augusta, non creo.

168
00:12:44,833 --> 00:12:46,291
Durme, irmaíña.

169
00:13:23,750 --> 00:13:25,333
Rúa Fiorde. Si.

170
00:13:45,541 --> 00:13:46,375
Vaia.

171
00:14:06,500 --> 00:14:07,416
Viñeches!

172
00:14:09,041 --> 00:14:10,083
Seica si.

173
00:14:10,666 --> 00:14:12,583
Pasa, querido amigo Julian.

174
00:14:20,291 --> 00:14:22,541
Benvido ao Niño de Inverno!

175
00:14:36,791 --> 00:14:39,708
- A túa casa ten nome?
- Ten.

176
00:14:41,416 --> 00:14:44,083
Toda casa respectable ten nome.

177
00:14:44,166 --> 00:14:45,625
A túa non ten?

178
00:14:47,083 --> 00:14:50,750
Dilles a teus pais
que lle tedes que pór nome axiña!

179
00:14:50,833 --> 00:14:52,375
O Niño de Inverno é xenial.

180
00:14:52,458 --> 00:14:55,250
Sabía que me ía encantar cando viñemos.

181
00:14:55,333 --> 00:14:58,250
Unha casa con ese nome ten que estar ben.

182
00:14:59,125 --> 00:15:00,708
Cando vos mudastes?

183
00:15:01,708 --> 00:15:02,958
De pequerrecha.

184
00:15:08,958 --> 00:15:11,541
- Tes irmáns?
- Un irmán maior.

185
00:15:11,625 --> 00:15:12,833
É marabilloso.

186
00:15:12,916 --> 00:15:14,416
Moi bo e listo.

187
00:15:15,000 --> 00:15:17,166
Dáselle todo ben.

188
00:15:17,250 --> 00:15:19,916
É o mellor debuxando. Mira, é el.

189
00:15:20,916 --> 00:15:22,833
Ás veces eu inténtoo.

190
00:15:22,916 --> 00:15:25,125
Teño imaxes incribles na cabeza,

191
00:15:25,208 --> 00:15:27,541
pero non son quen de sacalas.

192
00:15:27,625 --> 00:15:28,625
Entendes?

193
00:15:29,958 --> 00:15:31,875
Pero os debuxos del…

194
00:15:31,958 --> 00:15:35,750
É coma se quixesen
saltar da páxina e cobrar vida.

195
00:15:35,833 --> 00:15:37,833
Oxalá o coñezas algún día.

196
00:15:39,041 --> 00:15:40,041
Esa es ti?

197
00:15:40,916 --> 00:15:43,458
Non sei debuxar, pero si patinar.

198
00:15:43,541 --> 00:15:44,375
Vamos!

199
00:15:48,000 --> 00:15:48,833
Vaia!

200
00:15:50,208 --> 00:15:54,416
Mágoa que non che guste o Nadal.
Podíasme axudar a adornar.

201
00:15:54,500 --> 00:15:56,583
Adornar? Non remataches?

202
00:15:56,666 --> 00:15:57,666
En absoluto.

203
00:15:57,750 --> 00:16:00,958
Cómpre adornar
cada cuarto de arriba abaixo.

204
00:16:02,250 --> 00:16:03,958
Podo axudar un chisco.

205
00:16:04,041 --> 00:16:05,541
Magnífico! Sígueme.

206
00:16:07,791 --> 00:16:09,250
O anxo vai no baño.

207
00:16:09,333 --> 00:16:12,333
- Adornades o baño?
- Abofé.

208
00:16:12,416 --> 00:16:14,291
Non che daría envexa

209
00:16:14,375 --> 00:16:16,708
que adornasen o salón á perfección

210
00:16:16,791 --> 00:16:19,666
e a ti non che puxesen nin un anxiño?

211
00:16:19,750 --> 00:16:22,666
Non penso que un baño sinta envexa.

212
00:16:22,750 --> 00:16:24,291
Os baños sobre todo.

213
00:16:24,375 --> 00:16:27,625
Non lles recoñecemos o traballo que fan.

214
00:16:27,708 --> 00:16:30,083
Os cuartos senten. Todos.

215
00:16:30,166 --> 00:16:32,000
E máis no Niño de Inverno.

216
00:16:35,583 --> 00:16:37,000
- Tachán!
- Vaia!

217
00:16:41,500 --> 00:16:42,416
Ves?

218
00:16:44,041 --> 00:16:45,916
A coroa vai no armario.

219
00:16:46,000 --> 00:16:49,083
Mesmo se fas algo aburrido
coma coller a vasoira,

220
00:16:49,166 --> 00:16:50,625
lembras que é Nadal.

221
00:16:59,833 --> 00:17:02,375
Ai, non hai punta.

222
00:17:03,750 --> 00:17:05,041
Vou por unha.

223
00:17:40,541 --> 00:17:41,708
Ei!

224
00:17:43,083 --> 00:17:44,541
Os teus patíns…

225
00:17:44,625 --> 00:17:47,875
Gústanche? Son de patinaxe artística.

226
00:17:52,458 --> 00:17:56,208
- Moito.
- Imos pór algo para que colgues iso.

227
00:17:58,958 --> 00:18:00,250
Veña, convidado.

228
00:18:06,875 --> 00:18:08,291
Cociñas moito?

229
00:18:08,375 --> 00:18:10,583
Sempre. Sobre todo, chocolate.

230
00:18:13,041 --> 00:18:14,791
Preciso nata montada.

231
00:18:18,541 --> 00:18:20,083
Fago extra para o almorzo.

232
00:18:20,166 --> 00:18:23,375
Como? Almorzas chocolate?

233
00:18:23,458 --> 00:18:24,458
Cada mañá.

234
00:18:24,541 --> 00:18:26,708
- Déixanche?
- Ti que pensas?

235
00:18:36,458 --> 00:18:38,041
Alégrame que esteas aquí.

236
00:18:38,125 --> 00:18:41,791
Sabía que era broma
que non che gustaba o Nadal.

237
00:18:41,875 --> 00:18:44,750
Ninguén cun ollar tan doce
odiaría o Nadal.

238
00:18:44,833 --> 00:18:47,041
E es Julian. Jul é Nadal en noruegués.

239
00:18:47,125 --> 00:18:49,083
Fago anos na Noiteboa.

240
00:18:49,166 --> 00:18:50,791
Por iso mo puxeron.

241
00:18:50,875 --> 00:18:51,791
De veras?

242
00:18:52,750 --> 00:18:54,666
Julian, o Neno do Nadal.

243
00:18:54,750 --> 00:18:55,875
É un milagre.

244
00:18:57,291 --> 00:19:01,166
Teus pais deben ser incribles,
se fan algo así.

245
00:19:01,250 --> 00:19:03,541
Si, papá está un chisco tolo.

246
00:19:04,125 --> 00:19:07,041
Mamá conta historias moi graciosas.

247
00:19:08,208 --> 00:19:11,291
E ri tan algo que ata lle dá vergoña.

248
00:19:11,916 --> 00:19:14,000
A papá encántalle esa risa.

249
00:19:15,833 --> 00:19:19,666
- Pero ultimamente non rin moito.
- Oh.

250
00:19:20,625 --> 00:19:21,791
Por que non?

251
00:19:25,000 --> 00:19:26,666
Volvéronse un pouco…

252
00:19:28,500 --> 00:19:33,250
É coma se os cambiasen

253
00:19:33,333 --> 00:19:36,666
por uns personaxes que se lles imitan.

254
00:19:37,250 --> 00:19:39,791
Igual están ocupados polo Nadal.

255
00:19:39,875 --> 00:19:40,791
É normal.

256
00:19:41,916 --> 00:19:43,625
Non adornamos nada.

257
00:19:44,208 --> 00:19:47,041
Nin sequera o candelabro de advento.

258
00:19:47,125 --> 00:19:48,333
Que mal.

259
00:19:48,416 --> 00:19:51,166
Coido que esqueceron que é Nadal.

260
00:19:55,166 --> 00:19:56,541
Lémbrallelo ti.

261
00:19:58,291 --> 00:19:59,125
Eu?

262
00:20:03,541 --> 00:20:05,500
Si. Quen se non?

263
00:21:12,250 --> 00:21:13,208
Xa estamos.

264
00:21:13,291 --> 00:21:16,583
- Si.
- Agarda, que che quito as botas.

265
00:21:16,666 --> 00:21:17,666
Xa está.

266
00:21:18,500 --> 00:21:19,458
Oh, Julian!

267
00:21:19,541 --> 00:21:21,166
Candeas de advento!

268
00:21:21,750 --> 00:21:25,291
Acendemos unha candea, dúas, tres.

269
00:21:25,375 --> 00:21:28,750
Unha candea, dúas, tres.
Unha candea…

270
00:21:28,833 --> 00:21:30,583
Atopeino no soto.

271
00:21:31,125 --> 00:21:34,500
- Xa. Está xenial.
- Tamén o limpei.

272
00:21:35,208 --> 00:21:36,250
Moi ben.

273
00:21:37,500 --> 00:21:38,625
Teño unha idea.

274
00:21:38,708 --> 00:21:41,875
Se dicimos que Juni pode acender a cuarta,

275
00:21:41,958 --> 00:21:43,791
igual se pon contenta

276
00:21:43,875 --> 00:21:45,916
e volve á casa polo Nadal.

277
00:21:54,125 --> 00:21:56,041
Fermoso, Augusta, pero…

278
00:21:56,875 --> 00:21:58,750
non é exactamente así.

279
00:21:59,791 --> 00:22:01,125
Exactamente?

280
00:22:01,208 --> 00:22:02,041
Non.

281
00:22:03,750 --> 00:22:05,708
O que quero dicir…

282
00:22:08,750 --> 00:22:09,583
Augusta…

283
00:22:10,416 --> 00:22:11,666
Hora de durmir.

284
00:22:13,083 --> 00:22:14,708
Non imos cear?

285
00:22:14,791 --> 00:22:15,791
Si, se cadra…

286
00:22:16,291 --> 00:22:17,500
Julian, podes…

287
00:22:18,208 --> 00:22:19,708
Fas uns sándwichs?

288
00:22:20,708 --> 00:22:21,750
Xa veño.

289
00:22:23,833 --> 00:22:24,708
Tranquilo.

290
00:22:33,375 --> 00:22:34,291
Axuda!

291
00:22:35,291 --> 00:22:39,125
- Xa vou! Agarda!
- Julian, tesme que axudar!

292
00:22:39,208 --> 00:22:41,625
- Non podo!
- Xa vou!

293
00:22:47,166 --> 00:22:48,333
Estou!

294
00:22:48,416 --> 00:22:51,541
Menos mal. Non o podía facer soa.

295
00:22:52,500 --> 00:22:53,416
Veña.

296
00:22:55,166 --> 00:22:56,666
Un, dous, tres!

297
00:22:58,041 --> 00:23:00,041
- Si!
- Sigamos!

298
00:23:20,375 --> 00:23:23,625
Sabías que cada folerpa é distinta?

299
00:23:24,958 --> 00:23:26,208
Nunca o pensara.

300
00:23:26,833 --> 00:23:29,458
Deberías pensalo en serio.

301
00:23:29,541 --> 00:23:32,833
Hai infindas folerpas e ningunha é igual.

302
00:23:32,916 --> 00:23:33,916
Que pasada.

303
00:23:36,208 --> 00:23:38,625
Mira! Unha rosa!

304
00:23:39,875 --> 00:23:41,958
Esta semella unha arañeira.

305
00:23:44,458 --> 00:23:46,416
Mira! Unha roda dentada!

306
00:23:46,500 --> 00:23:49,000
E unha estrela de seis puntas.

307
00:24:12,291 --> 00:24:14,250
Coido que xa chega.

308
00:24:15,000 --> 00:24:16,416
Chega para que?

309
00:24:18,375 --> 00:24:19,875
Nin idea.

310
00:24:20,666 --> 00:24:23,291
Podemos facer un boneco de neve,

311
00:24:23,375 --> 00:24:25,750
pero iso é moi típico.

312
00:24:26,625 --> 00:24:29,458
Unha boneca de neve é menos típica.

313
00:24:32,250 --> 00:24:33,083
Claro.

314
00:24:36,208 --> 00:24:38,500
Ou unha tía vella!

315
00:24:39,083 --> 00:24:41,041
Unha tía vella e rosmona.

316
00:24:41,958 --> 00:24:44,500
Ou un curmán falcatrueiro ou…

317
00:24:44,583 --> 00:24:45,500
Unha irmá?

318
00:24:46,000 --> 00:24:48,375
Si! Unha irmá de neve!

319
00:24:49,041 --> 00:24:50,875
Es moi listo, Julian!

320
00:24:50,958 --> 00:24:53,291
Sempre quixen unha irmá maior.

321
00:24:55,125 --> 00:24:55,958
Xa…

322
00:25:04,625 --> 00:25:06,666
Ponlle os ollos aquí.

323
00:25:08,500 --> 00:25:10,000
Fainos outra vez.

324
00:25:14,291 --> 00:25:16,166
Falta algo. Agarda.

325
00:25:22,708 --> 00:25:25,041
Mira, son rosas de Nadal.

326
00:25:25,625 --> 00:25:29,000
Unha irmá maior así
quererá rosas polo Nadal, ou?

327
00:25:29,583 --> 00:25:30,416
Si.

328
00:25:39,250 --> 00:25:40,250
Que guapa.

329
00:25:41,416 --> 00:25:42,250
Si.

330
00:25:43,208 --> 00:25:44,875
Xa temos irmá maior.

331
00:26:00,708 --> 00:26:02,208
Pasa algo, Julian?

332
00:26:09,708 --> 00:26:10,750
A miña irmá,

333
00:26:11,458 --> 00:26:12,291
Juni,

334
00:26:13,083 --> 00:26:16,208
morreu este verán.

335
00:26:17,041 --> 00:26:18,125
Oh.

336
00:26:19,875 --> 00:26:20,708
Julian…

337
00:26:24,166 --> 00:26:26,666
Xusto antes do seu aniversario.

338
00:26:26,750 --> 00:26:28,500
Ía facer 16.

339
00:26:35,666 --> 00:26:39,125
Este vai ser o primeiro Nadal sen ela.

340
00:26:58,333 --> 00:26:59,875
Gústanche os ovos?

341
00:27:10,958 --> 00:27:13,458
Estás soa na casa outra vez?

342
00:27:13,541 --> 00:27:15,541
Si, foron mercar cousas.

343
00:27:32,708 --> 00:27:35,208
Hedvig, hai alguén aí.

344
00:27:35,291 --> 00:27:36,666
Un señor maior.

345
00:27:47,666 --> 00:27:48,583
Onde?

346
00:27:49,416 --> 00:27:53,208
Estaba aí de pé, mirando para a casa.

347
00:27:57,708 --> 00:27:58,791
Sabes quen é?

348
00:28:03,083 --> 00:28:04,416
Tómasme o pelo.

349
00:28:05,125 --> 00:28:06,333
Non, xúrocho.

350
00:28:07,333 --> 00:28:09,541
Tes avó ou algo?

351
00:28:09,625 --> 00:28:11,583
Ou un tío maior?

352
00:28:13,041 --> 00:28:14,125
Morreron todos.

353
00:28:14,208 --> 00:28:16,375
- Pero…
- Esquece o señor.

354
00:28:17,041 --> 00:28:18,541
Falta o ketchup.

355
00:28:27,458 --> 00:28:28,583
A comida está!

356
00:28:29,666 --> 00:28:30,583
Vés?

357
00:28:35,750 --> 00:28:37,541
Encántame o ketchup.

358
00:28:49,333 --> 00:28:51,333
Grazas. Bo Nadal.

359
00:28:56,458 --> 00:28:57,541
Ei!

360
00:28:58,041 --> 00:28:58,875
Ola, John.

361
00:28:59,791 --> 00:29:01,166
Remataches?

362
00:29:02,125 --> 00:29:03,791
- Cos agasallos.
- Non.

363
00:29:04,291 --> 00:29:06,458
Non, a verdade.

364
00:29:06,541 --> 00:29:08,500
Mamá e papá…

365
00:29:09,833 --> 00:29:10,666
Xa.

366
00:29:16,750 --> 00:29:18,583
Ten nevado moito.

367
00:29:20,875 --> 00:29:21,708
Xa.

368
00:29:24,083 --> 00:29:26,375
Pero así podemos facer bólas.

369
00:29:27,625 --> 00:29:28,458
Si.

370
00:29:29,541 --> 00:29:30,375
Si.

371
00:29:36,250 --> 00:29:38,500
Xa nos veremos.

372
00:29:38,583 --> 00:29:40,083
Si, supoño.

373
00:29:41,458 --> 00:29:43,083
- Adeus.
- Adeus.

374
00:29:58,416 --> 00:30:01,291
VENUS
20 DE DECEMBRO

375
00:30:32,791 --> 00:30:33,625
Hedvig!

376
00:30:37,875 --> 00:30:38,708
Hedvig?

377
00:30:41,041 --> 00:30:41,875
Hedvig?

378
00:30:47,916 --> 00:30:48,916
Estás arriba?

379
00:30:50,708 --> 00:30:51,541
Hedvig?

380
00:30:55,708 --> 00:30:57,500
- Ola.
- Ola!

381
00:31:02,666 --> 00:31:04,875
- Para min?
- Si, para ti.

382
00:31:04,958 --> 00:31:06,916
Pero aínda non é Nadal.

383
00:31:07,000 --> 00:31:09,041
Non é de Nadal. Toma.

384
00:31:15,583 --> 00:31:16,625
Non é grande.

385
00:31:16,708 --> 00:31:18,666
- Non.
- Pero é suave.

386
00:31:19,250 --> 00:31:21,458
Disque os suaves son aburridos,

387
00:31:21,541 --> 00:31:24,166
pero non hai regalos aburridos.

388
00:31:24,250 --> 00:31:26,458
Só o paquete xa emociona.

389
00:31:26,541 --> 00:31:29,458
Ao abrilo ves se é aburrido ou non.

390
00:31:29,541 --> 00:31:32,708
Non se di que os suaves son aburridos.

391
00:31:32,791 --> 00:31:34,708
Xa, xa. Ábreo.

392
00:31:34,791 --> 00:31:36,250
Estou nerviosa.

393
00:31:36,333 --> 00:31:37,375
Ti ábreo.

394
00:31:37,458 --> 00:31:40,583
Pero entón xa vou saber o que é.

395
00:31:40,666 --> 00:31:41,958
Diso se trata.

396
00:31:42,041 --> 00:31:44,375
- E remata a emoción.
- E que?

397
00:31:44,458 --> 00:31:45,541
Non o ves?

398
00:31:45,625 --> 00:31:47,958
É emocionante estar emocionada.

399
00:31:48,041 --> 00:31:52,833
É coma se o corazón
estivese patinando e xirando ata marearme.

400
00:31:52,916 --> 00:31:54,500
Pódelo abrir xa?

401
00:31:55,750 --> 00:31:56,583
Vou.

402
00:32:04,958 --> 00:32:06,666
Moi bonito o papel.

403
00:32:11,791 --> 00:32:13,541
Un traxe de baño!

404
00:32:14,041 --> 00:32:15,708
Habíao amarelo e negro.

405
00:32:15,791 --> 00:32:17,541
Como che gusta o vermello…

406
00:32:17,625 --> 00:32:20,208
Julian! Moitas grazas!

407
00:32:28,458 --> 00:32:29,875
Estás lista logo?

408
00:32:32,541 --> 00:32:33,791
Lista para que?

409
00:32:33,875 --> 00:32:36,333
Pódoche aprender a nadar.

410
00:32:39,083 --> 00:32:41,916
- Como?
- É o que máis querías.

411
00:32:50,416 --> 00:32:51,750
Vale. Por que non?

412
00:32:51,833 --> 00:32:53,666
Que levo? Que preciso?

413
00:32:53,750 --> 00:32:54,916
Toalla? Gorro?

414
00:32:55,458 --> 00:32:58,125
Vou coller as cousas. Acabo axiña!

415
00:32:58,208 --> 00:33:00,000
Agárdote fóra.

416
00:34:19,041 --> 00:34:20,125
Bu!

417
00:34:22,250 --> 00:34:24,000
Perdoa por tardarche.

418
00:34:24,083 --> 00:34:27,083
Nunca fun á piscina e non sabía que levar.

419
00:34:36,625 --> 00:34:38,666
Que foi?

420
00:34:40,375 --> 00:34:41,958
O señor outra vez.

421
00:34:44,958 --> 00:34:48,041
Parecía ter chaves do Niño de Inverno.

422
00:34:50,250 --> 00:34:51,875
Tes que saber quen é.

423
00:34:54,083 --> 00:34:56,625
Julian, non cho podo contar todo.

424
00:34:56,708 --> 00:35:00,916
Pero non che dá medo
que rolde así pola túa casa?

425
00:35:04,000 --> 00:35:05,250
Non me dá medo.

426
00:35:06,333 --> 00:35:07,208
Iso non.

427
00:35:09,333 --> 00:35:12,291
- Non me dis…?
- Non preguntes máis.

428
00:35:13,875 --> 00:35:16,208
Imos? Iamos á piscina.

429
00:35:26,083 --> 00:35:27,541
Vas levar iso?

430
00:35:27,625 --> 00:35:29,708
Claro. Se non, afundo.

431
00:35:29,791 --> 00:35:32,916
Iso vés aprender, a flotar ti soa.

432
00:35:36,125 --> 00:35:38,583
Iso é nadar.

433
00:35:38,666 --> 00:35:39,875
É que semella…

434
00:35:40,750 --> 00:35:43,250
non sei, contranatural.

435
00:35:43,333 --> 00:35:44,416
Que va.

436
00:35:46,791 --> 00:35:47,958
É moi natural.

437
00:35:49,416 --> 00:35:50,916
Veña, non traba.

438
00:35:52,333 --> 00:35:53,291
Xa veremos.

439
00:35:59,083 --> 00:36:01,083
Ves? Non é para tanto.

440
00:36:04,750 --> 00:36:05,708
Fai isto.

441
00:36:09,041 --> 00:36:10,916
Veña, dobra os xeonllos.

442
00:36:19,625 --> 00:36:22,375
Agora colle aire e mergúllate.

443
00:36:22,458 --> 00:36:24,625
Non! E se me entra auga nos pulmóns?

444
00:36:24,708 --> 00:36:25,791
Non respires.

445
00:36:25,875 --> 00:36:27,750
- Ah.
- Fas burbullas.

446
00:36:34,333 --> 00:36:35,666
Está tirado.

447
00:36:42,833 --> 00:36:44,458
Viches? Fíxeno!

448
00:36:53,291 --> 00:36:54,291
E outra vez!

449
00:37:00,416 --> 00:37:03,208
- Ben! Estalo collendo.
- Si!

450
00:37:03,291 --> 00:37:05,708
Agora usa os brazos coma min.

451
00:37:13,875 --> 00:37:14,958
Ti podes.

452
00:37:15,041 --> 00:37:18,291
Si, vouno facer de marabilla!

453
00:37:28,458 --> 00:37:29,458
Nadei!

454
00:37:30,083 --> 00:37:31,416
Viches, Julian?

455
00:37:31,500 --> 00:37:35,041
Eu, Hedvig Hansen, nadei!

456
00:37:35,125 --> 00:37:36,333
Sei nadar!

457
00:37:49,458 --> 00:37:52,416
Hedvig! Non te afastes tanto! É fondo.

458
00:37:54,416 --> 00:37:55,791
Volve!

459
00:37:56,708 --> 00:37:57,541
Hedvig!

460
00:38:02,708 --> 00:38:03,541
Hedvig!

461
00:38:17,250 --> 00:38:18,083
Hedvig!

462
00:38:48,666 --> 00:38:49,500
Estás ben?

463
00:39:05,000 --> 00:39:08,291
Estabas aí a primeira vez que te vin.

464
00:39:08,375 --> 00:39:10,708
Puxeches o nariz no cristal.

465
00:39:13,083 --> 00:39:14,916
Parecías un porquiño.

466
00:39:15,000 --> 00:39:16,708
Un porquiño riquiño.

467
00:39:20,333 --> 00:39:22,916
Non pasa nada se non o fas hoxe.

468
00:39:23,708 --> 00:39:25,541
Hai que practicar máis.

469
00:39:25,625 --> 00:39:27,666
Ata nadares coma un peixe.

470
00:39:27,750 --> 00:39:29,375
Ou coma un golfiño.

471
00:39:34,916 --> 00:39:35,750
Xa.

472
00:39:36,458 --> 00:39:38,208
Ti non te rendas.

473
00:39:38,916 --> 00:39:40,083
Non te rendas.

474
00:39:41,166 --> 00:39:43,500
É que…

475
00:39:45,583 --> 00:39:46,416
Que?

476
00:39:46,916 --> 00:39:48,500
Eu…

477
00:39:48,583 --> 00:39:50,583
non sei se…

478
00:39:51,458 --> 00:39:53,083
vou ser capaz.

479
00:39:54,166 --> 00:39:55,250
Por que non?

480
00:40:05,916 --> 00:40:09,000
É de tolos pensar que a neve é auga.

481
00:40:09,500 --> 00:40:10,333
Xa.

482
00:40:13,750 --> 00:40:14,958
¿Non é estraño

483
00:40:16,000 --> 00:40:19,625
que algo tan lixeiro, suave e fermoso

484
00:40:20,583 --> 00:40:23,083
poida ser tan frío,

485
00:40:23,166 --> 00:40:25,166
escuro e complexo?

486
00:40:26,500 --> 00:40:29,958
Xa, pero a auga
pode volver ser neve, non si?

487
00:40:30,625 --> 00:40:34,750
Estrelas, arañeiras, rosas e…

488
00:40:36,791 --> 00:40:37,625
É certo.

489
00:40:38,916 --> 00:40:40,208
É certo, si.

490
00:40:41,833 --> 00:40:43,458
Es moi listo, Julian.

491
00:40:44,041 --> 00:40:44,875
Xa.

492
00:40:44,958 --> 00:40:48,541
Mañá podemos facer
algo que se che dea ben a ti.

493
00:40:48,625 --> 00:40:49,458
O que?

494
00:40:50,208 --> 00:40:51,833
Podemos ir patinar.

495
00:40:53,958 --> 00:40:56,916
- Patinar?
- Si, a min dáseme fatal.

496
00:40:58,041 --> 00:40:59,166
Pódesme ensinar.

497
00:41:02,875 --> 00:41:05,416
Pódoche aprender algúns trucos.

498
00:41:10,333 --> 00:41:12,208
Pan redondo fresquiño!

499
00:43:43,958 --> 00:43:45,166
Recoiro!

500
00:43:46,208 --> 00:43:47,916
Vasme matar dun susto.

501
00:43:48,000 --> 00:43:50,125
- Perdón.
- Que fas? Perdícheste?

502
00:43:51,041 --> 00:43:51,875
Non.

503
00:43:52,375 --> 00:43:54,458
Se cadra un chisco.

504
00:43:55,333 --> 00:43:57,958
- Estás perdido ou non?
- Estou.

505
00:43:58,041 --> 00:44:02,000
Pero… logo pensei
que podía mercar unhas postais.

506
00:44:02,083 --> 00:44:02,916
De Nadal.

507
00:44:03,666 --> 00:44:05,000
E ti tes moitas.

508
00:44:05,791 --> 00:44:07,625
Perdícheste e queres postais?

509
00:44:08,541 --> 00:44:09,500
Si.

510
00:44:10,333 --> 00:44:11,375
Que sorte.

511
00:44:11,458 --> 00:44:12,583
Moita sorte.

512
00:44:14,541 --> 00:44:16,041
Nunca oíra tal sandez.

513
00:44:16,916 --> 00:44:18,000
Vale…

514
00:44:20,708 --> 00:44:23,291
Sexa como for, non vendo unidades.

515
00:44:24,291 --> 00:44:25,833
Non queres cen, ou?

516
00:44:25,916 --> 00:44:28,958
Cen? Non, claro que non.

517
00:44:35,625 --> 00:44:37,500
Marcho logo.

518
00:44:50,583 --> 00:44:52,375
Vale, escolle unha.

519
00:44:54,166 --> 00:44:55,666
- Podo?
- Unha soa.

520
00:44:58,083 --> 00:45:00,166
Bule ou arrepentireime.

521
00:45:00,250 --> 00:45:01,375
Vou, si.

522
00:45:02,166 --> 00:45:03,000
Grazas.

523
00:45:04,625 --> 00:45:06,916
- Como te chamas?
- Julian.

524
00:45:07,500 --> 00:45:08,333
Julian.

525
00:45:09,083 --> 00:45:10,500
Eu son Henrik.

526
00:45:11,166 --> 00:45:12,291
Para quen é?

527
00:45:14,458 --> 00:45:16,083
Unha amiga, supoño.

528
00:45:17,416 --> 00:45:19,625
Cal lle pode gustar a ela?

529
00:45:28,916 --> 00:45:31,791
Esta gústame moito.

530
00:45:34,708 --> 00:45:35,875
Tes moitos amigos?

531
00:45:38,166 --> 00:45:39,000
Non.

532
00:45:39,583 --> 00:45:40,583
Só un.

533
00:45:41,375 --> 00:45:42,500
John.

534
00:45:42,583 --> 00:45:45,458
Ou tíñao, logo fixen outra.

535
00:45:46,250 --> 00:45:49,500
Pero agora coido que só teño a outra.

536
00:45:51,583 --> 00:45:54,500
Ter un ou dous bos amigos
é mellor ca cen malos.

537
00:45:56,708 --> 00:45:58,166
Telos que coidar.

538
00:46:01,666 --> 00:46:02,500
Xa.

539
00:46:06,875 --> 00:46:08,125
Outrora coñecía…

540
00:46:10,208 --> 00:46:12,125
un neno coma ti.

541
00:46:12,208 --> 00:46:15,750
Era baixiño para os seus anos
e non se lle daba ben o fútbol.

542
00:46:15,833 --> 00:46:17,666
A min tampouco.

543
00:46:20,166 --> 00:46:23,625
Sabes o que facía
cando todos xogaban no patio?

544
00:46:23,708 --> 00:46:26,791
- Non.
- El quedaba dentro debuxando.

545
00:46:27,416 --> 00:46:29,666
Pasou o colexio debuxando.

546
00:46:32,041 --> 00:46:34,208
E fixo diso o seu traballo.

547
00:46:35,333 --> 00:46:37,208
Ese neno eras ti!

548
00:46:37,291 --> 00:46:38,458
Xustamente.

549
00:46:38,541 --> 00:46:42,041
Débeche de gustar moito o Nadal
para debuxar así.

550
00:46:44,041 --> 00:46:45,625
Antes gustábame, si.

551
00:46:50,541 --> 00:46:51,916
Cala, Martha.

552
00:46:55,041 --> 00:46:55,875
Martha?

553
00:46:57,375 --> 00:46:58,208
Eh?

554
00:46:59,416 --> 00:47:00,583
Chámolle así.

555
00:47:01,458 --> 00:47:04,291
Toda máquina respectable ten nome.

556
00:47:08,791 --> 00:47:10,916
Haite que volver arranxar.

557
00:47:12,416 --> 00:47:13,875
Téñote visto.

558
00:47:16,250 --> 00:47:18,291
No Niño de Inverno.

559
00:47:22,916 --> 00:47:26,125
Teño unha entrega mañá e debo apurar.

560
00:47:27,375 --> 00:47:29,166
Que facías alí?

561
00:47:29,750 --> 00:47:32,833
Tiñas chaves. Por que non entraches?

562
00:47:32,916 --> 00:47:34,250
Afástate desa casa!

563
00:47:34,833 --> 00:47:36,000
- Pero…
- Vaite!

564
00:47:37,166 --> 00:47:38,375
Lisca!

565
00:47:51,333 --> 00:47:52,916
Ola! Estás lista?

566
00:47:55,333 --> 00:47:56,166
Ola!

567
00:47:56,750 --> 00:48:01,083
Trouxen chocolate e galletas
e améndoas confeitadas.

568
00:48:01,166 --> 00:48:03,708
E calcetíns, por se nos mollamos,

569
00:48:03,791 --> 00:48:05,708
e mantas, por se vai frío.

570
00:48:08,416 --> 00:48:10,125
Onde tes os patíns?

571
00:48:11,458 --> 00:48:13,291
Non sei onde os puxen.

572
00:48:13,375 --> 00:48:14,916
Colgados no armario.

573
00:48:15,833 --> 00:48:17,291
Non me lembraba.

574
00:48:17,958 --> 00:48:20,791
- Pero…
- Tamén trouxen rosquillas.

575
00:48:21,291 --> 00:48:24,541
Comémolas antes?
Son máis sas cás galletas.

576
00:48:26,666 --> 00:48:28,916
Estiven co señor outra vez.

577
00:48:29,666 --> 00:48:30,958
Chámase Henrik.

578
00:48:31,458 --> 00:48:33,583
- El…
- Temos que patinar.

579
00:48:34,625 --> 00:48:37,583
- Pero non tes patíns.
- E que?

580
00:48:37,666 --> 00:48:41,625
Unha boa patinadora
faino igual de ben sen patíns.

581
00:48:45,208 --> 00:48:46,041
Toma.

582
00:48:46,833 --> 00:48:48,875
Como vas patinar sen patíns?

583
00:48:48,958 --> 00:48:51,041
Abofé. Mira.

584
00:49:10,291 --> 00:49:13,250
- Non vés ao xeo?
- Non, quedo aquí.

585
00:49:14,208 --> 00:49:15,416
Non pasa nada.

586
00:49:21,500 --> 00:49:23,916
Reláxate. Lembra respirar.

587
00:49:24,458 --> 00:49:25,500
Xa respiro!

588
00:49:25,583 --> 00:49:27,708
Non. Aguantas o aire.

589
00:49:27,791 --> 00:49:30,208
Se non respirase, morrería.

590
00:49:31,583 --> 00:49:33,416
Coma se fose tan doado.

591
00:49:33,500 --> 00:49:35,916
Sería máis fácil contigo aquí.

592
00:49:36,000 --> 00:49:38,375
Pódoche asegurar que non.

593
00:49:38,458 --> 00:49:40,666
Tes que atopar o equilibrio.

594
00:49:41,375 --> 00:49:42,416
Sube o queixo!

595
00:49:42,500 --> 00:49:46,791
- Teño que ver onde piso.
- Non, tes que ver onde vas!

596
00:49:46,875 --> 00:49:49,291
Non onde estás, sempre onde vas.

597
00:49:50,166 --> 00:49:51,208
Estou patinando!

598
00:49:51,291 --> 00:49:53,916
Mira para adiante! Sempre adiante!

599
00:50:05,541 --> 00:50:06,625
Julian, agarda!

600
00:50:08,375 --> 00:50:09,583
Non tan lonxe!

601
00:50:14,583 --> 00:50:16,833
Julian, agarda! Non tan lonxe!

602
00:50:25,958 --> 00:50:29,583
Que pensabas?
Que ía desaparecer no baleiro?

603
00:50:35,916 --> 00:50:37,416
Non vou a ningures.

604
00:50:42,250 --> 00:50:43,916
Boa idea o das mantas.

605
00:50:44,416 --> 00:50:45,916
Xa. Pois si.

606
00:50:49,875 --> 00:50:50,708
Toma.

607
00:50:50,791 --> 00:50:54,041
Para min? Pero xa me deches…

608
00:50:56,000 --> 00:50:57,416
Fíxoa Henrik.

609
00:50:58,041 --> 00:51:00,625
Debuxa moi ben. Non é bonita?

610
00:51:01,500 --> 00:51:02,333
É.

611
00:51:04,208 --> 00:51:07,250
- Moito.
- El xa non daba tanto medo.

612
00:51:07,333 --> 00:51:10,875
Queres patinar máis
ou tes que ir para a casa?

613
00:51:12,000 --> 00:51:13,958
Por que non falas de Henrik?

614
00:51:15,208 --> 00:51:16,875
Ti tampouco contas todo.

615
00:51:17,875 --> 00:51:19,416
Non teño segredos.

616
00:51:21,250 --> 00:51:22,083
Tes, si.

617
00:51:23,000 --> 00:51:26,416
Non me contaches nada de túa irmá.

618
00:51:27,541 --> 00:51:29,333
Pero non me entremeto.

619
00:51:31,708 --> 00:51:33,416
Direicho cando estea lista.

620
00:51:33,500 --> 00:51:36,333
E ti pódesmo contar cando esteas listo.

621
00:51:39,583 --> 00:51:40,750
E se xa estou?

622
00:51:41,666 --> 00:51:42,500
Agora?

623
00:51:43,208 --> 00:51:44,208
Agora, si.

624
00:51:44,875 --> 00:51:48,083
Daquela podo escoitarte cincuenta anos.

625
00:51:54,458 --> 00:51:55,291
Juni…

626
00:51:56,541 --> 00:51:57,375
Ela…

627
00:52:00,875 --> 00:52:02,458
Pasoulle algo.

628
00:52:03,750 --> 00:52:05,541
Non lembro ben cando.

629
00:52:06,541 --> 00:52:09,375
Se cadra cando foi ao instituto.

630
00:52:12,416 --> 00:52:15,500
Empezou a estar…

631
00:52:16,333 --> 00:52:19,291
calada e diferente.

632
00:52:19,875 --> 00:52:21,083
Estaba enferma?

633
00:52:22,208 --> 00:52:26,583
Non era unha enfermidade normal,
coma a gripe ou así.

634
00:52:28,000 --> 00:52:28,833
Ela…

635
00:52:29,666 --> 00:52:31,208
púxose triste.

636
00:52:32,416 --> 00:52:34,208
Estaba sempre na cama

637
00:52:35,208 --> 00:52:36,791
e púxose máis fraca.

638
00:52:37,416 --> 00:52:40,750
Estaba demasiado triste como para comer.

639
00:52:42,208 --> 00:52:44,000
Deixou de ir á clase.

640
00:52:45,625 --> 00:52:48,041
Logo púxose tan fraca

641
00:52:48,125 --> 00:52:50,000
que foi ao hospital.

642
00:52:51,416 --> 00:52:53,333
Pero iso é bo, non si?

643
00:52:53,875 --> 00:52:55,333
É que a axudaron.

644
00:52:58,791 --> 00:53:01,541
Púxose aínda máis fraca

645
00:53:02,083 --> 00:53:04,083
e colleu unha pulmonía.

646
00:53:06,625 --> 00:53:08,333
E logo morreu.

647
00:53:11,083 --> 00:53:13,166
Dicían que non ía pasar.

648
00:53:13,250 --> 00:53:15,208
No hospital dicíano.

649
00:53:15,291 --> 00:53:17,375
Mamá e papá tamén.

650
00:53:20,416 --> 00:53:22,208
Pero pasou.

651
00:53:23,833 --> 00:53:24,708
Oh, Julian.

652
00:53:31,708 --> 00:53:34,916
- Como era antes?
- Que queres dicir?

653
00:53:35,000 --> 00:53:37,791
Como era Juni antes de pórse triste?

654
00:53:40,625 --> 00:53:42,583
A máis alegre de todas.

655
00:53:43,833 --> 00:53:45,000
Moi divertida.

656
00:53:45,875 --> 00:53:46,708
Como?

657
00:53:48,875 --> 00:53:50,541
Non polo que dicía,

658
00:53:50,625 --> 00:53:53,333
era porque o dicía ela.

659
00:53:55,625 --> 00:53:58,458
Cando Juni ría, todos rían.

660
00:53:59,750 --> 00:54:00,958
Ría moi alto.

661
00:54:01,791 --> 00:54:03,291
Tamén era travesa.

662
00:54:03,958 --> 00:54:05,625
Travesa e divertida.

663
00:54:07,166 --> 00:54:10,333
Toda a familia era así cando estaba ela.

664
00:54:11,125 --> 00:54:11,958
Pero…

665
00:54:13,041 --> 00:54:14,916
cando eu tiña pesadelos

666
00:54:15,000 --> 00:54:16,375
e ía á cama dela,

667
00:54:17,125 --> 00:54:19,708
era moi boa.

668
00:54:20,291 --> 00:54:22,500
E quedaba en silencio.

669
00:54:26,208 --> 00:54:29,500
Que sorte que tiveses unha irmá tan boa.

670
00:54:30,166 --> 00:54:31,000
Xa.

671
00:54:34,375 --> 00:54:36,041
E ela ten sorte de terte.

672
00:54:39,125 --> 00:54:40,333
Como dis?

673
00:54:42,041 --> 00:54:43,458
Vive no teu corazón.

674
00:54:44,291 --> 00:54:46,958
E mentres o faga seguirá aquí.

675
00:56:06,500 --> 00:56:08,250
- Ola, cariño.
- Ola.

676
00:56:12,833 --> 00:56:13,916
Ola.

677
00:56:14,958 --> 00:56:16,416
Tiveches bo día?

678
00:56:16,500 --> 00:56:17,750
- Si.
- Si?

679
00:56:21,750 --> 00:56:22,916
De onde saíu iso?

680
00:56:23,000 --> 00:56:25,791
- Do álbum de Juni.
- De Juni?

681
00:56:27,708 --> 00:56:29,250
Por que está aquí?

682
00:56:31,541 --> 00:56:33,791
Non quites cousas do álbum.

683
00:56:34,583 --> 00:56:36,083
Non son cousas, é Juni.

684
00:56:36,166 --> 00:56:38,083
Deixa o álbum onde está.

685
00:56:38,166 --> 00:56:40,125
- Tanto che custa?
- Lina…

686
00:56:46,208 --> 00:56:49,250
Non quero que mo lembre todo o tempo.

687
00:56:50,500 --> 00:56:53,416
Non podemos pasar por aí
e lembrar o que doe.

688
00:56:53,916 --> 00:56:54,750
Pero…

689
00:56:56,416 --> 00:56:57,791
case todo era bo.

690
00:56:59,875 --> 00:57:01,041
Con Juni.

691
00:57:01,125 --> 00:57:04,125
- Case todo era bo con Juni.
- Certo.

692
00:57:04,708 --> 00:57:07,583
Certo. Mamá non quería dicir iso.

693
00:57:07,666 --> 00:57:08,500
Oe…

694
00:57:13,666 --> 00:57:17,375
Juni non vai volver
malia que poñamos fotos dela.

695
00:57:18,208 --> 00:57:20,250
- Tampouco o creo.
- Non.

696
00:57:21,333 --> 00:57:23,875
Pero temos que atopar o xeito

697
00:57:23,958 --> 00:57:25,375
de pasar páxina.

698
00:57:26,666 --> 00:57:29,458
E iso non vai suceder…

699
00:57:30,333 --> 00:57:33,958
Non podemos
se seguimos a pensar no que pasou.

700
00:57:35,500 --> 00:57:36,708
En todo.

701
00:57:39,125 --> 00:57:40,166
Entendes?

702
00:57:41,333 --> 00:57:42,208
Talvez.

703
00:57:42,958 --> 00:57:43,791
Ben.

704
00:57:44,666 --> 00:57:46,041
Nunca estás na casa.

705
00:57:46,125 --> 00:57:51,166
Non penso que sexa bo
que pases tanto tempo no cemiterio só.

706
00:57:52,541 --> 00:57:54,083
Nunca imos xuntos.

707
00:57:56,166 --> 00:57:58,458
Nunca queredes ir.

708
00:58:04,500 --> 00:58:06,500
Imos gardar isto, Augusta.

709
00:58:15,416 --> 00:58:16,458
Julian?

710
00:58:18,875 --> 00:58:20,333
Julian, agarda!

711
00:58:22,833 --> 00:58:23,666
Ola.

712
00:58:26,375 --> 00:58:27,541
Ía á túa casa.

713
00:58:35,583 --> 00:58:36,458
Canta neve.

714
00:58:43,541 --> 00:58:45,583
Por que só falas do tempo?

715
00:58:47,375 --> 00:58:50,166
Só os maiores falan tanto do tempo.

716
00:58:50,666 --> 00:58:51,875
Pode ser.

717
00:58:51,958 --> 00:58:54,291
Podemos falar doutra cousa?

718
00:58:59,291 --> 00:59:01,041
Falemos doutra cousa.

719
00:59:14,750 --> 00:59:15,625
Toma.

720
00:59:18,250 --> 00:59:19,083
Grazas.

721
00:59:21,333 --> 00:59:22,625
E bo Nadal.

722
00:59:24,291 --> 00:59:25,666
Non vai ser bo.

723
00:59:27,250 --> 00:59:29,791
O Nadal xa nunca vai ser bo.

724
00:59:34,500 --> 00:59:35,958
Teño que marchar.

725
00:59:58,500 --> 00:59:59,583
Ola, Julian.

726
01:00:12,541 --> 01:00:15,041
Pensei moito en ti, e en Juni.

727
01:00:16,375 --> 01:00:18,416
Oxalá a coñecese.

728
01:00:19,000 --> 01:00:22,791
Parece moi divertida e boa,
unha irmá marabillosa.

729
01:00:23,291 --> 01:00:26,000
Que aspecto tiña? Parecíase a ti?

730
01:00:26,083 --> 01:00:28,916
Nadaba tamén ou facía outra cousa?

731
01:00:29,000 --> 01:00:31,500
Patinar, esquiar… Non, agarda!

732
01:00:32,041 --> 01:00:32,916
Debuxaba!

733
01:00:33,500 --> 01:00:36,041
Presinto que debuxaba moi ben.

734
01:00:36,125 --> 01:00:37,375
Preguntas moito,

735
01:00:37,458 --> 01:00:40,083
pero non agardas polas respostas.

736
01:00:40,166 --> 01:00:41,166
Non.

737
01:00:43,041 --> 01:00:44,875
Iso dicía meu irmán.

738
01:00:44,958 --> 01:00:46,833
Queres saber de min,

739
01:00:46,916 --> 01:00:49,166
pero non contas nada de ti.

740
01:00:52,125 --> 01:00:53,583
Eu inténtoo.

741
01:00:57,208 --> 01:00:58,416
Non é doado.

742
01:00:58,500 --> 01:00:59,916
Tan difícil é?

743
01:01:02,708 --> 01:01:04,458
Por que estás sempre soa?

744
01:01:05,166 --> 01:01:07,458
Por que non vin a túa familia?

745
01:01:09,291 --> 01:01:10,958
E por que "dicía"?

746
01:01:11,833 --> 01:01:15,125
- Que?
- Teu irmán "dicía" iso.

747
01:01:15,208 --> 01:01:18,083
Xa non o di? Morreu ou algo?

748
01:01:21,333 --> 01:01:23,083
Tócache a ti falar.

749
01:01:27,416 --> 01:01:28,416
Non podo.

750
01:01:30,875 --> 01:01:32,916
Pois non podemos ser amigos.

751
01:01:33,750 --> 01:01:34,583
Como?

752
01:01:34,666 --> 01:01:38,083
Non quero ser amigo teu
se non me contas nada.

753
01:01:39,208 --> 01:01:40,041
Pero…

754
01:01:41,083 --> 01:01:43,583
Pero tes que selo. Precisámonos.

755
01:01:43,666 --> 01:01:46,208
Non preciso amigas que non son sinceras.

756
01:01:46,791 --> 01:01:49,500
Non o entendes. Non é iso.

757
01:01:49,583 --> 01:01:51,083
Todo é doado para ti.

758
01:01:51,958 --> 01:01:55,750
Tes unha casa fermosa,
tomas chocolate e pásalo ben.

759
01:01:55,833 --> 01:01:58,583
Eu síntome fatal. Todo está fatal.

760
01:01:58,666 --> 01:02:01,583
Dis que podo amañalo, pero é ridículo.

761
01:02:01,666 --> 01:02:04,666
Todo vai peor. E non es sincera comigo.

762
01:02:05,541 --> 01:02:07,791
Pero se cho conto, entón…

763
01:02:07,875 --> 01:02:11,000
- Entón que?
- Non podo.

764
01:02:14,875 --> 01:02:16,208
Non, non marches.

765
01:02:17,000 --> 01:02:17,833
Por favor.

766
01:02:18,791 --> 01:02:20,291
Julian, para.

767
01:02:22,583 --> 01:02:25,041
- Es o único…
- Marcho se quero.

768
01:02:25,125 --> 01:02:27,125
- Xa non somos amigos.
- Non.

769
01:02:27,833 --> 01:02:29,958
Julian, non marches!

770
01:02:30,500 --> 01:02:32,875
Julian!

771
01:02:33,666 --> 01:02:35,875
Julian!

772
01:02:49,291 --> 01:02:50,125
Hedvig!

773
01:02:52,541 --> 01:02:53,375
Hedvig?

774
01:02:54,833 --> 01:02:55,791
Hedvig!

775
01:03:02,041 --> 01:03:03,291
Veña, ho!

776
01:03:07,750 --> 01:03:10,708
Perdón! Hedvig! Perdóame!

777
01:03:10,791 --> 01:03:13,500
Por favor, abre. Hedvig!

778
01:04:16,958 --> 01:04:18,666
Xa te teño! Sae!

779
01:04:20,000 --> 01:04:21,041
Julian?

780
01:04:21,916 --> 01:04:24,458
Que raio…? Díxenche que non viñeses.

781
01:04:26,708 --> 01:04:27,708
Síntoo.

782
01:04:28,833 --> 01:04:31,208
É a miña casa. Non podes vir.

783
01:04:33,125 --> 01:04:34,333
A túa casa?

784
01:04:34,916 --> 01:04:37,041
Pero non vives aquí?

785
01:04:38,791 --> 01:04:41,041
Non. Xa non, por desgraza.

786
01:04:41,125 --> 01:04:42,333
Por que non?

787
01:04:47,750 --> 01:04:49,541
Miña irmá apoderouse dela.

788
01:04:50,416 --> 01:04:53,375
É coma se estivese aquí, nesta casa.

789
01:04:55,416 --> 01:04:56,541
Túa irmá?

790
01:04:58,625 --> 01:04:59,708
Si.

791
01:05:00,750 --> 01:05:01,666
Hedvig.

792
01:05:03,000 --> 01:05:04,416
Miña irmá pequena.

793
01:05:05,000 --> 01:05:06,041
Hedvig?

794
01:05:08,500 --> 01:05:09,791
- Si.
- Pero…

795
01:05:10,875 --> 01:05:11,875
Onde está?

796
01:05:21,083 --> 01:05:22,333
Está morta.

797
01:05:24,750 --> 01:05:25,583
Morta?

798
01:05:27,916 --> 01:05:30,625
Morreu a véspera da Noiteboa hai 50 anos.

799
01:05:32,833 --> 01:05:34,208
Non pode ser.

800
01:05:36,208 --> 01:05:38,916
O que? Tiña unha irmá e morreu.

801
01:05:39,000 --> 01:05:41,250
Non tiñas unha irmá. Mentes!

802
01:05:41,958 --> 01:05:44,291
Julian. Julian!

803
01:05:45,791 --> 01:05:46,625
Julian!

804
01:06:20,666 --> 01:06:22,125
Olav Askeland.

805
01:06:23,291 --> 01:06:24,458
Katrine Møller.

806
01:06:25,625 --> 01:06:28,333
Jens Halvdan Larsen.

807
01:06:39,916 --> 01:06:40,750
Hedvig.

808
01:07:05,541 --> 01:07:06,541
Non.

809
01:08:05,125 --> 01:08:07,250
MARTE
22 DE DECEMBRO

810
01:08:14,541 --> 01:08:15,375
Ola.

811
01:08:16,291 --> 01:08:18,333
- Non podes durmir?
- Non.

812
01:08:19,333 --> 01:08:20,666
Penso no Nadal.

813
01:08:21,666 --> 01:08:22,708
Ai, si?

814
01:08:22,791 --> 01:08:25,416
Non vai haber Nadal sen Juni.

815
01:08:27,041 --> 01:08:28,166
Tamén o penso.

816
01:08:29,208 --> 01:08:31,833
Non vai volver, non si?

817
01:08:34,375 --> 01:08:37,041
Non, non vai volver.

818
01:08:40,750 --> 01:08:41,666
Vale.

819
01:08:50,333 --> 01:08:52,583
Queres durmir na miña cama?

820
01:08:57,000 --> 01:08:59,291
- Ou queredes?
- Si.

821
01:08:59,875 --> 01:09:02,958
Dálle as boas noites
ao mellor irmán do mundo, Teddy.

822
01:09:44,625 --> 01:09:46,458
XÚPITER
23 DE DECEMBRO

823
01:09:47,583 --> 01:09:50,250
- Ti durme.
- Onde vas?

824
01:09:51,000 --> 01:09:52,541
Teño que facer algo.

825
01:09:53,750 --> 01:09:56,416
- O que?
- Non preguntes tanto.

826
01:09:56,500 --> 01:09:59,291
Mañá é Noiteboa. E se teño segredos?

827
01:09:59,375 --> 01:10:01,916
- Noiteboa?
- Si, Noiteboa.

828
01:10:02,000 --> 01:10:03,541
Ímola celebrar?

829
01:10:04,208 --> 01:10:06,166
Ti non te rendas.

830
01:10:06,250 --> 01:10:07,708
Non te rendas.

831
01:10:28,458 --> 01:10:29,500
Julian?

832
01:10:29,583 --> 01:10:32,166
Igual me podías axudar con algo.

833
01:10:32,250 --> 01:10:33,208
Abofé.

834
01:10:36,791 --> 01:10:39,291
Non te quería asustar así.

835
01:10:41,083 --> 01:10:42,875
Estaba moi triste e…

836
01:10:42,958 --> 01:10:45,041
Ao verte asusteime tamén.

837
01:10:47,000 --> 01:10:49,583
O chan está podre. Podías caer.

838
01:10:51,375 --> 01:10:52,208
Pero…

839
01:10:53,208 --> 01:10:55,125
por que estabas triste?

840
01:11:00,125 --> 01:11:02,833
Sempre me poño triste. O Niño de Inverno…

841
01:11:03,625 --> 01:11:06,708
Penso en Hedvig e que talvez foi a miña…

842
01:11:10,083 --> 01:11:10,916
A túa que?

843
01:11:16,166 --> 01:11:18,291
Pasou hai 50 anos xustos.

844
01:11:19,583 --> 01:11:21,000
Fai hoxe 50 anos.

845
01:11:25,208 --> 01:11:28,250
Elixiramos unha árbore de Nadal xuntos.

846
01:11:28,750 --> 01:11:32,458
Iámola adornar os catro aquela tarde.

847
01:11:32,958 --> 01:11:36,708
Só quedaba iso.
O resto da casa estaba adornada.

848
01:11:37,625 --> 01:11:39,708
Non sabes o fermosa que estaba.

849
01:11:41,041 --> 01:11:42,500
Fágome unha idea.

850
01:11:46,208 --> 01:11:48,041
Entón nós fomos xogar.

851
01:11:48,541 --> 01:11:51,333
Meus pais foran mercar unhas cousas.

852
01:11:51,416 --> 01:11:55,208
Daquela adoitabamos ir patinar ao fiorde.

853
01:11:56,083 --> 01:11:57,750
Os nenos iamos alí.

854
01:12:01,333 --> 01:12:03,875
Ela levaba o seu abrigo vermello.

855
01:12:04,375 --> 01:12:06,333
E comezou a dar voltas,

856
01:12:07,125 --> 01:12:08,625
coma unha buxaina.

857
01:12:09,333 --> 01:12:10,791
Patinaba moi ben.

858
01:12:11,458 --> 01:12:13,458
Non pretendía afastarse tanto.

859
01:12:14,166 --> 01:12:15,791
Non era fachendosa.

860
01:12:17,083 --> 01:12:18,708
Emocionouse de máis.

861
01:12:20,791 --> 01:12:22,208
E eu…

862
01:12:26,625 --> 01:12:28,250
Estaba a outra cousa.

863
01:12:29,333 --> 01:12:31,208
Berrei, pero non me oíu.

864
01:12:32,666 --> 01:12:33,958
E logo…

865
01:12:37,458 --> 01:12:38,708
Deu cun burato.

866
01:12:40,791 --> 01:12:43,500
Un burato no xeo.

867
01:12:44,958 --> 01:12:47,416
E non sabía nadar?

868
01:12:50,958 --> 01:12:54,750
Non. Corrín todo o que puiden,
pero xa era tarde.

869
01:12:57,458 --> 01:12:58,833
Moveu os brazos e…

870
01:13:04,541 --> 01:13:06,041
desapareceu sen máis.

871
01:13:08,958 --> 01:13:10,333
Sen facer ruído.

872
01:13:13,791 --> 01:13:16,875
Atopámola uns quilómetros abaixo
o día seguinte.

873
01:13:17,583 --> 01:13:19,833
Estaba alí cos patíns postos.

874
01:13:26,291 --> 01:13:28,250
Non celebro o Nadal dende entón.

875
01:13:28,833 --> 01:13:30,833
Quedo aquí e fago postais.

876
01:13:33,708 --> 01:13:34,791
Ano tras ano.

877
01:13:37,875 --> 01:13:40,833
Pero non é culpa túa.

878
01:13:50,791 --> 01:13:52,250
Ás veces penso…

879
01:13:54,916 --> 01:13:56,875
que está enfadada comigo.

880
01:13:58,666 --> 01:14:01,500
Ou decepcionada. E que por iso…

881
01:14:03,458 --> 01:14:06,625
Por iso non pode avanzar na morte

882
01:14:09,333 --> 01:14:13,458
e nunca poderá atopar paz e deixar…

883
01:14:14,083 --> 01:14:15,583
este mundo.

884
01:14:19,625 --> 01:14:20,791
Se cadra a ela…

885
01:14:21,708 --> 01:14:23,708
gústalle moito vivir.

886
01:14:23,791 --> 01:14:25,458
Que lle gusta vivir?

887
01:14:27,708 --> 01:14:28,833
Si, pode ser.

888
01:14:34,375 --> 01:14:39,041
Si, miña irmaíña
estaba extraordinariamente chea de vida.

889
01:14:48,166 --> 01:14:49,916
Es moi listo, Julian.

890
01:14:58,000 --> 01:15:00,375
- E logo precisas axuda?
- Si.

891
01:15:07,083 --> 01:15:10,166
- Quen é Juni?
- Miña irmá maior.

892
01:15:11,625 --> 01:15:13,500
Tamén morreu.

893
01:15:17,708 --> 01:15:18,958
Querido Julian,

894
01:15:19,583 --> 01:15:23,000
non deches co Niño de Inverno
por casualidade.

895
01:15:28,666 --> 01:15:31,166
Cólleme esa caixa de papeis.

896
01:15:31,250 --> 01:15:32,875
Son da mellor calidade.

897
01:15:32,958 --> 01:15:36,291
Imos facer as postais
máis fermosas que imaxines.

898
01:15:37,166 --> 01:15:38,458
- Esa foto.
- Esa.

899
01:15:38,541 --> 01:15:40,958
- E esa.
- Si, si.

900
01:15:42,250 --> 01:15:44,250
- Sae moi ben nesta.
- Si.

901
01:15:52,416 --> 01:15:54,375
- Quita os zapatos.
- Vou.

902
01:16:01,833 --> 01:16:04,916
Oh! Vaia, estas postais son fermosas.

903
01:16:05,791 --> 01:16:07,666
Postais de Juni! E de Nadal!

904
01:16:07,750 --> 01:16:11,208
Podo quedar con esta? Julian, podo?

905
01:16:12,958 --> 01:16:14,083
É fermosa.

906
01:16:14,708 --> 01:16:16,500
Julian, podo collela?

907
01:16:16,583 --> 01:16:17,958
Claro, abofé.

908
01:16:20,625 --> 01:16:23,416
- E esta?
- Podes quedar con ela.

909
01:16:26,083 --> 01:16:28,833
Mamá, mira! É Juni. Adornos de Juni!

910
01:16:38,083 --> 01:16:39,416
Dicide algo.

911
01:16:41,375 --> 01:16:43,458
Por que non dicides nada?

912
01:16:44,333 --> 01:16:46,375
Dicides que precisamos tempo.

913
01:16:47,541 --> 01:16:49,666
Pero o tempo apágavos máis.

914
01:16:52,333 --> 01:16:54,458
Non quero finxir que non pasou nada

915
01:16:56,000 --> 01:16:59,166
nin esquecer o triste que estou
nin canto a estraño.

916
01:16:59,250 --> 01:17:02,458
Tampouco quero esquecer
o triste que estaba ela

917
01:17:02,541 --> 01:17:04,125
nin o alegre que era.

918
01:17:04,625 --> 01:17:06,333
Quero lembralo todo.

919
01:17:06,416 --> 01:17:08,958
Juni sempre vai estar aquí.

920
01:17:09,833 --> 01:17:12,416
Os que morren non desaparecen.

921
01:17:12,500 --> 01:17:14,875
Seguen aquí se os lembramos.

922
01:17:16,125 --> 01:17:17,291
Para sempre.

923
01:17:21,083 --> 01:17:24,750
Por iso decidín que non precisamos tempo.

924
01:17:25,500 --> 01:17:27,458
Non imos finxir que non pasou.

925
01:17:27,541 --> 01:17:30,083
Imos ver fotos e lembrala.

926
01:17:31,250 --> 01:17:34,041
Lembrades as loucuras que facía?

927
01:17:34,750 --> 01:17:37,541
Lembrades como bailaba ao camiñar

928
01:17:37,625 --> 01:17:39,500
e como cantaba ao falar?

929
01:17:41,458 --> 01:17:43,208
Lembrades como ría?

930
01:17:46,750 --> 01:17:47,833
Non o lembrades?

931
01:17:52,083 --> 01:17:53,666
Eu lémbroo, Julian.

932
01:17:54,625 --> 01:17:57,375
- Lémbroo.
- Claro que o lembramos.

933
01:17:58,666 --> 01:18:01,041
- Lembrámolo, pero…
- Non!

934
01:18:01,125 --> 01:18:02,375
Non máis "peros".

935
01:18:02,458 --> 01:18:04,208
Así imos pasar o Nadal?

936
01:18:04,291 --> 01:18:06,166
Así vai ser?

937
01:18:06,250 --> 01:18:08,125
Juni non querería iso.

938
01:18:21,458 --> 01:18:24,208
- A onde vas?
- Axudar a unha amiga.

939
01:18:50,958 --> 01:18:51,791
Hedvig.

940
01:18:55,500 --> 01:18:56,916
Sinto o que dixen.

941
01:18:58,250 --> 01:19:00,333
Aínda quero ser amigo teu.

942
01:19:07,041 --> 01:19:08,500
Non é culpa túa.

943
01:19:19,041 --> 01:19:22,041
É. Non debín dicir esas cousas feas.

944
01:19:23,083 --> 01:19:25,000
É culpa miña seguir aquí.

945
01:19:27,375 --> 01:19:29,833
É que me dá moito medo morrer.

946
01:19:31,333 --> 01:19:32,833
A vida era fermosa.

947
01:19:33,791 --> 01:19:35,583
Encantábame vivir.

948
01:19:37,166 --> 01:19:38,041
Xa.

949
01:19:38,125 --> 01:19:41,625
Pensaba que se quedaba aquí
entre os vivos,

950
01:19:41,708 --> 01:19:44,333
podía seguir vivindo dalgún xeito.

951
01:19:45,291 --> 01:19:46,166
Sabes?

952
01:19:49,000 --> 01:19:49,958
Supoño.

953
01:19:50,541 --> 01:19:52,333
Agardei e agardei e…

954
01:19:53,666 --> 01:19:57,583
Antes de que chegases
ninguén me podía ver.

955
01:19:58,708 --> 01:20:00,458
Ninguén me podía oír.

956
01:20:02,791 --> 01:20:04,166
Agás meu irmán.

957
01:20:04,750 --> 01:20:07,125
Intentaba contactar con el.

958
01:20:07,208 --> 01:20:10,083
Algunhas veces conseguino, penso.

959
01:20:10,166 --> 01:20:12,458
- Púñame moi contenta.
- Pero…

960
01:20:14,166 --> 01:20:16,000
el púñase triste.

961
01:20:18,916 --> 01:20:21,708
Non. Eu non quería iso.

962
01:20:22,291 --> 01:20:24,333
Pensa que o que che pasou…

963
01:20:26,875 --> 01:20:28,125
foi culpa del.

964
01:20:28,833 --> 01:20:32,625
Foi que me emocionei.
Estaba a pasalo moi ben.

965
01:20:32,708 --> 01:20:35,000
Pensa que estás enfadada con el,

966
01:20:35,083 --> 01:20:38,333
que por iso aínda estás aquí.

967
01:20:40,458 --> 01:20:41,958
Pero non é así.

968
01:20:43,916 --> 01:20:45,541
Pois tes que avanzar.

969
01:20:51,541 --> 01:20:52,750
Ti queres iso?

970
01:20:59,333 --> 01:21:00,750
Pero é o mellor.

971
01:21:23,958 --> 01:21:24,875
Veña.

972
01:21:25,541 --> 01:21:26,666
Vamos xuntos.

973
01:21:35,166 --> 01:21:36,791
Non o teño que facer.

974
01:21:39,291 --> 01:21:42,458
Non, non o teño que facer.

975
01:21:44,125 --> 01:21:46,000
Podo quedar máis tempo.

976
01:21:49,500 --> 01:21:51,125
Deica mañá, polo menos.

977
01:21:51,958 --> 01:21:52,958
Pasar o Nadal.

978
01:21:53,916 --> 01:21:54,958
Non podo?

979
01:21:56,458 --> 01:22:00,208
Podemos ir ao Niño de Inverno
e tomar chocolate.

980
01:22:00,750 --> 01:22:02,041
Por derradeira vez.

981
01:22:02,125 --> 01:22:04,625
Podemos? Por favor.

982
01:22:05,458 --> 01:22:07,625
Xa non vexo o Niño de Inverno.

983
01:22:08,291 --> 01:22:09,458
Non como era.

984
01:22:10,791 --> 01:22:14,500
E axiña non te vou poder ver a ti.

985
01:22:14,583 --> 01:22:16,666
E logo volverás estar soa.

986
01:22:17,750 --> 01:22:18,583
É que…

987
01:22:20,041 --> 01:22:22,041
non quero desaparecer.

988
01:22:27,916 --> 01:22:29,500
Non vas desaparecer.

989
01:22:30,541 --> 01:22:34,541
Sempre vas vivir no meu corazón, con Juni.

990
01:22:43,916 --> 01:22:46,041
Voute estrañar moitísimo.

991
01:23:00,583 --> 01:23:03,958
- Sempre que neve, pensa en min.
- Si.

992
01:23:05,000 --> 01:23:06,875
Es a miña irmá de neve.

993
01:23:08,250 --> 01:23:10,250
Son, si.

994
01:23:11,750 --> 01:23:14,708
Adeus, irmá de neve. Volverémonos ver.

995
01:23:17,875 --> 01:23:19,500
Volverémonos ver.

996
01:25:53,166 --> 01:26:00,166
XÚPITER
23 DE DECEMBRO

997
01:26:14,916 --> 01:26:21,916
SATURNO
24 DE DECEMBRO

998
01:26:25,041 --> 01:26:27,041
- Ten purpurina.
- Ten.

999
01:26:28,708 --> 01:26:30,416
- E esa?
- Si.

1000
01:26:30,500 --> 01:26:31,416
Esa? Si.

1001
01:26:33,916 --> 01:26:37,333
- Si, cóllea. Cólgaa tamén.
- Vale.

1002
01:26:40,541 --> 01:26:42,583
- E se a colgas aquí?
- Si.

1003
01:26:43,333 --> 01:26:44,666
Cóllea. E esta.

1004
01:26:44,750 --> 01:26:47,791
- Que bonito!
- Si, é moi bonito.

1005
01:26:54,375 --> 01:26:55,208
Vaia!

1006
01:26:56,041 --> 01:26:59,250
Feliz aniversario e bo Nadal!

1007
01:26:59,333 --> 01:27:01,958
Feliz aniversario, Neno do Nadal.

1008
01:27:02,041 --> 01:27:04,541
E bo Nadal, neno de aniversario.

1009
01:27:08,375 --> 01:27:11,041
- Toma, Augusta.
- Así. Agarda.

1010
01:27:11,791 --> 01:27:15,041
- Non!
- Esa era miña. Feliz aniversario.

1011
01:27:15,708 --> 01:27:17,500
- Vai frío fóra.
- Aí.

1012
01:27:17,583 --> 01:27:20,583
Faime ilusión escoitar cantar a Julian.

1013
01:27:20,666 --> 01:27:22,583
Vai ser incrible.

1014
01:27:22,666 --> 01:27:24,125
Non está aí.

1015
01:27:24,208 --> 01:27:26,000
Perdín un zapato.

1016
01:27:26,083 --> 01:27:27,291
No armario, Erik.

1017
01:27:27,958 --> 01:27:29,291
- No armario.
- Aquí?

1018
01:27:29,875 --> 01:27:32,000
Non mirei aquí? Mirei.

1019
01:27:32,083 --> 01:27:32,958
Velaí!

1020
01:27:35,750 --> 01:27:37,375
- Velaí.
- Axuda co lazo.

1021
01:27:37,458 --> 01:27:39,583
- Non me sae…
- Nunca vas aprender.

1022
01:27:39,666 --> 01:27:42,166
Por que vai arredor do pescozo?

1023
01:27:42,250 --> 01:27:43,416
- Ben?
- Si.

1024
01:27:43,500 --> 01:27:46,250
PARA JULIAN DE JOHN
FELIZ ANIVERSARIO

1025
01:27:46,333 --> 01:27:49,583
QUE ESTEA CHEO
DE NEVE BOA PARA FACER BÓLAS

1026
01:27:56,083 --> 01:27:57,916
Si. Temos que apurar.

1027
01:28:04,166 --> 01:28:06,250
Isto é coma flotar.

1028
01:28:07,083 --> 01:28:09,666
Subo e volvo baixar.

1029
01:28:11,375 --> 01:28:13,166
Síntome viva

1030
01:28:14,541 --> 01:28:16,958
cando me miras.

1031
01:28:18,500 --> 01:28:23,000
E sempre estarei preto.

1032
01:28:23,833 --> 01:28:27,750
Preto.

1033
01:28:47,166 --> 01:28:49,291
Mirámoste. Víchesnos?

1034
01:28:49,375 --> 01:28:50,416
Si?

1035
01:28:58,833 --> 01:28:59,666
Oe!

1036
01:29:01,000 --> 01:29:03,333
- Ola.
- Está a nevar.

1037
01:29:04,000 --> 01:29:04,833
Si.

1038
01:29:05,750 --> 01:29:09,208
Moito. Dá para facer boas bólas de neve.

1039
01:29:12,041 --> 01:29:13,625
Falas do tempo?

1040
01:29:16,166 --> 01:29:17,125
Seica si.

1041
01:29:24,083 --> 01:29:26,000
- Pelexa de bólas!
- Si!

1042
01:29:28,625 --> 01:29:30,041
Hedvig tiña razón.

1043
01:29:30,583 --> 01:29:34,208
Arrepentiríame toda a vida
de non facernos amigos.

1044
01:29:34,291 --> 01:29:36,916
- Voucha devolver!
- Malia perdela.

1045
01:29:37,750 --> 01:29:38,750
Vale!

1046
01:29:38,833 --> 01:29:41,166
Ensinoume que nada desaparece.

1047
01:29:42,083 --> 01:29:43,875
A neve vólvese auga.

1048
01:29:43,958 --> 01:29:45,666
E a auga, bágoas.

1049
01:29:46,416 --> 01:29:47,375
Ou neve.

1050
01:29:48,416 --> 01:29:51,333
E se de verdade queres a alguén,

1051
01:29:51,416 --> 01:29:53,500
nunca desaparece de todo.

1052
01:29:55,708 --> 01:29:58,625
- Bo Nadal.
- Bo Nadal.

1053
01:29:58,708 --> 01:30:02,041
Un ollar, só un máis.

1054
01:30:02,125 --> 01:30:05,666
Un baile e podo marchar.

1055
01:30:05,750 --> 01:30:09,083
Hoxe brilla o luar.

1056
01:30:09,166 --> 01:30:11,916
Deixo todo atrás.

1057
01:30:19,416 --> 01:30:22,333
Dou un paso ao alén.

1058
01:30:22,833 --> 01:30:25,958
Busco calma no que sei.

1059
01:30:26,041 --> 01:30:29,583
Así ten que ser,
coma o día e a noite.

1060
01:30:29,666 --> 01:30:32,500
Deixo todo atrás.

1061
01:30:38,250 --> 01:30:43,333
Douche unha foto
para que me lembres ao vernos.

1062
01:30:47,166 --> 01:30:49,500
Eu nunca te esquecerei,

1063
01:30:50,583 --> 01:30:53,500
alá onde vaia.

1064
01:30:54,250 --> 01:30:56,416
Ben sei que me sentes

1065
01:30:57,833 --> 01:31:00,500
canda ti

1066
01:31:01,125 --> 01:31:03,458
porque sempre estarei…

1067
01:31:06,541 --> 01:31:09,666
preto.

1068
01:31:17,666 --> 01:31:20,250
As paredes lembran.

1069
01:31:20,875 --> 01:31:23,791
Cae unha folerpa.

1070
01:31:24,375 --> 01:31:27,291
Son libre e vivirei

1071
01:31:27,791 --> 01:31:30,791
dentro de ti, sempre.

1072
01:31:36,541 --> 01:31:41,750
Fai unha foto
para que me lembres ao vernos.

1073
01:31:45,250 --> 01:31:47,666
Eu nunca te esquecerei,

1074
01:31:48,791 --> 01:31:51,791
alá onde vaia.

1075
01:31:52,541 --> 01:31:54,708
Ben sei que me sentes

1076
01:31:56,250 --> 01:31:58,750
canda ti

1077
01:31:59,375 --> 01:32:01,875
porque sempre estarei…

1078
01:32:04,833 --> 01:32:07,750
preto.

1079
01:32:19,875 --> 01:32:22,083
Eu nunca te esquecerei.

1080
01:32:25,750 --> 01:32:29,166
Xúroo, alá onde vaia.

1081
01:32:29,250 --> 01:32:32,541
Xúroo, sempre estarei canda ti.

1082
01:32:32,625 --> 01:32:36,125
Promete que te me vas coidar, amigo.

1083
01:32:37,125 --> 01:32:39,375
Volverémonos atopar.

1084
01:32:39,458 --> 01:32:42,875
Xúroo, alá onde vaia.

1085
01:32:42,958 --> 01:32:46,291
Xúroo, sempre estarei canda ti.

1086
01:32:46,375 --> 01:32:50,041
Promete que te me vas coidar, amigo.

1087
01:32:50,875 --> 01:32:53,041
Volverémonos atopar.

1088
01:32:53,125 --> 01:32:56,625
Xúroo, alá onde vaia.

1089
01:32:56,708 --> 01:33:00,000
Xúroo, sempre estarei canda ti.

1090
01:33:00,083 --> 01:33:03,666
Promete que te me vas coidar, amigo.

1091
01:33:04,541 --> 01:33:07,083
Volverémonos atopar.

1092
01:35:45,666 --> 01:35:47,666
Subtítulos: Lucía Doval



