1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:02:17,666 --> 00:02:18,500
Merda!

4
00:02:21,250 --> 00:02:22,291
Cago na hostia!

5
00:02:31,875 --> 00:02:32,916
Non me tolees.

6
00:02:47,666 --> 00:02:48,541
Eh!

7
00:02:50,666 --> 00:02:52,458
Que carallo fas aquí?

8
00:02:54,458 --> 00:02:55,291
Ola?

9
00:02:57,666 --> 00:03:00,291
Non vendo a miña historia, se vés por iso.

10
00:03:00,375 --> 00:03:01,416
Lisca!

11
00:03:02,875 --> 00:03:03,875
Que lisque?

12
00:03:05,458 --> 00:03:06,833
Que lisque eu?

13
00:03:08,041 --> 00:03:08,875
O…

14
00:03:10,541 --> 00:03:12,000
O terreo é meu, sabes?

15
00:03:12,958 --> 00:03:13,791
Lisca ti.

16
00:03:21,000 --> 00:03:22,708
Ai, mi madriña.

17
00:03:34,500 --> 00:03:35,875
Levaba documentación?

18
00:03:37,083 --> 00:03:39,916
Non, pero cremos
que é o fillo da señora Georgia.

19
00:03:41,666 --> 00:03:42,500
Vale.

20
00:03:54,666 --> 00:03:56,875
Dixo algo antes de chimparse?

21
00:03:57,916 --> 00:03:58,750
Pouca cousa.

22
00:04:00,333 --> 00:04:02,666
A ver, estando onde estamos…

23
00:04:03,458 --> 00:04:04,791
Que quere dicir?

24
00:04:06,958 --> 00:04:08,416
Cando chegou vostede?

25
00:04:08,500 --> 00:04:10,875
Pois haberá un par de días.

26
00:04:10,958 --> 00:04:12,000
De vacacións?

27
00:04:12,083 --> 00:04:15,583
Non, o certo é que me mudei aquí.
Acabo de mercar esta casa.

28
00:04:17,166 --> 00:04:19,000
- Que mercou esta casa?
- Si.

29
00:04:21,958 --> 00:04:23,583
A ti que che pasa?

30
00:04:24,083 --> 00:04:25,041
Arrea!

31
00:04:29,166 --> 00:04:30,208
Vive só?

32
00:04:30,291 --> 00:04:31,250
Si.

33
00:04:31,333 --> 00:04:32,791
- Non está casado?
- Non.

34
00:04:33,541 --> 00:04:36,000
- Fillos?
- Non teño fillos. Estou só.

35
00:04:36,083 --> 00:04:39,791
Buscoulle a casa unha mesiti,
unha axencia inmobiliaria?

36
00:04:39,875 --> 00:04:41,541
Si, estaba moi ben de prezo.

37
00:04:44,666 --> 00:04:45,666
- Que?
- Señor…?

38
00:04:45,750 --> 00:04:46,583
John.

39
00:04:46,666 --> 00:04:48,291
Señor John, chámome Manoli.

40
00:04:48,958 --> 00:04:50,208
Esta zona é…

41
00:04:50,291 --> 00:04:52,166
Comisario, é Vangelis.

42
00:04:53,041 --> 00:04:54,208
Vaia por Cristo.

43
00:04:55,375 --> 00:04:58,791
Vale. Xa paso eu despois
pola casa da señora Georgia.

44
00:05:00,666 --> 00:05:01,500
Esta zona…

45
00:05:01,583 --> 00:05:03,250
É mellor que vaia co cura.

46
00:05:03,333 --> 00:05:04,166
Mi madriña!

47
00:05:04,250 --> 00:05:05,416
Si. Vale!

48
00:05:07,916 --> 00:05:11,583
Poderiamos dicir
que esta zona é… Como se di?

49
00:05:12,500 --> 00:05:14,125
Unha zona de suicidios.

50
00:05:15,833 --> 00:05:16,666
Unha que?

51
00:05:16,750 --> 00:05:20,083
Aquí prodúcense varios suicidios ao ano.

52
00:05:20,166 --> 00:05:23,958
Veñen ata estranxeiros.
Xa é case unha lenda local.

53
00:05:24,041 --> 00:05:26,125
Sorpréndeme que non lle soe.

54
00:05:26,208 --> 00:05:29,708
Ou sexa, que vén xente ata aquí para…?

55
00:05:29,791 --> 00:05:31,208
Varias veces ao ano?

56
00:05:31,291 --> 00:05:33,583
Ás veces, varias veces ao mes!

57
00:05:33,666 --> 00:05:35,083
E vostede…

58
00:05:36,541 --> 00:05:38,333
Vostede permíteo?

59
00:05:39,208 --> 00:05:41,958
- E eu que lle vou facer?
- Poñer un cerrume!

60
00:05:42,041 --> 00:05:43,666
Para que non pasen.

61
00:05:43,750 --> 00:05:45,416
- Poñer un cerrume?
- Si!

62
00:05:45,500 --> 00:05:47,583
Un cerrume por todo o acantilado?

63
00:05:49,166 --> 00:05:50,250
Tome o meu número.

64
00:05:50,333 --> 00:05:52,791
Chámeme se ve alguén preto do cantil.

65
00:05:54,125 --> 00:05:54,958
E xa está?

66
00:05:56,458 --> 00:05:57,791
Benvido á illa!

67
00:06:00,666 --> 00:06:01,500
Que?

68
00:06:28,250 --> 00:06:29,958
Tsigara?

69
00:06:30,041 --> 00:06:32,041
- Tabaco?
- Si. Grazas.

70
00:06:33,083 --> 00:06:33,958
O azul.

71
00:06:36,083 --> 00:06:37,958
Ou o branco. Tanto ten.

72
00:06:39,416 --> 00:06:40,250
Coñecémonos?

73
00:06:40,333 --> 00:06:41,875
Non, non creo.

74
00:06:44,583 --> 00:06:46,666
Isto para que é? Para a pasta?

75
00:06:47,583 --> 00:06:48,416
Pois…

76
00:06:49,041 --> 00:06:50,125
Non.

77
00:06:51,333 --> 00:06:52,583
Mellor isto.

78
00:06:53,333 --> 00:06:54,291
Xenial. Vale.

79
00:06:56,666 --> 00:06:59,041
E leva destes. Queda máis rica.

80
00:06:59,625 --> 00:07:03,208
Xenial. Pero non pensaba preparar
nada moi elaborado nin…

81
00:07:03,291 --> 00:07:04,875
Tes especias?

82
00:07:04,958 --> 00:07:06,708
Métoche unhas poucas.

83
00:07:06,791 --> 00:07:07,625
Vale.

84
00:07:07,708 --> 00:07:10,416
Non podes comer calquera cousa. Rigani.

85
00:07:11,375 --> 00:07:12,208
Paprika.

86
00:07:12,291 --> 00:07:13,541
Non sei para que é.

87
00:07:13,625 --> 00:07:16,833
Poderiádesme levar a compra á casa?

88
00:07:17,500 --> 00:07:18,583
Quen está enfermo?

89
00:07:18,666 --> 00:07:20,791
Que? Ninguén, é para min.

90
00:07:21,375 --> 00:07:22,208
Estás enfermo?

91
00:07:23,250 --> 00:07:26,750
Pódeme levar alguén a compra á casa?

92
00:07:27,833 --> 00:07:30,166
Xa vexo. Non lle gustan as nosas caras.

93
00:07:30,750 --> 00:07:31,583
A ver.

94
00:07:32,416 --> 00:07:33,375
Fai a lista.

95
00:07:33,958 --> 00:07:34,791
Vale…

96
00:07:39,500 --> 00:07:41,625
O certo é que nunca fixen a compra.

97
00:07:47,958 --> 00:07:48,875
Vives só?

98
00:07:49,458 --> 00:07:50,541
Si.

99
00:07:52,041 --> 00:07:55,041
Vale, xa che preparo eu o que vexa.

100
00:07:55,791 --> 00:07:56,875
Moitísimas grazas.

101
00:07:56,958 --> 00:07:58,291
- Algo máis?
- Non.

102
00:07:58,375 --> 00:07:59,666
Ai, si.

103
00:08:00,291 --> 00:08:02,208
Un dicionario bilingüe.

104
00:08:04,750 --> 00:08:05,791
Onde vives?

105
00:08:06,958 --> 00:08:08,625
Na casa do acantilado.

106
00:08:11,583 --> 00:08:12,666
Si, nesa casa.

107
00:08:37,208 --> 00:08:38,458
- Oe!
- Malaka!

108
00:08:46,916 --> 00:08:50,125
Melina, rula,
a ver se algún día chegas á hora.

109
00:08:50,625 --> 00:08:51,500
Melinaki.

110
00:08:52,250 --> 00:08:53,083
Que?

111
00:08:54,041 --> 00:08:56,291
Chámasme Melinaki cando queres algo.

112
00:08:56,375 --> 00:08:59,500
Vale. Sophia está enferma.
Pódela substituír?

113
00:09:00,000 --> 00:09:00,958
Estás de broma?

114
00:09:01,041 --> 00:09:03,125
Veña, que estou falto de persoal!

115
00:09:03,958 --> 00:09:05,916
Veño entreter, non servir mesas.

116
00:09:06,416 --> 00:09:07,333
Melina.

117
00:09:08,458 --> 00:09:11,000
Isto é unha taberna,
non un club. Por favor.

118
00:09:12,250 --> 00:09:14,375
Vale. Podo cantar na primeira parte?

119
00:09:14,458 --> 00:09:16,958
Claro. Na segunda, que toque a banda.

120
00:09:17,458 --> 00:09:19,500
Ninguén reparará en que faltas.

121
00:11:21,458 --> 00:11:22,291
Desculpa.

122
00:11:23,833 --> 00:11:24,916
Estás ben?

123
00:11:28,250 --> 00:11:29,125
Ola?

124
00:11:34,666 --> 00:11:35,916
Está bébedo?

125
00:11:42,458 --> 00:11:44,625
Para que lado non queres que pasen?

126
00:11:45,291 --> 00:11:46,125
Para ningún.

127
00:11:46,708 --> 00:11:47,541
Bo traballo.

128
00:11:49,458 --> 00:11:50,416
Que queres?

129
00:11:50,500 --> 00:11:53,416
Tranquilo, só veño traerche a compra.

130
00:11:54,000 --> 00:11:55,625
Vou polos cartos…

131
00:11:55,708 --> 00:11:56,708
Melina.

132
00:11:56,791 --> 00:11:57,625
Si.

133
00:11:58,583 --> 00:12:02,291
- Deixa as bolsas onda a porta.
- Tranquilo. Lévochas á cociña.

134
00:12:02,791 --> 00:12:03,916
Non te molestes.

135
00:12:04,833 --> 00:12:08,500
Non é molestia.
Sempre quixen saber como era por dentro.

136
00:12:09,250 --> 00:12:12,750
É que había anos que ninguén vivía aquí.
Diría que décadas.

137
00:12:13,833 --> 00:12:15,083
Non imaxino por que.

138
00:12:16,416 --> 00:12:20,500
Creo que o último dono foi quen…
en fin, comezou coa tendencia.

139
00:12:21,375 --> 00:12:23,458
Grazas. Estou ocupado. Graciñas.

140
00:12:31,500 --> 00:12:34,791
John Allman. Agarda, ti es John Allman?

141
00:12:35,833 --> 00:12:37,916
John Allman, a estrela de rock?

142
00:12:38,958 --> 00:12:41,666
Mi madriña! Estás moi…

143
00:12:43,125 --> 00:12:44,083
Vello.

144
00:12:44,166 --> 00:12:47,958
Ía dicir cambiado, pero si, máis vello.

145
00:12:48,958 --> 00:12:50,666
Que te trae por Chipre?

146
00:12:51,541 --> 00:12:54,250
Vin descansar da miña carreira musical.

147
00:12:54,333 --> 00:12:57,708
Mira, a música non é unha carreira,
é un modo de vida.

148
00:12:57,791 --> 00:13:00,333
Pois vin descansar da vida, logo.

149
00:13:02,333 --> 00:13:05,083
Ai, xa me esquecía. O teu dicionario.

150
00:13:06,333 --> 00:13:08,416
Non tes acento de aquí.

151
00:13:08,500 --> 00:13:11,916
Algúns non temos moito acento,
pero eu sonche moi de aquí.

152
00:13:13,458 --> 00:13:17,083
O mellor para aprender unha lingua
é buscar un amante nativo.

153
00:13:17,166 --> 00:13:21,791
Xa… Pareces moi boa rapaza,
pero non busco amoríos.

154
00:13:21,875 --> 00:13:23,541
Crías que flirteaba contigo?

155
00:13:23,625 --> 00:13:26,208
- Chámao como queiras.
- Que noxo!

156
00:13:26,291 --> 00:13:28,541
Referíame a que buscases alguén.

157
00:13:28,625 --> 00:13:30,500
Gústache facer de celestina?

158
00:13:30,583 --> 00:13:33,791
Aquí hai moitas mulleres
da túa idade sen parella.

159
00:13:34,583 --> 00:13:35,625
Mimá. Toma.

160
00:13:37,208 --> 00:13:39,333
Só digo que non tes que estar só.

161
00:13:39,416 --> 00:13:40,583
Non me interesa.

162
00:13:41,750 --> 00:13:42,666
Ti mesmo.

163
00:13:43,833 --> 00:13:45,166
Se buscas privacidade,

164
00:13:45,250 --> 00:13:47,958
tes unha praia pequecha incrible
aí abaixo.

165
00:13:48,041 --> 00:13:49,166
Está a un paso.

166
00:13:49,250 --> 00:13:53,083
Non vai ninguén.
Podes tomar o sol espido e todo.

167
00:13:55,000 --> 00:13:56,250
Outra vez flirteando?

168
00:13:57,833 --> 00:14:01,708
Mira, a primeira palabra
que deberías buscar no dicionario

169
00:14:01,791 --> 00:14:02,916
é malaka.

170
00:14:17,708 --> 00:14:18,666
Malaka…

171
00:14:19,541 --> 00:14:20,541
Malaka…

172
00:14:23,000 --> 00:14:23,916
Malaka.

173
00:14:26,916 --> 00:14:28,041
"Panoco".

174
00:14:38,375 --> 00:14:39,291
Si?

175
00:14:39,375 --> 00:14:40,958
Jimmy, meu!

176
00:14:41,041 --> 00:14:43,666
Serás cabrón!
Por que non colles o teléfono?

177
00:14:43,750 --> 00:14:45,333
E que número é este?

178
00:14:45,416 --> 00:14:46,750
Non me fodas, meu!

179
00:14:46,833 --> 00:14:48,750
Sabes todo o que levo aturado?

180
00:14:48,833 --> 00:14:50,166
Por iso te quero.

181
00:14:50,958 --> 00:14:53,708
Non, se eu tamén te quero,
pero que che dean!

182
00:14:53,791 --> 00:14:55,458
Andan todos a buscarte.

183
00:14:55,541 --> 00:14:57,041
Ninguén anda a buscarme.

184
00:14:57,125 --> 00:15:00,541
Boh, choricas. Deixa de dar mágoa.

185
00:15:00,625 --> 00:15:02,625
E onde estás exactamente?

186
00:15:02,708 --> 00:15:05,083
Estou en Chipre.

187
00:15:05,166 --> 00:15:06,083
Chipre?

188
00:15:07,083 --> 00:15:09,291
Mira, cheguei a pensar que morreras,

189
00:15:09,375 --> 00:15:10,541
pero isto é peor.

190
00:15:10,625 --> 00:15:12,791
A ver, cagáchela, si. E que?

191
00:15:12,875 --> 00:15:16,500
Érgueste e segues adiante.
Mira, só foi un disco…

192
00:15:16,583 --> 00:15:18,708
Non foi só polo disco, Jimmy.

193
00:15:18,791 --> 00:15:21,875
Oe, sei que levas moito sen escribir,

194
00:15:21,958 --> 00:15:24,916
pero remata o que esteas compoñendo
e envíamo.

195
00:15:25,416 --> 00:15:27,291
Rexurdiremos das cinzas.

196
00:15:28,333 --> 00:15:29,750
Titularemos o disco

197
00:15:30,833 --> 00:15:33,500
Lázaro: Resucitado de entre os mortos.

198
00:15:36,250 --> 00:15:39,375
Es John Allman!
Icona da música, icona sexual…

199
00:15:39,458 --> 00:15:42,083
- Jimmy, xa te chamarei.
- Agarda, John…

200
00:16:10,750 --> 00:16:12,083
Grazas por chamar.

201
00:16:13,333 --> 00:16:14,375
Estás ben?

202
00:16:17,708 --> 00:16:18,625
E ela?

203
00:16:18,708 --> 00:16:19,916
É a señora Georgia.

204
00:16:20,000 --> 00:16:22,500
É a nai do home
que se chimpou o outro día.

205
00:16:22,583 --> 00:16:24,541
Só está tentando comprendelo.

206
00:16:25,541 --> 00:16:27,666
Non sempre veñen aquí chimparse.

207
00:16:28,166 --> 00:16:31,458
Ás veces veñen liberar a pena ou os medos.

208
00:16:32,333 --> 00:16:37,250
Ás veces, a pena marcha.
Outras veces… marchan eles coa pena.

209
00:16:39,041 --> 00:16:42,583
Fantástico. Non hai psicólogos nesta illa?

210
00:16:42,666 --> 00:16:44,791
Quen os precisa tendo a natureza?

211
00:16:45,750 --> 00:16:47,916
- Boa filosofía.
- E témoste a ti.

212
00:16:48,000 --> 00:16:50,333
Se cadra é bo que vivas aquí.

213
00:16:50,416 --> 00:16:53,375
Si, porque é o outro traballo
dos meus soños,

214
00:16:53,458 --> 00:16:55,375
ver xente chimparse dun cantil.

215
00:16:55,875 --> 00:16:58,833
John, non só os ves, tamén axudas.

216
00:16:58,916 --> 00:17:00,500
Que queres que faga?

217
00:17:00,583 --> 00:17:03,875
Poño un sinal
que diga: "Falémolo" ou algo así?

218
00:17:04,375 --> 00:17:05,291
Como vexas.

219
00:17:05,375 --> 00:17:06,250
Que?

220
00:17:06,333 --> 00:17:09,041
Por certo,
téñoche a muller perfecta para ti.

221
00:17:09,125 --> 00:17:10,083
Ai, non…

222
00:17:10,166 --> 00:17:11,291
Teño unha irmá.

223
00:17:11,375 --> 00:17:12,375
Nunca casou.

224
00:17:12,458 --> 00:17:15,291
E fai o mellor pastitsio
que probaches na vida.

225
00:17:15,375 --> 00:17:17,916
- Heille dicir que veña.
- Non, por favor.

226
00:17:18,000 --> 00:17:20,250
E esta noite vas saír comigo.

227
00:17:20,958 --> 00:17:23,833
- Non, non quero.
- Non é negociable.

228
00:17:23,916 --> 00:17:25,708
Levareite a unha taberna.

229
00:17:25,791 --> 00:17:27,208
Vas alucinar!

230
00:17:27,708 --> 00:17:29,250
Ti a que esperas?

231
00:17:29,333 --> 00:17:33,083
Non tortures a pobre muller!
Vai para a comisaría e vémonos alí!

232
00:17:33,666 --> 00:17:36,000
Quedamos na praza á noitiña.

233
00:18:09,666 --> 00:18:10,958
Volviches.

234
00:18:17,666 --> 00:18:18,500
John!

235
00:18:46,666 --> 00:18:49,291
Isto é o que eu chamo
o espírito chipriota.

236
00:18:49,375 --> 00:18:51,375
- Moi ben.
- Yiamas!

237
00:18:51,458 --> 00:18:52,375
Yiamas.

238
00:18:57,416 --> 00:18:58,708
Para vivir en Chipre,

239
00:18:58,791 --> 00:19:01,791
tes que aprender
a comer e beber coma un chipriota.

240
00:19:01,875 --> 00:19:04,375
Mellor imos paseniño, vale?

241
00:19:18,583 --> 00:19:19,791
E isto que é?

242
00:19:19,875 --> 00:19:22,833
Son uns ravioli chipriotas.

243
00:19:22,916 --> 00:19:24,500
Vale. Como lles chamades?

244
00:19:24,583 --> 00:19:25,750
Ravioli.

245
00:19:28,791 --> 00:19:30,208
E isto é o mellor.

246
00:19:30,291 --> 00:19:33,125
- Vai parar de traer comida?
- Non.

247
00:19:36,041 --> 00:19:37,291
Caracois.

248
00:19:46,500 --> 00:19:48,958
Atende,
que é unha pena non chuchalos ben.

249
00:19:49,041 --> 00:19:50,500
Pena dou eu dabondo.

250
00:19:50,583 --> 00:19:52,750
Dás, ho, pero tampouco é para tanto.

251
00:20:03,666 --> 00:20:06,791
A ver, que che parece?

252
00:20:09,791 --> 00:20:10,833
Canta ben, non?

253
00:20:12,041 --> 00:20:13,083
É boa.

254
00:20:13,833 --> 00:20:16,666
Boa? É máis que boa.

255
00:20:16,750 --> 00:20:20,208
Debería actuar en estadios como facías ti.

256
00:20:21,333 --> 00:20:24,125
Busqueite. Es o músico ese.

257
00:20:24,208 --> 00:20:25,916
Tes unha canción famosa.

258
00:20:26,541 --> 00:20:30,083
- Lémbrome. "Girl on the Beach".
- A mesmiña.

259
00:20:31,625 --> 00:20:32,625
Si.

260
00:20:33,291 --> 00:20:35,416
Diso haiche moito tempo

261
00:20:35,500 --> 00:20:40,375
e estou tentando pasar desapercibido aquí.

262
00:20:41,333 --> 00:20:42,500
Non direi nin chío.

263
00:20:42,583 --> 00:20:43,583
Vale.

264
00:20:43,666 --> 00:20:44,666
Pero, John,

265
00:20:45,916 --> 00:20:47,666
é unha honra terte aquí.

266
00:20:48,875 --> 00:20:49,708
Graciñas.

267
00:20:52,416 --> 00:20:54,333
A miña irmá gústalle a música.

268
00:20:55,625 --> 00:20:57,125
Non me digas! Moi ben.

269
00:20:58,625 --> 00:20:59,458
Ola!

270
00:21:00,583 --> 00:21:04,416
Es unha xoia! Tiñas que cantar polo mundo!

271
00:21:08,625 --> 00:21:11,208
Así que… cantas.

272
00:21:12,041 --> 00:21:12,875
Pois si.

273
00:21:13,875 --> 00:21:14,791
Tes lume?

274
00:21:15,291 --> 00:21:16,208
Teño.

275
00:21:19,291 --> 00:21:20,375
Estoute vixiando.

276
00:21:25,041 --> 00:21:26,541
Non che acae fumar.

277
00:21:27,500 --> 00:21:28,500
Téñenmo dito.

278
00:21:29,083 --> 00:21:30,333
Coñeces a Manoli.

279
00:21:30,416 --> 00:21:33,916
Isto é Chipre. Coñecémonos todos.

280
00:21:34,000 --> 00:21:35,958
Todos somos parentes.

281
00:21:36,041 --> 00:21:37,166
Sitio pequecho.

282
00:21:43,250 --> 00:21:44,208
Graciñas.

283
00:22:00,833 --> 00:22:03,208
John! Ven, vouche presentar unha xente.

284
00:22:03,291 --> 00:22:05,625
- Ela! Veña!
- Non fai falta.

285
00:22:07,125 --> 00:22:10,083
Ela! Ven! Veña!

286
00:22:13,166 --> 00:22:15,208
El é Kyriaco. É o alcalde.

287
00:22:15,291 --> 00:22:17,750
Podémoslle comentar o do teu cerrume.

288
00:22:17,833 --> 00:22:21,708
Alcalde, este home mudouse ao acantilado
e quere poñer un cerrume.

289
00:22:21,791 --> 00:22:23,958
Fágoche un desconto no permiso.

290
00:22:24,041 --> 00:22:24,875
Permiso?

291
00:22:24,958 --> 00:22:28,708
Si. El é Savva. A súa muller, Andriana,

292
00:22:28,791 --> 00:22:33,958
Lenia, a muller do alcalde,
e Sia, a mellor médica da illa.

293
00:22:34,041 --> 00:22:37,041
Rapaces, el é John. Acábase de mudar aquí.

294
00:22:40,333 --> 00:22:41,541
Encantada.

295
00:22:42,458 --> 00:22:43,416
Igualmente.

296
00:22:44,125 --> 00:22:45,291
Veña, senta.

297
00:22:50,583 --> 00:22:52,791
Conta, John, de onde es?

298
00:22:53,625 --> 00:22:55,291
Son de Nova York.

299
00:22:55,375 --> 00:22:57,291
Quen marcha de Nova York?

300
00:22:59,000 --> 00:23:00,958
Ti non pensaras mudarte alá?

301
00:23:01,458 --> 00:23:02,750
Non en serio.

302
00:23:02,833 --> 00:23:04,250
Fásteme moi coñecido.

303
00:23:04,333 --> 00:23:07,250
Deberías ir a Nova York. Encantaríache.

304
00:23:07,833 --> 00:23:09,458
Sonche máis de illas.

305
00:23:10,416 --> 00:23:11,791
Manhattan é unha illa.

306
00:23:12,291 --> 00:23:15,458
- Non podemos perdela.
- É a primeira vez que vés?

307
00:23:16,916 --> 00:23:20,916
Pois non.
Estiven aquí hai unha chea de anos.

308
00:23:21,000 --> 00:23:23,583
Logo debeuche gustar moito.

309
00:23:24,958 --> 00:23:25,833
Bastante, si.

310
00:23:27,166 --> 00:23:28,833
Mi madriña!

311
00:23:29,625 --> 00:23:30,833
Es cantante?

312
00:23:32,875 --> 00:23:35,125
Si que o es! O da canción esa.

313
00:23:36,250 --> 00:23:39,041
- Como te chamas?
- Acábocho de dicir.

314
00:23:39,125 --> 00:23:40,916
Non, pero o nome completo.

315
00:23:41,000 --> 00:23:43,416
Allman. John Allman.

316
00:23:43,500 --> 00:23:44,916
Pilláchesme.

317
00:23:45,666 --> 00:23:49,083
Xa me lembro! Antes eras famoso.

318
00:23:49,166 --> 00:23:53,791
Encántame a canción
da moza da que namoraches na praia.

319
00:23:53,875 --> 00:23:56,500
Pero despois abandonáchela.

320
00:23:56,583 --> 00:24:01,541
Non, el non a abandonou.
Foi ela quen quixo quedar.

321
00:24:01,625 --> 00:24:03,083
Cal é a diferenza?

322
00:24:03,166 --> 00:24:05,166
Debía ser moi especial.

323
00:24:06,500 --> 00:24:08,166
Non era real.

324
00:24:09,041 --> 00:24:10,666
Só era unha canción.

325
00:24:17,541 --> 00:24:20,208
En fin, teño que marchar xa.

326
00:24:20,291 --> 00:24:21,166
Tan cedo?

327
00:24:21,250 --> 00:24:24,958
Encantado de coñecervos a todos.
Vémonos. Graciñas.

328
00:24:25,916 --> 00:24:27,666
- Boa noite. Adeus.
- Abur.

329
00:24:27,750 --> 00:24:30,375
Abafáchelo con tanta parvada!

330
00:24:36,291 --> 00:24:37,125
John.

331
00:24:37,750 --> 00:24:38,666
John!

332
00:24:42,458 --> 00:24:43,875
"Encantada"?

333
00:24:43,958 --> 00:24:48,166
Síntoo moito. É que non contaba verte!

334
00:24:48,250 --> 00:24:50,250
Xa. Pois sabes o que es? Es unha…

335
00:24:50,916 --> 00:24:52,625
Es unha malaka!

336
00:24:52,708 --> 00:24:56,250
O malaka es ti! Que raio fas aquí?

337
00:24:56,333 --> 00:24:57,666
Que que fago aquí?

338
00:24:57,750 --> 00:24:58,583
Si.

339
00:24:59,958 --> 00:25:01,208
Que fago aquí?

340
00:25:04,541 --> 00:25:06,250
Que fago aquí?

341
00:26:15,333 --> 00:26:17,291
A túa irmá vaiche na misa.

342
00:26:18,375 --> 00:26:19,916
Ti non vas?

343
00:26:20,000 --> 00:26:21,625
Claro. Por suposto!

344
00:26:21,708 --> 00:26:24,125
Pero… teño que coller unha cousa.

345
00:26:43,875 --> 00:26:45,250
Onde pasaches a noite?

346
00:26:47,250 --> 00:26:48,416
Por aí.

347
00:26:48,500 --> 00:26:49,333
Por aí?

348
00:26:55,500 --> 00:26:56,708
Volveu.

349
00:26:56,791 --> 00:26:57,625
Que?

350
00:26:58,250 --> 00:27:00,291
John. Volveu.

351
00:27:00,791 --> 00:27:01,708
John?

352
00:27:02,875 --> 00:27:03,708
John!

353
00:27:03,791 --> 00:27:04,750
Que pasa?

354
00:27:05,250 --> 00:27:06,416
Nada, mamá.

355
00:27:09,250 --> 00:27:11,250
Pasaches a noite con el?

356
00:27:11,958 --> 00:27:13,000
Non pasou nada.

357
00:27:15,416 --> 00:27:16,291
A ver,

358
00:27:17,208 --> 00:27:20,666
si que pasou algo,
pero non tivo importancia.

359
00:27:22,208 --> 00:27:23,833
Pasaches toda a noite fóra!

360
00:27:24,333 --> 00:27:25,333
Reláxate.

361
00:27:25,416 --> 00:27:29,833
Foi cousa dunha noite.
Case non se lembraba de min.

362
00:27:31,583 --> 00:27:33,125
Canto te estrañei.

363
00:27:34,041 --> 00:27:36,125
Inda non saberás dicir o meu nome.

364
00:27:36,708 --> 00:27:37,833
Sei tal.

365
00:27:39,125 --> 00:27:40,000
Sia.

366
00:27:40,916 --> 00:27:41,833
Enteiro.

367
00:27:43,666 --> 00:27:44,583
Eutanasia.

368
00:27:47,166 --> 00:27:48,666
Athanasia.

369
00:27:48,750 --> 00:27:50,291
Iso foi o que dixen.

370
00:27:50,375 --> 00:27:52,375
"Eutanasía".

371
00:27:54,041 --> 00:27:55,291
Que idiota es.

372
00:27:56,291 --> 00:27:58,666
E inda non me respondiches.

373
00:28:00,208 --> 00:28:01,458
Que fas aquí?

374
00:28:03,791 --> 00:28:06,000
Pareceume un bo sitio para xubilarme.

375
00:28:06,833 --> 00:28:10,375
Ai, si? Vaste xubilar? Veña.

376
00:28:12,333 --> 00:28:13,166
Por que non?

377
00:28:14,333 --> 00:28:17,375
Porque a música é o amor da túa vida.

378
00:28:17,916 --> 00:28:19,458
Iso é o que pensas?

379
00:28:20,166 --> 00:28:21,708
Iso é o que sei.

380
00:28:23,333 --> 00:28:24,708
Toleaches de vez?

381
00:28:28,875 --> 00:28:30,250
Bo é que viñeches.

382
00:28:31,541 --> 00:28:33,791
Despois da misa confésaste.

383
00:28:37,250 --> 00:28:38,708
É o teu móbil?

384
00:28:43,916 --> 00:28:45,500
- Es ti.
- Que?

385
00:28:46,125 --> 00:28:48,000
- Estasme chamando!
- Non!

386
00:28:51,291 --> 00:28:52,333
Diga?

387
00:28:55,458 --> 00:28:56,500
É para ti.

388
00:28:58,750 --> 00:28:59,791
Si?

389
00:28:59,875 --> 00:29:02,083
Cando te escapulas da casa de alguén,

390
00:29:02,625 --> 00:29:04,500
lembra levar o móbil.

391
00:29:05,083 --> 00:29:06,708
Non me escapulín.

392
00:29:07,666 --> 00:29:09,166
Si, xa.

393
00:29:10,041 --> 00:29:11,416
Pódesmo compensar.

394
00:29:11,500 --> 00:29:14,416
Xanta comigo.
Agás que teñas que ir a outro lado.

395
00:29:15,416 --> 00:29:18,125
Moi gracioso. Teño que ir traballar.

396
00:29:19,583 --> 00:29:20,666
Pois ceamos.

397
00:29:21,208 --> 00:29:23,375
Xa veremos. Teño que colgar.

398
00:29:24,500 --> 00:29:25,750
Abur, Eutanasia.

399
00:29:38,208 --> 00:29:39,041
Doutora,

400
00:29:39,625 --> 00:29:42,083
cando vou poder marchar?

401
00:29:42,166 --> 00:29:43,750
Cando eu diga, Sr. Petro.

402
00:29:43,833 --> 00:29:45,125
Respire outra vez.

403
00:29:48,500 --> 00:29:50,333
Teño un negocio que atender!

404
00:29:51,541 --> 00:29:53,666
Quen vai atender a tenda?

405
00:29:54,333 --> 00:29:55,875
A tenda non ten dúbida.

406
00:29:56,458 --> 00:29:58,250
Tense que coidar.

407
00:30:01,625 --> 00:30:04,791
Nótolle algo distinto hoxe.

408
00:30:04,875 --> 00:30:06,208
Estou igual ca sempre.

409
00:30:07,750 --> 00:30:10,500
Xa. Cal é o nome del?

410
00:30:11,000 --> 00:30:13,000
Escoite, esquézase del.

411
00:30:13,625 --> 00:30:16,708
Fuxamos xuntos.

412
00:30:16,791 --> 00:30:19,166
E que lle parecería á súa muller?

413
00:30:19,250 --> 00:30:20,416
Á miña muller?

414
00:30:21,125 --> 00:30:23,916
Quedaría aliviada!

415
00:30:25,291 --> 00:30:26,166
En fin…

416
00:30:26,750 --> 00:30:33,500
Unha muller coma vostede
non debería quedar para vestir santos.

417
00:30:33,583 --> 00:30:35,416
Ás veces todo é máis doado así.

418
00:30:39,583 --> 00:30:40,958
Veu a súa familia velo.

419
00:30:41,666 --> 00:30:42,666
Quen veu?

420
00:30:44,750 --> 00:30:47,500
- Como estás, meu ben?
- Estou ben.

421
00:30:47,583 --> 00:30:49,166
Onde está Demetri?

422
00:30:49,791 --> 00:30:50,791
Aquí estou, papá.

423
00:30:51,916 --> 00:30:53,416
E Giorgo?

424
00:30:53,500 --> 00:30:54,500
Tamén veu.

425
00:30:55,041 --> 00:30:58,416
- E trouxen os nenos.
- Ola, avoíño.

426
00:30:58,916 --> 00:31:01,083
E Barbara? Onde está?

427
00:31:01,583 --> 00:31:04,583
- Aquí estou, papá.
- Viñemos todos, cariño.

428
00:31:04,666 --> 00:31:05,875
Mira que ben!

429
00:31:05,958 --> 00:31:08,500
Viñestes todos!

430
00:31:08,583 --> 00:31:11,083
E quen carallo atende a tenda?

431
00:31:11,583 --> 00:31:14,375
Dálle a medicación á señora Eftyhia.

432
00:31:14,458 --> 00:31:15,291
Vale.

433
00:31:16,208 --> 00:31:19,333
A mellor médica do pobo precisa o móbil.

434
00:31:20,750 --> 00:31:21,666
Graciñas.

435
00:31:22,833 --> 00:31:24,333
Mírate, salvando vidas.

436
00:31:24,416 --> 00:31:26,583
Si, igualiño ca ti.

437
00:31:26,666 --> 00:31:27,625
Si.

438
00:31:27,708 --> 00:31:31,458
Queríache preguntar algo
antes de que te escapulises.

439
00:31:31,541 --> 00:31:33,208
Que non me escapulín.

440
00:31:33,291 --> 00:31:39,583
Vale. Antes de que marchases
sen avisar mentres eu durmía,

441
00:31:40,541 --> 00:31:42,416
queríache preguntar algo.

442
00:31:43,833 --> 00:31:45,333
Por que non estás casada?

443
00:31:46,833 --> 00:31:48,208
Por que non o estás ti?

444
00:31:49,958 --> 00:31:51,666
Non atopei a persoa axeitada.

445
00:31:52,958 --> 00:31:53,916
Eu tampouco.

446
00:31:57,333 --> 00:31:58,916
Déixame prepararche a cea.

447
00:31:59,000 --> 00:32:00,291
Dende cando cociñas?

448
00:32:00,791 --> 00:32:03,083
Pois aprendín algunha cousa cos anos.

449
00:32:03,166 --> 00:32:04,250
Agora sei cociñar.

450
00:32:04,333 --> 00:32:07,166
E mira,
tamén sei atar os cordóns dos zapatos.

451
00:32:09,333 --> 00:32:11,666
Non son o tío que coñeciches na praia.

452
00:32:13,916 --> 00:32:16,541
Vale. Ceamos xuntos hoxe.

453
00:32:17,625 --> 00:32:19,541
Agora marcha. Teño traballo.

454
00:32:32,833 --> 00:32:33,666
Ala!

455
00:33:20,666 --> 00:33:21,500
Merda.

456
00:33:25,250 --> 00:33:26,791
Cago na cona!

457
00:33:30,916 --> 00:33:32,625
Está moi alta a música?

458
00:33:32,708 --> 00:33:33,916
- Non, ho.
- Si!

459
00:33:34,541 --> 00:33:39,041
Disque John Allman está vivindo en Chipre!

460
00:33:39,583 --> 00:33:40,458
Anda!

461
00:33:41,041 --> 00:33:43,375
Seica mercou a casa do acantilado.

462
00:33:43,458 --> 00:33:44,958
Quen é John Allman?

463
00:33:45,041 --> 00:33:46,250
Un cantante famoso.

464
00:33:46,875 --> 00:33:50,125
Saíu coa actriz esta… Cameron Diaz.

465
00:33:50,708 --> 00:33:54,250
E cunha modelo, Tyra Banks.

466
00:33:54,750 --> 00:33:56,916
Saíu case sempre con modelos.

467
00:33:58,375 --> 00:34:00,583
Que raio fará John Allman en Chipre?

468
00:34:01,083 --> 00:34:03,750
Xa non lle quedarían
máis mulleres en América.

469
00:34:18,958 --> 00:34:19,791
Ola!

470
00:34:21,541 --> 00:34:22,541
Tráesme iso?

471
00:34:23,083 --> 00:34:26,166
Si. Que che pasou? Queimácheste un chisco?

472
00:34:31,666 --> 00:34:34,458
Miña naiciña! Que che pasou?

473
00:34:35,083 --> 00:34:36,208
Que che fixen caso.

474
00:34:36,958 --> 00:34:38,791
"Toma o sol espido na praia."

475
00:34:40,041 --> 00:34:42,666
Non che dixen
que pasases todo o día ao sol.

476
00:34:42,750 --> 00:34:44,958
Mira, non foi culpa miña, vale?

477
00:34:46,041 --> 00:34:48,791
Polo visto, non era unha praia tan íntima.

478
00:34:48,875 --> 00:34:51,250
Non hai un só recuncho nesta illa

479
00:34:51,333 --> 00:34:52,833
onde se poida estar só.

480
00:34:54,250 --> 00:34:56,041
Perdoa. Non ten graza.

481
00:35:00,541 --> 00:35:02,416
E que tal vas co cerrume?

482
00:35:02,500 --> 00:35:03,541
Ben.

483
00:35:05,500 --> 00:35:07,833
Quédame facelo máis longo e máis alto.

484
00:35:07,916 --> 00:35:08,833
E ala.

485
00:35:08,916 --> 00:35:10,500
- E electrificalo.
- Si.

486
00:35:11,833 --> 00:35:13,250
Así poderás estar só.

487
00:35:13,833 --> 00:35:14,875
Si.

488
00:35:18,875 --> 00:35:20,958
Esa guitarra terá moitas historias.

489
00:35:22,250 --> 00:35:23,500
Pois si.

490
00:35:23,583 --> 00:35:24,958
Valen para contar?

491
00:35:25,541 --> 00:35:26,666
Pregúntalle a ela.

492
00:35:27,750 --> 00:35:29,083
Acabo de facelo.

493
00:35:32,333 --> 00:35:33,166
Moi ben.

494
00:35:33,750 --> 00:35:35,041
Cunha condición.

495
00:35:35,541 --> 00:35:36,500
Cal?

496
00:35:37,458 --> 00:35:38,333
Sabes cociñar?

497
00:35:41,041 --> 00:35:41,958
Para.

498
00:35:42,041 --> 00:35:43,500
Se non dixen nada.

499
00:35:46,541 --> 00:35:50,208
Se fose dicir algo,
diría que é unha idea pésima

500
00:35:50,291 --> 00:35:52,083
e que a vas armar boa.

501
00:35:52,583 --> 00:35:54,625
Pero non vou dicir nada.

502
00:35:55,125 --> 00:35:57,041
Non me quero meter.

503
00:35:57,125 --> 00:35:58,083
Cal dos dous?

504
00:36:01,750 --> 00:36:05,958
E non vou armar nada.
Teño o tema baixo control.

505
00:36:06,041 --> 00:36:08,958
Si, tema xa sei que houbo.

506
00:36:11,458 --> 00:36:13,000
Estás xogando con lume.

507
00:36:13,083 --> 00:36:16,666
Debes ser a única da illa
que foi quen de gardar un segredo.

508
00:36:16,750 --> 00:36:19,875
- E agora…
- Volveu. Que queres que lle faga?

509
00:36:19,958 --> 00:36:21,083
E alégraste.

510
00:36:21,166 --> 00:36:22,541
Se cadra alégrome.

511
00:36:22,625 --> 00:36:23,500
Si me alegro.

512
00:36:24,666 --> 00:36:26,500
Vólvome sentir muller.

513
00:36:26,583 --> 00:36:29,208
Había moito que non me sentía así.

514
00:36:29,291 --> 00:36:32,166
Pasei a vida tentando non precisar ninguén

515
00:36:32,250 --> 00:36:34,541
e acabei completamente soa.

516
00:36:35,041 --> 00:36:37,041
Muller, completamente non.

517
00:36:38,458 --> 00:36:39,666
Xa me entendiches.

518
00:36:39,750 --> 00:36:42,666
Atopar alguén non garante nada.

519
00:36:43,541 --> 00:36:44,583
Mírame a min.

520
00:36:44,666 --> 00:36:47,500
Abandonada aos cinco anos de casar.

521
00:36:47,583 --> 00:36:50,041
Morreu dun infarto, non te deixou.

522
00:36:50,125 --> 00:36:51,250
Éche o mesmo.

523
00:36:54,250 --> 00:36:55,291
Está guapo?

524
00:37:01,750 --> 00:37:03,500
Non, ese vestido non.

525
00:37:03,583 --> 00:37:05,833
E logo? É precioso.

526
00:37:07,083 --> 00:37:09,208
Ese vestido só che dará problemas.

527
00:37:10,041 --> 00:37:14,041
Pero fai o que queiras.
Eu non me quero meter.

528
00:37:15,625 --> 00:37:20,625
Amor, ai, amor, amor incauto.

529
00:37:24,333 --> 00:37:30,916
Sóbesteme á cabeza coma o viño.

530
00:37:33,083 --> 00:37:37,583
Estragaches a vida

531
00:37:37,666 --> 00:37:42,041
de moitas mociñas coitadas

532
00:37:42,125 --> 00:37:49,000
e deixaches que desbaratase a miña vida.

533
00:37:54,416 --> 00:37:57,791
Recórdame por que te dedicas
a repartir pedidos.

534
00:37:57,875 --> 00:37:59,458
Poderías vivir disto.

535
00:37:59,958 --> 00:38:02,333
- Non é tan doado.
- E logo por que?

536
00:38:02,416 --> 00:38:05,250
Pois porque vivo nun lugar pequeno…

537
00:38:05,333 --> 00:38:06,583
Pois marcha.

538
00:38:06,666 --> 00:38:08,916
Non podo. A miña vida está aquí.

539
00:38:09,583 --> 00:38:12,166
E esta é a vida que queres levar?

540
00:38:13,333 --> 00:38:16,541
Eu que sei. A ver, actúo todas as noites.

541
00:38:16,625 --> 00:38:18,041
Xa é algo.

542
00:38:19,541 --> 00:38:20,416
Si.

543
00:38:21,500 --> 00:38:24,000
Como se chama a canción
que cantaches onte?

544
00:38:24,083 --> 00:38:26,333
Cando te descalzaches.

545
00:38:28,166 --> 00:38:31,333
É unha kantada tradicional, unha serenata.

546
00:38:31,416 --> 00:38:33,666
Chámase "S' Agapo Giati Eisai Oraia".

547
00:38:34,666 --> 00:38:36,291
Non, non entendín nadiña.

548
00:38:37,125 --> 00:38:40,666
Di: "Ámote pola túa beleza.

549
00:38:41,291 --> 00:38:43,250
Ámote por ser como es.

550
00:38:43,333 --> 00:38:46,333
E amo o mundo enteiro
porque ti estás nel."

551
00:38:47,708 --> 00:38:49,083
É un chisco melindrosa.

552
00:38:50,333 --> 00:38:53,458
Vai falar o tipo
que escribiu "Girl on the Beach"?

553
00:38:54,875 --> 00:38:56,166
Teño máis cancións.

554
00:38:58,958 --> 00:39:00,666
Esa ía ser unha balada.

555
00:39:01,458 --> 00:39:02,333
En serio?

556
00:39:03,166 --> 00:39:06,125
A canción non fala
dunha moza calquera na praia.

557
00:39:06,208 --> 00:39:08,958
Fala… da que me namorou.

558
00:39:11,333 --> 00:39:12,875
Que a facía tan especial?

559
00:39:13,375 --> 00:39:15,000
Custa explicalo.

560
00:39:15,083 --> 00:39:21,250
Coñeceume antes de ser famoso
e de todo o tema do rock and roll.

561
00:39:22,541 --> 00:39:24,166
Cando era un tipo corrente.

562
00:39:26,833 --> 00:39:27,708
E…

563
00:39:29,625 --> 00:39:31,041
a ela abondáballe.

564
00:39:34,208 --> 00:39:35,958
Tes máis cancións sobre ela?

565
00:39:37,333 --> 00:39:38,416
Tes!

566
00:39:39,125 --> 00:39:41,000
Anda! Toca unha!

567
00:39:41,083 --> 00:39:41,916
Non.

568
00:39:42,000 --> 00:39:42,958
Por favor!

569
00:39:45,333 --> 00:39:47,208
Vale. Sorte preparando a cea.

570
00:39:47,708 --> 00:39:49,500
- Que?
- Xa contarás que tal.

571
00:39:49,583 --> 00:39:51,333
- Ei! Non me…
- Aburiño!

572
00:39:51,416 --> 00:39:53,291
Agarda. Non podes marchar.

573
00:39:56,875 --> 00:39:57,708
Vale.

574
00:40:00,750 --> 00:40:03,333
Non… Non está rematada.

575
00:40:12,291 --> 00:40:17,208
Segundo de onde veña o vento,

576
00:40:18,500 --> 00:40:23,708
se vai un día apracible coma o de hoxe,

577
00:40:24,791 --> 00:40:30,250
sigo a ter os pés de barro.

578
00:40:30,333 --> 00:40:36,291
Atoparasme ao bordo do abismo.

579
00:40:37,416 --> 00:40:40,500
Tomei decisións,

580
00:40:40,583 --> 00:40:42,708
case todas malas.

581
00:40:43,750 --> 00:40:49,000
Fíxeno todo o peor que puiden.

582
00:40:50,041 --> 00:40:55,458
Abatido, non estou anoxado.

583
00:40:55,541 --> 00:41:01,375
Atoparasme ao bordo do abismo.

584
00:41:02,208 --> 00:41:06,916
E a miña alma tenta continuar

585
00:41:08,250 --> 00:41:12,875
e o meu corazón tenta sobrevivir.

586
00:41:14,583 --> 00:41:20,750
E a miña mente non para de enganarme,

587
00:41:20,833 --> 00:41:25,625
segue repetindo que estou vivo.

588
00:41:43,250 --> 00:41:44,625
Só teño iso.

589
00:41:48,541 --> 00:41:49,375
Ostras!

590
00:41:50,500 --> 00:41:51,333
É para…

591
00:41:53,041 --> 00:41:54,458
Relanzar unha carreira?

592
00:41:55,958 --> 00:41:57,916
A música non é unha carreira.

593
00:41:58,000 --> 00:42:00,625
Pero si, sen dúbida.

594
00:42:01,250 --> 00:42:04,125
Deberías liscar desta illa
e centrarte niso.

595
00:42:04,208 --> 00:42:05,458
Mira quen vai falar.

596
00:42:07,125 --> 00:42:09,833
En fin, a quen lle vou facer a cea?

597
00:42:10,416 --> 00:42:11,500
A ninguén.

598
00:42:11,583 --> 00:42:12,708
Tes unha cita?

599
00:42:12,791 --> 00:42:13,625
Non.

600
00:42:14,583 --> 00:42:15,458
Tes unha cita.

601
00:42:15,958 --> 00:42:17,416
Non tal.

602
00:42:17,500 --> 00:42:18,625
Con quen?

603
00:42:18,708 --> 00:42:22,333
Con ninguén,
e tes que marchar antes de que chegue.

604
00:42:22,416 --> 00:42:25,625
Acouga, ho.
Xa non estarei cando comece a cita.

605
00:42:25,708 --> 00:42:27,250
Que non é unha cita.

606
00:42:27,958 --> 00:42:29,583
Vale, non é unha cita.

607
00:42:30,166 --> 00:42:33,541
Mellor, así non tes que poñerte guapo.

608
00:42:36,083 --> 00:42:36,916
Cala a boca.

609
00:42:56,958 --> 00:42:57,833
Vou.

610
00:43:02,833 --> 00:43:04,833
Veña, apura.

611
00:43:08,250 --> 00:43:09,083
Sia.

612
00:43:09,166 --> 00:43:11,375
- Ola.
- Ola. Chegas cedo.

613
00:43:11,458 --> 00:43:12,791
Inda non te vestiches.

614
00:43:12,875 --> 00:43:14,208
Porque chegas cedo.

615
00:43:14,291 --> 00:43:15,416
Pasa.

616
00:43:21,500 --> 00:43:22,958
Tes compañía?

617
00:43:23,666 --> 00:43:25,916
- Que?
- Cheguei en mal momento?

618
00:43:26,000 --> 00:43:27,750
Non, para nada.

619
00:43:30,666 --> 00:43:32,000
Estás con alguén?

620
00:43:32,083 --> 00:43:33,750
Con alguén? Que dis?

621
00:43:35,333 --> 00:43:37,125
Non. Iso…

622
00:43:37,208 --> 00:43:38,166
Estás de broma?

623
00:43:38,791 --> 00:43:39,916
Explícocho.

624
00:43:40,000 --> 00:43:41,041
Si, explícamo.

625
00:43:41,125 --> 00:43:43,375
Oe, por que te anoxas?

626
00:43:43,458 --> 00:43:44,708
Non sei. Dimo ti.

627
00:43:44,791 --> 00:43:46,291
Non hai nada que dicir.

628
00:43:46,375 --> 00:43:47,625
Es incrible.

629
00:43:47,708 --> 00:43:49,583
Sia, isto é unha tolería. Mira…

630
00:43:49,666 --> 00:43:51,791
A tola son eu por vir.

631
00:43:51,875 --> 00:43:52,708
Mamá?

632
00:43:53,750 --> 00:43:54,916
- Mamá?
- Melina?

633
00:43:55,791 --> 00:43:56,625
Mamá?

634
00:43:58,083 --> 00:43:59,333
Que fai aquí?

635
00:43:59,416 --> 00:44:01,541
Que fago eu aquí? Que fas ti aquí?

636
00:44:01,625 --> 00:44:04,916
Pasou algo entre vós? Dime que fai aquí.

637
00:44:05,000 --> 00:44:06,750
- Mamá, para!
- Que fas aquí?

638
00:44:06,833 --> 00:44:07,958
Cociñar!

639
00:44:08,041 --> 00:44:09,416
- Cociñar?
- Si.

640
00:44:10,000 --> 00:44:11,291
E non pasou nada?

641
00:44:11,375 --> 00:44:13,125
Que noxo, mamá.

642
00:44:14,291 --> 00:44:15,125
Mamá?

643
00:44:15,625 --> 00:44:16,708
Ola?

644
00:44:17,958 --> 00:44:19,458
- Es John?
- Si.

645
00:44:19,541 --> 00:44:22,166
Son Elpida, a irmá de Manoli.

646
00:44:22,666 --> 00:44:24,333
Veño á nosa cita.

647
00:44:25,541 --> 00:44:26,541
Ai, mimá.

648
00:44:28,166 --> 00:44:31,250
- Marchamos xa.
- Un momento. Agarda, Sia!

649
00:44:31,333 --> 00:44:34,291
- Veña, ho!
- Non nos sigas.

650
00:44:38,083 --> 00:44:38,916
Que…?

651
00:44:42,333 --> 00:44:44,458
É mellor comelo quentiño.

652
00:44:47,750 --> 00:44:49,708
Será posible…

653
00:44:51,708 --> 00:44:54,041
- Voute matar!
- Que foi?

654
00:44:54,125 --> 00:44:54,958
Tía!

655
00:44:56,083 --> 00:44:59,250
- Deus precisa axuda.
- Vaite ter que axudar el a ti.

656
00:45:00,125 --> 00:45:00,958
Que pasou?

657
00:45:01,041 --> 00:45:03,625
Fala coa túa irmá.
Eu inda non entendo nada.

658
00:45:03,708 --> 00:45:06,500
Fun ver a John e ela estaba alí.

659
00:45:06,583 --> 00:45:07,625
Quen? Melina?

660
00:45:07,708 --> 00:45:10,625
Seica a mandas alí levarlle a compra.

661
00:45:10,708 --> 00:45:11,666
A onde?

662
00:45:11,750 --> 00:45:12,625
Ao acantilado!

663
00:45:12,708 --> 00:45:14,041
Vive alí?

664
00:45:14,625 --> 00:45:16,375
Quéresme estragar a vida?

665
00:45:16,458 --> 00:45:17,458
Para xa!

666
00:45:17,541 --> 00:45:20,208
Non. Alí vive un tal John Allman.

667
00:45:23,708 --> 00:45:24,750
Ese é o teu John?

668
00:45:26,250 --> 00:45:27,375
O teu John?

669
00:45:28,041 --> 00:45:30,333
Que pasa? De que o coñeces?

670
00:45:31,958 --> 00:45:32,916
Coñecino onte.

671
00:45:33,916 --> 00:45:35,000
E?

672
00:45:35,083 --> 00:45:36,250
E nada máis.

673
00:45:38,333 --> 00:45:39,291
John e ti…?

674
00:45:39,375 --> 00:45:40,541
Errar é de humanos.

675
00:45:40,625 --> 00:45:41,625
Koula!

676
00:45:41,708 --> 00:45:43,958
Non entendo nada. Por que te pos así?

677
00:45:44,041 --> 00:45:45,041
Por nada.

678
00:45:45,625 --> 00:45:48,333
É que me sorprendeu verte alí, vale?

679
00:45:49,000 --> 00:45:52,333
Non quero falar diso
nin quero que volvas por alí.

680
00:45:53,166 --> 00:45:55,125
Ti non podes dicirme que facer.

681
00:45:55,208 --> 00:45:56,458
Pero eu si.

682
00:45:56,541 --> 00:45:58,625
Mandarei outra persoa ao reparto.

683
00:46:01,625 --> 00:46:02,500
Estupendo.

684
00:46:08,666 --> 00:46:10,750
Advertinte dese vestido!

685
00:46:54,541 --> 00:46:56,583
Avoa, axúdoche?

686
00:46:56,666 --> 00:46:59,458
Acabamos antes se te levo na Vespa.

687
00:47:00,000 --> 00:47:02,208
Ou se me tiras por aí abaixo.

688
00:47:02,291 --> 00:47:04,458
Quen apura, tropeza.

689
00:47:05,166 --> 00:47:07,250
Hai cousas que levan tempo.

690
00:47:07,333 --> 00:47:11,000
E tes tempo agora?
Téñoche que preguntar unha cousa.

691
00:47:11,083 --> 00:47:13,916
Se teño tempo? Só Deus cho sabe.

692
00:47:14,833 --> 00:47:15,875
Pregúntolle a el?

693
00:47:16,375 --> 00:47:19,666
- Non, se xa non se lembra de min.
- Que dis?

694
00:47:20,250 --> 00:47:22,750
Estou cansa, miña prenda.

695
00:47:22,833 --> 00:47:27,000
Xa vivín o meu. Teño a maleta feita,
pero non me leva con el!

696
00:47:27,750 --> 00:47:29,166
Que maleta?

697
00:47:30,541 --> 00:47:31,833
Non entendo nada.

698
00:47:31,916 --> 00:47:33,291
É para o meu enterro.

699
00:47:33,375 --> 00:47:35,375
- Estás morrendo?
- Non.

700
00:47:35,458 --> 00:47:37,791
Pero mellor estar preparada.

701
00:47:38,958 --> 00:47:40,541
Non lle tes medo á morte?

702
00:47:41,791 --> 00:47:43,041
Por que llo vou ter?

703
00:47:43,125 --> 00:47:46,500
Teño as fillas criadas,
xa fixen o que me tocaba.

704
00:47:47,333 --> 00:47:48,375
Xa podo marchar.

705
00:47:50,250 --> 00:47:52,833
Eu inda non fixen nada coa miña vida.

706
00:47:53,458 --> 00:47:55,000
Ti si tes que ter medo.

707
00:47:58,000 --> 00:47:58,958
Avoa…

708
00:48:00,125 --> 00:48:02,250
ti sabes todo o que pasa no pobo.

709
00:48:02,833 --> 00:48:05,083
Quería preguntarche pola miña nai.

710
00:48:05,166 --> 00:48:06,750
E se lle preguntas a ela?

711
00:48:07,250 --> 00:48:08,416
Non mo vai contar.

712
00:48:08,500 --> 00:48:12,625
Pois as súas razóns terá.

713
00:48:12,708 --> 00:48:14,541
Manda truco con vós!

714
00:48:14,625 --> 00:48:17,916
Sodes unhas laretas,
pero cando eu preciso saber algo…

715
00:48:18,000 --> 00:48:19,416
Lareta? Eu?

716
00:48:23,291 --> 00:48:26,458
A ver, que queres saber?

717
00:48:27,958 --> 00:48:30,500
O que pasa entre a miña nai e John.

718
00:48:31,208 --> 00:48:32,041
John?

719
00:48:32,541 --> 00:48:34,041
O que vive no acantilado.

720
00:48:35,083 --> 00:48:36,166
Ai, xa.

721
00:48:40,875 --> 00:48:44,291
Pregúntasme pola relación que tiveron?

722
00:48:45,458 --> 00:48:47,666
A que tiveron? Dirás a que teñen.

723
00:48:50,208 --> 00:48:52,125
Cres que volvería por iso?

724
00:48:52,208 --> 00:48:54,416
Non, ho. Volveu polo tempo.

725
00:49:08,958 --> 00:49:09,791
Boas.

726
00:49:11,250 --> 00:49:12,083
Ola.

727
00:49:14,333 --> 00:49:15,458
Impresionante.

728
00:49:16,041 --> 00:49:16,875
Grazas.

729
00:49:18,833 --> 00:49:22,083
É para que a xente non caia?

730
00:49:23,416 --> 00:49:25,083
Non caen, chímpanse.

731
00:49:25,166 --> 00:49:26,500
Que diferenza hai?

732
00:49:27,166 --> 00:49:28,625
Caer é involuntario.

733
00:49:30,708 --> 00:49:32,875
Logo non te chimpas ao amor?

734
00:49:33,583 --> 00:49:36,041
Non, non te chimpas ao amor.

735
00:49:37,833 --> 00:49:40,250
Ai, Koula deume isto.

736
00:49:40,333 --> 00:49:41,958
A compra. Aquí tes.

737
00:49:51,333 --> 00:49:52,166
É filla miña?

738
00:50:03,416 --> 00:50:08,125
E non se che ocorreu chamarme
ou irme ver e dicirmo?

739
00:50:08,208 --> 00:50:09,208
Si.

740
00:50:09,833 --> 00:50:11,041
Fun a Nova York.

741
00:50:11,708 --> 00:50:12,583
Cando?

742
00:50:13,375 --> 00:50:14,833
Así que o souben.

743
00:50:17,166 --> 00:50:19,083
Fun a un concerto teu.

744
00:50:19,958 --> 00:50:22,083
Conseguín coarme no backstage.

745
00:50:23,041 --> 00:50:25,916
Fun ao teu camerino…

746
00:50:27,333 --> 00:50:29,875
e… vinte.

747
00:50:30,958 --> 00:50:32,166
Con moitas mulleres.

748
00:50:33,208 --> 00:50:34,583
Botábanseche enriba.

749
00:50:35,750 --> 00:50:36,958
Que mulleres?

750
00:50:37,041 --> 00:50:39,083
As groupies? Non me amoles!

751
00:50:41,333 --> 00:50:42,750
Non significaban nada.

752
00:50:42,833 --> 00:50:44,458
Pois para min si.

753
00:50:46,833 --> 00:50:49,791
Non quería criar a nosa filla así.

754
00:50:51,541 --> 00:50:52,625
Así que…

755
00:50:54,166 --> 00:50:55,041
marchei.

756
00:50:55,875 --> 00:50:56,833
E ala?

757
00:50:57,833 --> 00:50:59,791
Teño un tropezo e montas…

758
00:50:59,875 --> 00:51:01,500
Non foi só un, John.

759
00:51:01,583 --> 00:51:05,166
Seguín a túa vida.
Foi un tropezo tras outro.

760
00:51:05,833 --> 00:51:06,666
Grazas.

761
00:51:07,791 --> 00:51:09,750
Se cadra trabuqueime.

762
00:51:11,166 --> 00:51:12,208
Pero era nova.

763
00:51:13,041 --> 00:51:14,375
Tiña medo.

764
00:51:18,041 --> 00:51:19,208
Melina sábeo?

765
00:51:21,458 --> 00:51:23,666
Faleille dun amorío cun turista…

766
00:51:23,750 --> 00:51:25,416
Un amorío cun turista?

767
00:51:25,500 --> 00:51:26,500
Moi bonito.

768
00:51:28,083 --> 00:51:29,791
Crin que che facía un favor.

769
00:51:29,875 --> 00:51:32,875
Acababas de sacar
a maldita "Girl on the Beach"

770
00:51:32,958 --> 00:51:35,041
e convertícheste nunha megaestrela.

771
00:51:35,625 --> 00:51:37,541
Ías poder renunciar a todo iso?

772
00:51:41,250 --> 00:51:43,583
Gustaríame ter a opción de comprobalo.

773
00:51:46,333 --> 00:51:47,875
Sabes que te esperei?

774
00:51:48,500 --> 00:51:49,916
Aquel día, no aeroporto.

775
00:51:53,458 --> 00:51:55,583
De verdade cría que te presentarías.

776
00:51:58,250 --> 00:52:02,583
Non quería abandonar os meus soños

777
00:52:03,916 --> 00:52:05,500
por perseguir os teus.

778
00:52:10,333 --> 00:52:11,250
Pero…

779
00:52:13,333 --> 00:52:14,416
agora estás aquí.

780
00:52:17,458 --> 00:52:19,416
Incrible. Eh!

781
00:52:21,208 --> 00:52:22,458
Lisca de aquí!

782
00:52:24,291 --> 00:52:27,000
Non é bo día para morrer!

783
00:53:28,375 --> 00:53:30,250
A ver se vos lembrades desta.

784
00:53:32,166 --> 00:53:34,958
Queda comigo un anaco.

785
00:53:36,583 --> 00:53:40,166
Déixame facerte sorrir

786
00:53:40,916 --> 00:53:46,000
mentres vemos xuntos o solpor.

787
00:53:49,625 --> 00:53:52,458
Déixame tocar a túa pel.

788
00:53:53,916 --> 00:53:57,333
Rula, déixate querer.

789
00:53:58,875 --> 00:54:02,875
Damas e cabaleiros,
hoxe temos un convidado moi especial.

790
00:54:02,958 --> 00:54:05,333
Un aplauso para John Allman!

791
00:54:09,750 --> 00:54:12,083
John, que dis?

792
00:54:12,958 --> 00:54:14,333
Cantas comigo?

793
00:54:17,333 --> 00:54:18,708
É algo tímido.

794
00:54:18,791 --> 00:54:21,791
Veña, xentiña, vámolo animar!

795
00:54:22,375 --> 00:54:23,208
Vamos, John.

796
00:54:23,291 --> 00:54:26,208
Cantemos "Girl on the Beach"
como Deus manda.

797
00:54:41,875 --> 00:54:45,916
Oes as badaladas? Semellan sinceras?

798
00:54:46,000 --> 00:54:50,208
Non sabes
que esas campás repenican por ti?

799
00:54:50,708 --> 00:54:52,708
Non me deixes aquí.

800
00:54:52,791 --> 00:54:54,958
Non te vaias.

801
00:54:55,041 --> 00:54:58,833
Poida que mañá ames
o que hoxe che dá medo.

802
00:54:59,416 --> 00:55:00,583
Escoita.

803
00:55:01,333 --> 00:55:03,000
Ela é a miña filla.

804
00:55:03,083 --> 00:55:07,041
Debíchesmo dicir, pero calaches a boquiña.

805
00:55:08,125 --> 00:55:09,750
Pois nada!

806
00:55:09,833 --> 00:55:11,375
Que lle imos facer?

807
00:55:11,875 --> 00:55:16,375
Custa querer unha persoa sen a coñecer.

808
00:55:21,750 --> 00:55:22,791
Que dixo?

809
00:55:23,458 --> 00:55:24,625
Que é a súa filla.

810
00:55:25,625 --> 00:55:26,458
Quen?

811
00:55:27,125 --> 00:55:28,208
Melina.

812
00:55:28,750 --> 00:55:29,958
Sabíao!

813
00:55:31,041 --> 00:55:31,875
Mamá?

814
00:55:50,333 --> 00:55:51,541
Melina, agarda!

815
00:55:54,833 --> 00:55:56,000
John Allman?

816
00:55:56,083 --> 00:55:59,125
El é o meu pai?
Dixeches que non sabías quen era!

817
00:55:59,208 --> 00:56:00,375
Xa o sei. Non…

818
00:56:00,958 --> 00:56:03,708
El sabíao? Por iso está aquí?

819
00:56:03,791 --> 00:56:05,833
Non, el non tiña nin idea.

820
00:56:06,541 --> 00:56:09,083
Así que sempre soubeches
quen era o meu pai

821
00:56:09,166 --> 00:56:10,625
e mentíchesme?

822
00:56:11,458 --> 00:56:13,291
Síntoo moitísimo.

823
00:56:14,333 --> 00:56:16,916
Pero como pasou? Eras unha groupie ou que?

824
00:56:17,000 --> 00:56:19,458
Non! Non era unha groupie.

825
00:56:20,750 --> 00:56:21,750
Queríao.

826
00:56:22,250 --> 00:56:24,625
Pero os roqueiros non son bos pais.

827
00:56:24,708 --> 00:56:28,583
Creme, tiña máis interese
en ser roqueiro ca pai.

828
00:56:29,083 --> 00:56:30,833
Non é mala persoa.

829
00:56:32,041 --> 00:56:36,583
Pero pareceume
que non sería quen de sacrificarse,

830
00:56:37,500 --> 00:56:38,666
que marcharía.

831
00:56:41,750 --> 00:56:43,416
Non lle deches oportunidade.

832
00:56:44,000 --> 00:56:46,875
Só tentaba facer o mellor para ti.

833
00:56:49,333 --> 00:56:50,416
Bo traballo, mamá.

834
00:57:56,750 --> 00:57:57,875
Que che parece?

835
00:57:58,375 --> 00:57:59,625
Que que me parece?

836
00:57:59,708 --> 00:58:01,833
Que é un billete en primeira clase

837
00:58:01,916 --> 00:58:04,541
dese illote
directo ao Madison Square Garden.

838
00:58:05,791 --> 00:58:07,125
Rexurdiches, John.

839
00:58:07,208 --> 00:58:11,250
Todos queren mercar a canción,
e falamos dunha chea de ceros.

840
00:58:11,750 --> 00:58:13,750
Cando me digas, mándoche o avión.

841
00:58:14,958 --> 00:58:15,958
O último asalto?

842
00:58:16,041 --> 00:58:17,875
De último, nada, amigo meu.

843
00:58:18,708 --> 00:58:19,875
Vaste consagrar.

844
00:58:19,958 --> 00:58:22,125
Por isto é polo que te recordarán.

845
00:58:23,125 --> 00:58:25,166
Veña, pois adiante.

846
00:58:25,250 --> 00:58:27,041
Si, señor, John!

847
00:58:27,125 --> 00:58:29,166
Mira, vou preparando o avión…

848
00:58:29,250 --> 00:58:30,166
Ai, non.

849
00:58:38,958 --> 00:58:39,958
Ola?

850
00:58:41,541 --> 00:58:42,750
Perdoa.

851
00:58:46,375 --> 00:58:47,583
Pódoche axudar?

852
00:58:49,000 --> 00:58:50,125
Queres falar?

853
00:58:52,375 --> 00:58:53,583
Anda, ho.

854
00:58:55,250 --> 00:58:58,125
Que es moi nova. Es unha neniña.

855
00:59:00,958 --> 00:59:06,541
Mira, sexa o que sexa,
igual agora semella unha traxedia,

856
00:59:06,625 --> 00:59:10,791
pero seguro que dentro de dez anos

857
00:59:10,875 --> 00:59:13,458
non vas lembrar cal era o problema.

858
00:59:23,833 --> 00:59:25,083
Ou si.

859
00:59:29,166 --> 00:59:31,583
- Tes que afastarte de aí.
- Quieto.

860
00:59:31,666 --> 00:59:32,500
Vale.

861
00:59:32,583 --> 00:59:36,125
Non… Non me movo. Estou quietiño.

862
00:59:36,625 --> 00:59:39,333
Pero ti non te movas, por favor.

863
00:59:39,416 --> 00:59:40,250
Vale?

864
00:59:40,750 --> 00:59:43,916
Agás se te queres mover cara a aquí.
Iso estaría ben.

865
00:59:49,750 --> 00:59:50,583
Así.

866
00:59:51,666 --> 00:59:53,083
Moi ben.

867
00:59:57,000 --> 00:59:58,958
Es de aquí do pobo?

868
01:00:03,958 --> 01:00:05,750
Queres que chamemos alguén?

869
01:00:10,833 --> 01:00:12,166
O pai?

870
01:00:15,666 --> 01:00:16,750
E os teus pais?

871
01:00:17,958 --> 01:00:19,333
Vanme matar.

872
01:00:19,416 --> 01:00:21,791
Non! Non te van matar.

873
01:00:21,875 --> 01:00:24,708
De verdade. Prométocho.

874
01:00:24,791 --> 01:00:27,083
En serio? Ti tes fillos?

875
01:00:29,041 --> 01:00:29,875
Algo así.

876
01:00:31,000 --> 01:00:31,833
Que?

877
01:00:32,666 --> 01:00:33,875
Unha longa historia.

878
01:00:36,250 --> 01:00:38,208
Tes algún amigo ou algo?

879
01:00:39,958 --> 01:00:41,583
Non teño a onde ir.

880
01:00:49,958 --> 01:00:53,750
Por que non quedas aquí?
Podes… quedar aquí.

881
01:00:54,333 --> 01:00:55,666
Se non te coñezo.

882
01:01:00,208 --> 01:01:01,375
Que?

883
01:01:01,458 --> 01:01:02,750
Es John Allman?

884
01:01:06,458 --> 01:01:07,291
Toma.

885
01:01:11,541 --> 01:01:13,458
Seguro que non prefires a cama?

886
01:01:15,000 --> 01:01:15,833
Vale.

887
01:01:17,000 --> 01:01:19,500
Tes fame? Tráioche algo de comer?

888
01:01:20,458 --> 01:01:22,291
E de beber? Un vaso de auga?

889
01:01:24,750 --> 01:01:25,583
Moi ben.

890
01:01:26,875 --> 01:01:28,166
A cociña está aí.

891
01:01:28,958 --> 01:01:30,250
Aí tes o baño.

892
01:01:31,291 --> 01:01:34,041
E… ata mañá, si?

893
01:01:36,666 --> 01:01:38,041
Non ía saltar.

894
01:01:42,166 --> 01:01:43,083
Seino.

895
01:02:47,291 --> 01:02:50,541
Está todo ben, mamá.
Só tiñas a tensión baixa.

896
01:02:50,625 --> 01:02:52,416
Entón, desta non morro?

897
01:02:54,958 --> 01:02:56,875
Non, desta non morres.

898
01:02:56,958 --> 01:02:58,458
A que esperas?

899
01:02:58,541 --> 01:03:00,041
Non teñas tanta présa!

900
01:03:00,125 --> 01:03:02,583
E logo? Quédame algo por facer?

901
01:03:02,666 --> 01:03:03,750
Non empeces.

902
01:03:04,250 --> 01:03:08,375
Toda a túa vida
escolliches o camiño máis doado.

903
01:03:09,125 --> 01:03:10,000
O máis doado?

904
01:03:11,083 --> 01:03:12,916
Que foi doado, mamá?

905
01:03:13,000 --> 01:03:16,291
Estudar Medicina? Criar unha filla soa?

906
01:03:16,375 --> 01:03:17,458
Foi doado iso?

907
01:03:18,125 --> 01:03:22,208
Si, porque quixeches facelo soa.

908
01:03:23,416 --> 01:03:26,083
Non volviches entregarlle
o corazón a ninguén.

909
01:03:26,583 --> 01:03:30,000
Non te arriscaches a sufrir por amor.

910
01:03:32,916 --> 01:03:35,791
Estar só é doado.

911
01:03:37,041 --> 01:03:39,208
Estar con alguén é difícil.

912
01:03:39,291 --> 01:03:41,583
Como todas as cousas boas da vida.

913
01:03:43,791 --> 01:03:45,166
Para quen é esa cunca?

914
01:03:46,541 --> 01:03:48,291
Tróuxenche a compra.

915
01:03:58,666 --> 01:04:01,541
Sentade. As dúas.

916
01:04:01,625 --> 01:04:03,500
Avoa, isto non é cousa túa.

917
01:04:03,583 --> 01:04:04,625
Como que non?

918
01:04:04,708 --> 01:04:08,583
Quen cres que te criou
mentres ela estaba na universidade?

919
01:04:09,416 --> 01:04:11,000
Sodes do meu sangue.

920
01:04:11,833 --> 01:04:13,833
Así que sentade.

921
01:04:17,791 --> 01:04:20,958
De aquí non se move ninguén
ata amañarmos isto.

922
01:04:23,958 --> 01:04:26,000
Eu vivín dúas guerras.

923
01:04:28,583 --> 01:04:31,083
Enterrei o home e dous fillos.

924
01:04:35,375 --> 01:04:37,375
Problemas eran eses, non isto.

925
01:04:40,375 --> 01:04:42,666
Bebede o café, que vos arrefría.

926
01:04:51,958 --> 01:04:53,125
Que pon?

927
01:04:55,583 --> 01:04:56,416
Eleftheria.

928
01:04:57,666 --> 01:04:58,583
Liberdade.

929
01:04:59,625 --> 01:05:02,166
Saquei a idea dunha cita famosa dun grego.

930
01:05:02,958 --> 01:05:05,875
"Non espero nada,
non temo nada. Son libre."

931
01:05:06,708 --> 01:05:07,958
Kazantzakis.

932
01:05:08,625 --> 01:05:09,541
Coñécelo?

933
01:05:10,041 --> 01:05:12,750
Claro! Zorba, o grego.

934
01:05:17,166 --> 01:05:20,791
Oe, os teus pais onde pensan que estás?

935
01:05:21,458 --> 01:05:23,083
Na universidade, en Atenas.

936
01:05:24,041 --> 01:05:26,208
Pensaban que chegaba onte.

937
01:05:27,750 --> 01:05:29,041
Falaches con eles?

938
01:05:33,041 --> 01:05:34,875
Contáchesllo ao pai?

939
01:05:35,750 --> 01:05:38,541
Si. El desenténdese de todo.

940
01:05:40,333 --> 01:05:41,291
En fin…

941
01:05:44,000 --> 01:05:45,333
Ao menos dixéchesllo.

942
01:05:48,041 --> 01:05:49,333
Ti tamén tes un.

943
01:05:50,250 --> 01:05:51,250
Este? Si.

944
01:05:51,750 --> 01:05:52,833
Digo o pequeniño.

945
01:05:55,500 --> 01:05:56,333
Este?

946
01:05:56,416 --> 01:05:57,791
Tamén está en grego.

947
01:05:58,833 --> 01:05:59,666
Athanasia.

948
01:06:00,833 --> 01:06:01,666
Si.

949
01:06:02,291 --> 01:06:05,500
Significa inmortalidade.

950
01:06:05,583 --> 01:06:07,291
Tamén é nome de muller.

951
01:06:10,166 --> 01:06:11,000
Xa.

952
01:06:12,375 --> 01:06:13,208
Si que o é.

953
01:06:21,000 --> 01:06:23,583
Mamá, lesme a cunca?

954
01:06:25,083 --> 01:06:25,958
Claro.

955
01:06:28,833 --> 01:06:30,416
Vexo dúas figuras.

956
01:06:31,791 --> 01:06:33,791
Unha nai e mais unha filla.

957
01:06:35,791 --> 01:06:37,166
E danse unha aperta.

958
01:06:39,916 --> 01:06:41,416
Que se dan unha aperta!

959
01:06:50,958 --> 01:06:52,208
Síntoo moito.

960
01:06:53,875 --> 01:06:54,708
Xa o sei.

961
01:07:05,208 --> 01:07:06,666
Que ves en realidade?

962
01:07:07,583 --> 01:07:08,666
Nadiña.

963
01:07:08,750 --> 01:07:09,875
Que?

964
01:07:10,791 --> 01:07:14,083
De verdade esperas atopar respostas
nunha cunca?

965
01:07:25,541 --> 01:07:26,916
Vou eu primeiro, vale?

966
01:07:48,041 --> 01:07:48,958
John?

967
01:07:50,750 --> 01:07:51,583
Vives aquí?

968
01:07:52,458 --> 01:07:53,833
Si, claro.

969
01:07:54,416 --> 01:07:55,500
Vale…

970
01:07:55,583 --> 01:07:58,208
Que pasa? Aconteceu algo no acantilado?

971
01:07:59,583 --> 01:08:00,541
Quen é?

972
01:08:01,041 --> 01:08:02,541
Tranquila, non pasa nada.

973
01:08:02,625 --> 01:08:03,541
É por Anna?

974
01:08:03,625 --> 01:08:04,833
Non. Volve dentro.

975
01:08:07,125 --> 01:08:08,125
Si que é por ela.

976
01:08:09,333 --> 01:08:11,541
Como? Víchela?

977
01:08:11,625 --> 01:08:12,458
Está ben?

978
01:08:12,541 --> 01:08:14,875
- Estivo na miña casa…
- Na túa casa?

979
01:08:15,458 --> 01:08:16,958
Vive no acantilado.

980
01:08:17,458 --> 01:08:18,291
Ai, meu Deus!

981
01:08:18,375 --> 01:08:20,083
- Que queres dicir?
- Nada…

982
01:08:20,166 --> 01:08:22,250
- Que queres dicir?
- Nada!

983
01:08:22,333 --> 01:08:23,250
Manoli!

984
01:08:23,333 --> 01:08:25,000
Onde está a miña filla?

985
01:08:25,083 --> 01:08:26,250
Estou aquí.

986
01:08:29,041 --> 01:08:30,083
Estou aquí, papá.

987
01:08:31,958 --> 01:08:33,333
John salvoume a vida.

988
01:08:36,666 --> 01:08:37,500
Ismini…

989
01:08:39,375 --> 01:08:40,583
Síntoo.

990
01:08:42,500 --> 01:08:44,708
Que o sentes?

991
01:08:44,791 --> 01:08:45,625
Ei!

992
01:08:45,708 --> 01:08:47,041
- Aparta, John!
- Non.

993
01:08:47,125 --> 01:08:48,041
Que apartes!

994
01:08:48,125 --> 01:08:50,625
Non a saquei do cantil
para que a mates ti!

995
01:08:50,708 --> 01:08:53,208
- Son seu pai!
- Pois compórtate como tal!

996
01:08:55,208 --> 01:08:56,250
É unha nena.

997
01:08:57,666 --> 01:08:58,875
Cometeu un erro.

998
01:08:58,958 --> 01:09:01,750
Isto non é un erro, John,
é unha catástrofe.

999
01:09:01,833 --> 01:09:04,166
O meu neto non é unha catástrofe!

1000
01:09:06,541 --> 01:09:07,375
Ismini…

1001
01:09:08,416 --> 01:09:11,666
Ti volve cando te tranquilices.

1002
01:09:14,833 --> 01:09:17,416
E a onde vou? A onde vou?

1003
01:09:21,750 --> 01:09:22,583
Que?

1004
01:09:27,166 --> 01:09:29,458
Ai, agora queres facer o cerrume, non?

1005
01:09:32,875 --> 01:09:35,583
Saúde, avó.

1006
01:09:36,375 --> 01:09:37,625
Vaina rañar!

1007
01:09:40,958 --> 01:09:42,833
E que pasou coa miña irmá?

1008
01:09:43,458 --> 01:09:45,000
Nada de nada.

1009
01:09:46,041 --> 01:09:47,625
Nin quero que pase.

1010
01:09:48,958 --> 01:09:52,291
E logo por que? Non é boa dabondo para ti?

1011
01:09:52,875 --> 01:09:55,250
Estaba con Sia cando chegou.

1012
01:09:58,333 --> 01:10:02,041
Iso escaralláchelo ti soíño.
A miña irmá non tivo culpa.

1013
01:10:05,041 --> 01:10:07,166
Pero fai unha pasta boísima.

1014
01:10:10,666 --> 01:10:13,500
Entón… que plan tes?

1015
01:10:14,750 --> 01:10:17,708
Quedar aquí co teu cerrume toda a vida?

1016
01:10:18,208 --> 01:10:19,250
Por que non?

1017
01:10:22,458 --> 01:10:23,708
Precisas xente.

1018
01:10:25,000 --> 01:10:27,791
Todos a precisamos,
malia que non o admitamos.

1019
01:10:28,375 --> 01:10:30,875
Por que cres que veñen chimparse aquí?

1020
01:10:32,041 --> 01:10:35,583
Veñen ao único acantilado da illa
onde hai unha casa.

1021
01:10:36,666 --> 01:10:37,541
E ti?

1022
01:10:38,583 --> 01:10:41,375
De todas as illas do mundo,
viñeches a esta.

1023
01:10:54,083 --> 01:10:54,916
Si?

1024
01:10:57,083 --> 01:10:57,916
Que?

1025
01:10:58,833 --> 01:10:59,666
Cando?

1026
01:11:00,958 --> 01:11:02,250
Vale!

1027
01:11:04,458 --> 01:11:05,750
Anna está de parto!

1028
01:11:06,375 --> 01:11:07,583
Está de parto!

1029
01:11:10,708 --> 01:11:12,958
Non estou preparado. É moi cedo!

1030
01:11:13,666 --> 01:11:16,250
Se souben que estaba embarazada esta mañá!

1031
01:11:16,333 --> 01:11:18,875
Preciso tempo! E ela tamén!

1032
01:11:18,958 --> 01:11:20,208
Que vai facer?

1033
01:11:20,291 --> 01:11:22,666
É moi nova. É unha nena.

1034
01:11:22,750 --> 01:11:24,541
A miña nena vai ter un neno.

1035
01:11:24,625 --> 01:11:26,500
Non ten dúbida, tente a ti.

1036
01:11:26,583 --> 01:11:27,416
Coidado!

1037
01:11:33,333 --> 01:11:34,250
Merda.

1038
01:11:35,333 --> 01:11:36,291
Non morrín!

1039
01:11:45,250 --> 01:11:47,791
Estás de broma? Flores?

1040
01:11:48,375 --> 01:11:51,041
Un globo? Non se che ocorreu nada mellor?

1041
01:11:51,125 --> 01:11:53,333
Esbandállasme a vida.

1042
01:11:53,416 --> 01:11:55,625
Humíllasme diante dos meus coñecidos.

1043
01:11:55,708 --> 01:11:57,250
- É…
- Feres a miña filla.

1044
01:11:57,333 --> 01:11:59,958
E só se che ocorre virme cunhas flores?

1045
01:12:00,041 --> 01:12:01,375
É que non…

1046
01:12:02,458 --> 01:12:05,666
Deberías andar polas rúas
implorando que te perdoe

1047
01:12:05,750 --> 01:12:07,708
porque eu nunca quixen mancarte.

1048
01:12:07,791 --> 01:12:09,041
Pero ti?

1049
01:12:09,791 --> 01:12:11,958
Rompíchesme o corazón á mantenta.

1050
01:12:12,458 --> 01:12:16,375
Así que podes aforrar as flores de merda!

1051
01:12:29,250 --> 01:12:30,625
Non son para ti.

1052
01:12:31,375 --> 01:12:32,458
Son para Anna.

1053
01:12:32,541 --> 01:12:35,375
A filla de Manoli. Acaba de dar a luz.

1054
01:12:38,291 --> 01:12:40,416
Si, Anna, claro. Xa sei.

1055
01:12:41,541 --> 01:12:42,666
Atendín eu o parto.

1056
01:12:44,666 --> 01:12:46,000
Síntoo.

1057
01:12:49,208 --> 01:12:50,208
Pronto marcharei

1058
01:12:50,291 --> 01:12:53,333
e non terás que preocuparte máis por min.

1059
01:12:54,916 --> 01:12:57,083
Saíume unha oportunidade moi boa alá

1060
01:12:57,166 --> 01:13:01,708
e creo que me vai vir moi ben.

1061
01:13:02,666 --> 01:13:03,875
Vas marchar?

1062
01:13:05,041 --> 01:13:05,875
Si.

1063
01:13:11,541 --> 01:13:13,958
E que pasa… con Melina?

1064
01:13:15,458 --> 01:13:16,375
Que lle pasa?

1065
01:13:20,666 --> 01:13:21,583
Nada.

1066
01:13:24,291 --> 01:13:26,833
Sorte coa grande oportunidade.

1067
01:13:36,041 --> 01:13:36,958
Boas.

1068
01:13:38,625 --> 01:13:39,625
Toma.

1069
01:13:44,833 --> 01:13:45,916
Que tal, rula?

1070
01:13:46,500 --> 01:13:47,333
Ben.

1071
01:13:48,000 --> 01:13:48,833
Ala!

1072
01:13:50,250 --> 01:13:51,458
Mira o que fixeches.

1073
01:13:53,208 --> 01:13:54,333
Quérelo coller?

1074
01:13:54,916 --> 01:13:56,583
Ai, non…

1075
01:13:57,291 --> 01:13:58,791
Cólleo, anda.

1076
01:14:02,916 --> 01:14:03,750
Vale.

1077
01:14:05,833 --> 01:14:06,666
A ver.

1078
01:14:09,666 --> 01:14:10,750
Mi madriña.

1079
01:14:17,291 --> 01:14:18,291
É…

1080
01:14:19,416 --> 01:14:20,541
unha preciosidade.

1081
01:14:25,958 --> 01:14:28,041
Queremos que se chame Yianni.

1082
01:14:30,208 --> 01:14:31,666
É John en grego.

1083
01:15:07,291 --> 01:15:08,291
Ola.

1084
01:15:08,875 --> 01:15:10,583
Quería ver a Melina.

1085
01:15:11,583 --> 01:15:12,916
E logo?

1086
01:15:14,458 --> 01:15:16,625
Non podes ir e vir cando che pete.

1087
01:15:16,708 --> 01:15:17,541
Xa o sei.

1088
01:15:18,375 --> 01:15:19,791
É a miña familia.

1089
01:15:21,041 --> 01:15:22,583
É a túa familia.

1090
01:15:22,666 --> 01:15:24,625
Seino.

1091
01:15:26,750 --> 01:15:28,125
- John?
- Ola.

1092
01:15:28,666 --> 01:15:30,125
Vai todo ben?

1093
01:15:30,208 --> 01:15:31,125
Si.

1094
01:15:32,333 --> 01:15:35,375
En primeiro lugar,
perdóame por desaparecer

1095
01:15:35,958 --> 01:15:38,625
e polo daquela noite na taberna.

1096
01:15:38,708 --> 01:15:39,541
Non pasa nada.

1097
01:15:39,625 --> 01:15:41,250
Non, si que pasa.

1098
01:15:42,833 --> 01:15:46,375
Non sei que estou a facer.

1099
01:15:46,958 --> 01:15:50,083
Non sei ser pai dun día para outro

1100
01:15:50,166 --> 01:15:51,750
e vou…

1101
01:15:53,000 --> 01:15:54,458
tentar facelo mellor.

1102
01:15:57,250 --> 01:15:58,083
Vale.

1103
01:16:00,500 --> 01:16:01,666
En segundo lugar,

1104
01:16:02,166 --> 01:16:06,333
preciso a túa axuda e mais o teu permiso.

1105
01:16:10,750 --> 01:16:12,250
Igual é mellor esperar.

1106
01:16:12,333 --> 01:16:15,583
É agora ou nunca.
Despois temos que ir traballar.

1107
01:16:16,166 --> 01:16:17,000
É que…

1108
01:16:18,458 --> 01:16:20,916
Cambiei de idea. É unha parvada.

1109
01:16:21,000 --> 01:16:23,791
Non o é. É romántico.

1110
01:16:23,875 --> 01:16:25,916
Pouca diferenza hai.

1111
01:16:26,000 --> 01:16:27,875
Non sei pronunciar case nada.

1112
01:16:27,958 --> 01:16:30,333
Levas todo o día ensaiando. Acouga.

1113
01:16:30,416 --> 01:16:31,333
Eu axúdoche.

1114
01:16:32,208 --> 01:16:34,666
Actuaches ante miles de persoas.

1115
01:16:35,750 --> 01:16:37,208
Pero non eran ela.

1116
01:16:37,291 --> 01:16:38,625
Maria!

1117
01:16:40,833 --> 01:16:42,041
Ven ver!

1118
01:16:42,916 --> 01:16:44,375
Tamén temos público?

1119
01:16:44,458 --> 01:16:45,458
Que máis che ten?

1120
01:16:46,166 --> 01:16:49,333
Mira, se non estás disposto
a facer o ridículo,

1121
01:16:49,416 --> 01:16:51,291
é que non a queres dabondo.

1122
01:16:53,291 --> 01:16:54,333
Vale.

1123
01:16:58,958 --> 01:17:00,083
Mi madriña.

1124
01:19:53,875 --> 01:19:54,833
Mimá…

1125
01:21:00,041 --> 01:21:00,875
Síntoo.

1126
01:21:05,333 --> 01:21:06,208
Toma.

1127
01:21:11,166 --> 01:21:12,125
Graciñas.

1128
01:21:20,916 --> 01:21:22,916
Teño unha cousa para ti.

1129
01:21:24,666 --> 01:21:25,541
Que é?

1130
01:21:26,541 --> 01:21:27,458
Xa o verás.

1131
01:21:39,500 --> 01:21:42,208
AO BORDO DO ABISMO

1132
01:21:42,291 --> 01:21:47,000
É PARA TI
COMEZA O TEU "MODO DE VIDA"

1133
01:21:48,333 --> 01:21:53,250
Segundo de onde veña o vento,

1134
01:21:54,708 --> 01:21:59,708
se vai un día apracible coma o de hoxe,

1135
01:22:00,833 --> 01:22:05,875
sigo a ter os pés de barro.

1136
01:22:06,375 --> 01:22:12,416
Atoparasme ao bordo do abismo.

1137
01:22:13,541 --> 01:22:16,458
Tomei decisións,

1138
01:22:16,541 --> 01:22:19,000
case todas malas.

1139
01:22:19,708 --> 01:22:24,750
Fíxeno todo o peor que puiden.

1140
01:22:26,083 --> 01:22:31,541
Abatida, non estou anoxada.

1141
01:22:31,625 --> 01:22:37,416
Atoparasme ao bordo do abismo.

1142
01:22:45,833 --> 01:22:47,125
Sabes como funciona?

1143
01:22:49,416 --> 01:22:52,833
Fíxate. Vira e abre!

1144
01:22:53,833 --> 01:22:55,083
Parece maxia.

1145
01:22:59,916 --> 01:23:01,125
Que pasou?

1146
01:23:01,791 --> 01:23:03,083
Non pasou nada.

1147
01:23:04,666 --> 01:23:06,000
Non o viches?

1148
01:23:06,583 --> 01:23:07,500
Si.

1149
01:23:08,916 --> 01:23:09,791
Vino.

1150
01:23:10,791 --> 01:23:11,875
Escoiteino.

1151
01:23:13,416 --> 01:23:15,416
Cantou unha canción preciosa.

1152
01:23:16,666 --> 01:23:18,708
E cruzou un océano

1153
01:23:19,208 --> 01:23:20,958
e agardou toda a vida.

1154
01:23:22,708 --> 01:23:23,666
E ti tamén.

1155
01:23:25,750 --> 01:23:27,583
Iso non significa que cambiase.

1156
01:23:30,666 --> 01:23:31,500
Non.

1157
01:23:33,166 --> 01:23:34,166
Pero isto si.

1158
01:23:59,541 --> 01:24:00,958
Véñome chimpar.

1159
01:24:08,333 --> 01:24:09,541
Non será caer?

1160
01:24:10,875 --> 01:24:11,750
Non.

1161
01:24:13,083 --> 01:24:14,916
Chimparme, sen dúbida.

1162
01:24:30,125 --> 01:24:35,291
E a miña alma tenta continuar

1163
01:24:36,666 --> 01:24:41,666
e o meu corazón tenta sobrevivir.

1164
01:24:42,916 --> 01:24:49,125
E a miña mente non para de enganarme,

1165
01:24:49,208 --> 01:24:55,250
segue repetindo que estou viva.

1166
01:24:56,333 --> 01:25:01,500
Pregúntaste se me importa?

1167
01:25:02,708 --> 01:25:07,916
Hai pregarias para os pecadores?

1168
01:25:09,041 --> 01:25:12,875
Se me vises agora,

1169
01:25:12,958 --> 01:25:19,958
xúroche que me atoparías
ao bordo do abismo.

1170
01:25:20,833 --> 01:25:27,833
Atoparasme ao bordo do abismo.

1171
01:25:41,458 --> 01:25:42,333
Ola!

1172
01:25:42,416 --> 01:25:43,958
Escoitastes a maqueta?

1173
01:25:44,041 --> 01:25:46,125
Se non escoitamos outra cousa!

1174
01:25:46,208 --> 01:25:47,625
A túa nai pona en bucle.

1175
01:25:48,625 --> 01:25:50,041
É preciosa, Melina.

1176
01:25:50,125 --> 01:25:51,750
Que orgullosos estamos!

1177
01:25:51,833 --> 01:25:52,708
Grazas, mamá.

1178
01:25:52,791 --> 01:25:55,125
Nunca pensei aborrecer a miña música.

1179
01:25:55,625 --> 01:25:57,166
Tena de melodía do móbil.

1180
01:25:57,250 --> 01:25:58,125
En serio?

1181
01:25:58,208 --> 01:26:00,041
Boh! Jimmy cóidate ben?

1182
01:26:00,125 --> 01:26:03,041
Perdoa, que tipo de pregunta é esa?

1183
01:26:03,125 --> 01:26:04,041
Que hai, Jimmy!

1184
01:26:04,125 --> 01:26:06,125
Que saibas que me coida ela a min.

1185
01:26:06,208 --> 01:26:08,916
Por fin un artista
co que dá gusto traballar.

1186
01:26:09,708 --> 01:26:10,833
Botámoste en falta.

1187
01:26:12,833 --> 01:26:15,750
Estamos moi ben.
E traballando en cousas novas.

1188
01:26:15,833 --> 01:26:18,708
Que ben. Ti non deixes de cantar.

1189
01:26:19,666 --> 01:26:20,500
Nin ti.

1190
01:26:29,375 --> 01:26:31,958
Parabéns para ti…

1191
01:26:32,041 --> 01:26:33,375
Non, John!

1192
01:26:33,458 --> 01:26:34,375
En grego!

1193
01:27:34,375 --> 01:27:41,375
FALÉMOLO

1194
01:31:55,833 --> 01:32:00,833
Subtítulos: Marina do Albardeiro



