1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:01:10,041 --> 00:01:12,708
XUSTIZA ARTIFICIAL

4
00:01:13,375 --> 00:01:16,958
(GAIVOTA)

5
00:01:17,583 --> 00:01:21,000
(ONDA)

6
00:01:40,458 --> 00:01:42,291
(CORPO HUMANO)

7
00:02:39,500 --> 00:02:42,250
Que actividades
realiza esta organización?

8
00:02:42,916 --> 00:02:45,625
É unha organización de reinserción.

9
00:02:45,708 --> 00:02:47,125
Ensinan xardinería.

10
00:02:47,208 --> 00:02:50,041
Onde vivirá
se lle concedemos o terceiro grao?

11
00:02:50,458 --> 00:02:51,916
Nun piso da asociación.

12
00:02:52,333 --> 00:02:53,458
E despois?

13
00:02:53,958 --> 00:02:54,916
Como?

14
00:02:55,000 --> 00:02:58,083
Onde se ve en tres anos?
Que lle gustaría facer?

15
00:02:58,666 --> 00:03:00,125
A verdade,

16
00:03:00,208 --> 00:03:03,583
gustaríame seguir a estudar
Informática.

17
00:03:03,958 --> 00:03:06,000
É a miña paixón.

18
00:03:06,666 --> 00:03:09,083
Botei dous anos na cadea.

19
00:03:09,166 --> 00:03:11,041
CALCULANDO
PROBABILIDADE REINCIDENCIA

20
00:03:11,125 --> 00:03:13,458
Teño a cabeza organizada.

21
00:03:13,541 --> 00:03:17,250
Quero buscar un traballo legal,
en software, por exemplo.

22
00:03:20,416 --> 00:03:21,833
Non sei...

23
00:03:21,916 --> 00:03:25,083
Podo traballar en algo...

24
00:03:25,166 --> 00:03:28,666
e empregar os meus coñecementos
para o servizo comunitario.

25
00:03:30,916 --> 00:03:35,458
PROBABILIDADE DE REINCIDENCIA: 82 %
RECOMENDACIÓN: DENEGAR

26
00:03:35,541 --> 00:03:38,791
Ou desenvolver software
de seguridade para empresas.

27
00:03:38,875 --> 00:03:40,000
O demandante,

28
00:03:40,083 --> 00:03:42,291
Jesús Almeida Carballo,
solicita o terceiro grao.

29
00:03:42,375 --> 00:03:43,375
A fiscalía oponse.

30
00:03:44,958 --> 00:03:48,583
Falamos de dous millóns
en danos informáticos, señoría.

31
00:03:48,666 --> 00:03:50,416
O seu arrepentimento non é honesto.

32
00:03:50,500 --> 00:03:52,791
Continúa
a escribir en círculos de hacking.

33
00:03:53,458 --> 00:03:54,625
É así?

34
00:03:55,208 --> 00:03:56,416
Señoría...

35
00:03:57,958 --> 00:03:59,333
se se refire...

36
00:03:59,416 --> 00:04:01,500
a que consultei
foros informáticos, si.

37
00:04:01,583 --> 00:04:04,625
SOLICITUDE DE TERCEIRO GRAO
RECOMENDACIÓN: DENEGAR

38
00:04:04,708 --> 00:04:06,416
O meu interese é formativo.

39
00:04:06,500 --> 00:04:07,583
Que vou facer?

40
00:04:08,041 --> 00:04:11,208
Comezar a estudar algo diferente?
Non.

41
00:04:11,291 --> 00:04:13,083
É o que quero facer na vida.

42
00:04:13,166 --> 00:04:15,958
Obviamente, de xeito legal.

43
00:04:16,041 --> 00:04:20,000
Quero medrar nesta área,
e continuar traballando aquí.

44
00:04:20,083 --> 00:04:23,083
O demandante
cumpre os requisitos legais.

45
00:04:23,166 --> 00:04:25,041
Pronúnciome ao seu favor e ordeno...

46
00:04:25,125 --> 00:04:26,125
Señoría,

47
00:04:26,208 --> 00:04:29,750
solicito que se inclúa na sentenza
a recomendación de THENTE.

48
00:04:29,833 --> 00:04:31,416
Fiscal, non me interrompa.

49
00:04:32,083 --> 00:04:35,416
O software recomenda
que siga na cadea e así constará.

50
00:04:35,500 --> 00:04:37,666
O tribunal
pronúnciase a favor do demandante

51
00:04:37,750 --> 00:04:39,333
e concédelle o terceiro grao.

52
00:04:39,750 --> 00:04:40,750
Señor Almeida,

53
00:04:41,583 --> 00:04:43,333
aproveite esta oportunidade.

54
00:04:44,833 --> 00:04:45,791
Grazas.

55
00:04:46,250 --> 00:04:47,666
Levántase a sesión.

56
00:04:53,166 --> 00:04:55,500
- A que hora é?
- Ás 10:30.

57
00:04:56,291 --> 00:04:58,041
Tomamos un café mentres o revisas?

58
00:04:58,125 --> 00:04:59,291
Carmen.

59
00:05:00,625 --> 00:05:01,625
Alicia.

60
00:05:01,708 --> 00:05:03,833
Debín pedir cita.

61
00:05:03,916 --> 00:05:06,500
Mandeiche varias mensaxes,
pero non as abriches.

62
00:05:06,583 --> 00:05:08,166
Si, vinas, perdoa.

63
00:05:08,250 --> 00:05:10,291
- Tiña traballo.
- Seino.

64
00:05:10,625 --> 00:05:11,916
Preciso falar contigo.

65
00:05:13,375 --> 00:05:15,125
Non insistiría se non fose urxente.

66
00:05:15,791 --> 00:05:17,708
Venres pola mañá, logo.

67
00:05:17,791 --> 00:05:20,125
Mañá avisámoste para cerralo.

68
00:05:20,208 --> 00:05:21,250
Moi ben.

69
00:05:21,333 --> 00:05:22,750
- Encantada.
- Igualmente.

70
00:05:30,750 --> 00:05:32,708
Hoxe comparezo ante vostedes

71
00:05:32,791 --> 00:05:34,416
para anunciar

72
00:05:34,500 --> 00:05:38,166
a nosa intención de convocar
un referendo histórico.

73
00:05:38,250 --> 00:05:39,708
PRESIDENTA DO GOBERNO

74
00:05:39,791 --> 00:05:42,333
É o momento
de actualizar a nosa Constitución.

75
00:05:42,833 --> 00:05:46,500
O obxectivo é crear
un marco lexislativo para introducir

76
00:05:46,583 --> 00:05:50,000
sistemas de intelixencia artificial

77
00:05:50,083 --> 00:05:53,458
para modernizar
a Administración de Xustiza.

78
00:05:53,958 --> 00:05:58,916
Co fin de aumentar a eficiencia
en todos os nosos xulgados,

79
00:05:59,000 --> 00:06:02,458
propoñemos a implementación
de THENTE 2.

80
00:06:02,541 --> 00:06:04,458
Buscamos a confianza

81
00:06:04,541 --> 00:06:07,000
e a aprobación
por parte da cidadanía

82
00:06:07,083 --> 00:06:08,791
neste referendo

83
00:06:08,875 --> 00:06:12,708
para levar a cabo
un proceso de transición tecnolóxica

84
00:06:12,791 --> 00:06:15,708
esencial para o futuro
das nosas institucións.

85
00:06:15,791 --> 00:06:18,583
Anunciouse a comparecencia
da CEO de THENTE.

86
00:06:18,666 --> 00:06:20,416
Si. Síntoo,

87
00:06:20,500 --> 00:06:22,166
Alicia Kóvack non asistirá

88
00:06:22,250 --> 00:06:25,416
- por motivos persoais.
- Serás cínica.

89
00:06:25,500 --> 00:06:26,583
Moitas grazas.

90
00:06:26,666 --> 00:06:30,833
Desactivando
piloto automático en tres, dous, un.

91
00:06:43,666 --> 00:06:46,333
Hoxe, a xustiza ten
numerosos problemas.

92
00:06:46,416 --> 00:06:49,791
Din que é lenta, ineficaz,
que está politizada

93
00:06:49,875 --> 00:06:53,458
ou que non está en sintonía
cos valores da sociedade.

94
00:06:53,541 --> 00:06:54,625
Durante moito tempo,

95
00:06:54,708 --> 00:06:57,416
os tribunais foron
lugares de conflito e frustración.

96
00:06:57,500 --> 00:06:59,083
De esperas innecesarias,

97
00:06:59,166 --> 00:07:01,125
de papelame e burocracia.

98
00:07:01,208 --> 00:07:03,666
Vivimos en sociedades
complexas e globalizadas,

99
00:07:03,750 --> 00:07:06,916
pero os xulgados
seguen ancorados no século XX.

100
00:07:07,000 --> 00:07:10,583
Son estruturas lentas e
incapaces de adaptarse ao presente.

101
00:07:11,250 --> 00:07:14,083
Dixeron que o coche autónomo
era un soño futurista.

102
00:07:14,166 --> 00:07:17,416
Que a creación artística
era unha habilidade só humana.

103
00:07:17,875 --> 00:07:19,291
EXFISCAL ANTICORRUPCIÓN

104
00:07:19,375 --> 00:07:22,708
Que unha intelixencia artificial
non podía substituír un xuíz.

105
00:07:22,791 --> 00:07:24,041
Enganáronse.

106
00:07:24,666 --> 00:07:25,833
Alicia dixo algo?

107
00:07:25,916 --> 00:07:26,875
É infantil.

108
00:07:28,500 --> 00:07:30,958
Fala con Márketing.
Que nos dean más opcións.

109
00:07:31,041 --> 00:07:32,125
Como estamos os tres,

110
00:07:32,208 --> 00:07:34,125
quería comentar algo.

111
00:07:34,500 --> 00:07:36,250
Na presentación, non deberías subir

112
00:07:36,333 --> 00:07:39,208
- soa ao escenario.
- Alicia é a cara da empresa.

113
00:07:39,291 --> 00:07:40,583
A presión aumentará.

114
00:07:40,666 --> 00:07:42,916
Cres que non pode aturar a presión?

115
00:07:43,000 --> 00:07:46,541
Desapareces, deixas plantada
a presidenta do Goberno...

116
00:07:48,125 --> 00:07:49,375
Algo que dicir?

117
00:07:49,791 --> 00:07:51,458
Suspéndese a presentación.

118
00:07:52,416 --> 00:07:54,166
O sistema non está listo.

119
00:07:57,416 --> 00:07:58,750
A data está acordada.

120
00:07:58,833 --> 00:08:00,250
Comprometémonos.

121
00:08:00,333 --> 00:08:02,416
Convoquei o consello esta semana.

122
00:08:02,500 --> 00:08:03,708
Mañá anunciámolo.

123
00:08:03,791 --> 00:08:04,958
- Estás tola.
- Brais.

124
00:08:05,041 --> 00:08:07,958
Acaban de anuncialo
nunha conferencia de prensa.

125
00:08:11,458 --> 00:08:12,458
Brais.

126
00:08:12,875 --> 00:08:14,041
Que?

127
00:08:14,375 --> 00:08:15,625
Que queres?

128
00:08:15,958 --> 00:08:17,625
- Debiches consultarmo.
- Fíxeno.

129
00:08:17,708 --> 00:08:21,041
Iamos seguir. Mellorar aos poucos.
Hai empregos en xogo.

130
00:08:21,125 --> 00:08:23,583
- Hai máis cousas en xogo.
- É un suicidio.

131
00:08:23,666 --> 00:08:25,375
O consello non o permitirá.

132
00:08:25,458 --> 00:08:26,750
E eu tampouco.

133
00:08:36,458 --> 00:08:40,666
Os investidores esperan o lanzamento
e os Gobernos tamén.

134
00:08:41,250 --> 00:08:42,791
Non é o momento.

135
00:08:43,500 --> 00:08:46,583
Se queres mudar algo,
faino máis adiante.

136
00:08:47,125 --> 00:08:48,458
Está decidido.

137
00:11:08,833 --> 00:11:10,416
EU TEÑO O CONTROL

138
00:11:10,500 --> 00:11:12,125
ESTE É O MEU MOMENTO

139
00:11:16,500 --> 00:11:18,166
Está todo correcto.

140
00:11:18,250 --> 00:11:21,500
Foi expulsando
todos os restos do embrión.

141
00:11:28,125 --> 00:11:29,625
É normal

142
00:11:29,708 --> 00:11:33,833
- que estea uns días co ánimo baixo.
- Estou ben, non se preocupe.

143
00:11:37,250 --> 00:11:40,291
Carmen, non lle recomendo
que volva intentalo.

144
00:11:40,375 --> 00:11:43,708
A porcentaxe de risco
que nos dá o sistema é moi alta.

145
00:11:43,791 --> 00:11:47,250
O máis seguro é
que nos atopemos na mesma situación.

146
00:11:48,083 --> 00:11:49,666
Pero é a súa decisión.

147
00:11:51,541 --> 00:11:53,541
Non ten que decidilo agora.

148
00:12:17,000 --> 00:12:21,916
REFERENDO PARA A TRANSICIÓN
TECNOLOXÍA XUDICIAL

149
00:12:22,750 --> 00:12:27,916
VOTA SI

150
00:12:28,000 --> 00:12:28,875
ÚLTIMA HORA

151
00:12:28,958 --> 00:12:31,416
MORRE ALICIA KÓVACK,
CEO DE THENTE IA.

152
00:12:31,500 --> 00:12:34,041
O accidente producíase horas despois

153
00:12:34,125 --> 00:12:37,541
de anunciar a presidenta
a reforma do sistema xudicial.

154
00:12:37,625 --> 00:12:41,125
A morte de Alicia Kóvack é un golpe
para a iniciativa do Goberno,

155
00:12:41,208 --> 00:12:45,208
pero, sobre todo, para THENTE,
que perde o seu maior activo.

156
00:12:58,375 --> 00:13:00,791
A CREADORA DE THENTE IA
MORRE NUN ACCIDENTE

157
00:13:02,208 --> 00:13:05,250
ALICIA KÓVACK É A MULLER
QUE PRECISABA A XUSTIZA

158
00:13:05,333 --> 00:13:08,458
OS MÁIS INFLUENTES
ALICIA KÓVACK: O FUTURO DA XUSTIZA

159
00:13:08,541 --> 00:13:12,166
CARMEN COSTA: A XUÍZA
QUE SE ENFRONTOU ÁS ELÉCTRICAS

160
00:13:19,125 --> 00:13:22,458
CARMEN, GUSTARÍAME VERTE.

161
00:13:22,541 --> 00:13:26,875
PRECISO QUE ME AXUDES CO PROXECTO.
CHÁMAME, POR FAVOR. É URXENTE.

162
00:13:51,500 --> 00:13:53,458
Estaa esperando, señoría.

163
00:13:56,708 --> 00:13:58,125
Que che dixen o ano pasado?

164
00:13:59,625 --> 00:14:01,000
Que os números non daban.

165
00:14:01,791 --> 00:14:06,125
A media é de 550 procedementos.
O teu xulgado non chega a 300.

166
00:14:06,208 --> 00:14:08,500
O ano que vén
queremos dobrar as cifras.

167
00:14:08,583 --> 00:14:11,166
Helena, sabes que é imposible
estudar eses casos

168
00:14:11,250 --> 00:14:12,958
- en profundidade.
- Seino.

169
00:14:13,041 --> 00:14:14,500
Para iso está THENTE.

170
00:14:17,041 --> 00:14:18,041
Xa me dixeron.

171
00:14:18,125 --> 00:14:20,291
Un 82 % de probabilidades
de reincidir

172
00:14:20,375 --> 00:14:21,750
e concédeslle o terceiro grao.

173
00:14:21,833 --> 00:14:23,666
Cumpría os requisitos.

174
00:14:24,000 --> 00:14:25,333
É o que marca a lei.

175
00:14:26,000 --> 00:14:27,333
A lei.

176
00:14:27,916 --> 00:14:29,208
Non me fodas, Carmen.

177
00:14:29,708 --> 00:14:31,791
Un 82 % de probabilidades.

178
00:14:33,083 --> 00:14:34,791
Non tes medo a que reincida?

179
00:14:37,875 --> 00:14:39,583
Contactaron contigo?

180
00:14:40,833 --> 00:14:41,916
Quen?

181
00:14:42,458 --> 00:14:44,041
Os da Asociación de Xuíces.

182
00:14:44,625 --> 00:14:45,916
Non estou na Asociación.

183
00:14:46,000 --> 00:14:47,166
Xa o sei.

184
00:14:48,041 --> 00:14:49,666
Pero Goitia non te chamou?

185
00:14:49,750 --> 00:14:50,916
Non.

186
00:14:51,625 --> 00:14:53,500
Hai meses que non falo con el.

187
00:14:56,875 --> 00:14:58,791
A Asociación fará campaña polo non.

188
00:14:59,500 --> 00:15:01,791
Están involucrando
algúns compañeiros.

189
00:15:01,875 --> 00:15:03,708
Goitia está con eles.

190
00:15:05,041 --> 00:15:07,250
Ven, quero presentarche alguén.

191
00:15:21,041 --> 00:15:22,125
VOTA SI

192
00:15:22,208 --> 00:15:24,916
Maxistrado,
a maxistrada Carmen Costa.

193
00:15:28,333 --> 00:15:30,625
- Ávila.
- Señoría.

194
00:15:30,708 --> 00:15:32,916
Coñezo ben o seu traballo.

195
00:15:33,000 --> 00:15:34,958
Son compañeiro do seu instrutor.

196
00:15:35,041 --> 00:15:36,625
Agora estou axudando
ao Ministerio

197
00:15:36,708 --> 00:15:39,708
de Transición Tecnolóxica
a implementar THENTE.

198
00:15:39,791 --> 00:15:41,291
VOTA SI

199
00:15:41,375 --> 00:15:42,750
A favor ou en contra?

200
00:15:43,958 --> 00:15:45,708
Non o decidín.

201
00:15:45,791 --> 00:15:48,125
Non somos tan imprudentes como din.

202
00:15:48,208 --> 00:15:51,250
Entendemos que significa
delegar a xustiza nunha máquina.

203
00:15:51,333 --> 00:15:53,625
Pero probamos moito o software.

204
00:15:53,708 --> 00:15:57,125
Nos últimos meses fixeron auditorías
en THENTE máis de cen xuíces.

205
00:15:57,208 --> 00:15:59,500
O traballo coordinouno
Alicia Kóvack.

206
00:16:00,000 --> 00:16:01,583
Vostede coñecíaa, non é?

207
00:16:03,166 --> 00:16:05,458
Tiven un xuízo con ela hai anos.

208
00:16:05,541 --> 00:16:07,625
Alicia apreciaba moito
o seu traballo.

209
00:16:07,708 --> 00:16:11,416
Queríaa no proxecto.
Por iso a chamamos.

210
00:16:12,250 --> 00:16:14,458
Queremos que fagas
unha última auditoría.

211
00:16:15,083 --> 00:16:16,666
Serán só dúas semanas.

212
00:16:16,750 --> 00:16:19,083
O Ministerio darache
un permiso especial.

213
00:16:20,791 --> 00:16:23,875
Perdoade, pero non creo
que sexa a persoa axeitada.

214
00:16:23,958 --> 00:16:25,000
Nós estamos

215
00:16:25,083 --> 00:16:26,416
seguros de que si.

216
00:16:26,500 --> 00:16:28,708
Encantaríanos contar coa súa axuda.

217
00:16:38,500 --> 00:16:42,708
Todas as sondaxes apuntan a que o si
vencerá no referendo constitucional

218
00:16:42,791 --> 00:16:46,125
sobre xustiza algorítmica
e isto suporá un fito histórico

219
00:16:46,208 --> 00:16:49,166
xa que, de se confirmaren
as enquisas, España será

220
00:16:49,250 --> 00:16:52,375
o primeiro Estado en delegar
na intelixencia artificial

221
00:16:52,458 --> 00:16:54,708
o funcionamento dun eido esencial

222
00:16:54,791 --> 00:16:57,291
como é a Administración de Xustiza.

223
00:16:57,375 --> 00:16:59,083
VOTA SI

224
00:17:00,833 --> 00:17:04,041
Alicia cría
que se a xustiza chega tarde,

225
00:17:04,125 --> 00:17:05,916
perde o seu celme.

226
00:17:06,500 --> 00:17:09,875
Ela, pola contra,
marchou cedo de máis.

227
00:17:09,958 --> 00:17:13,875
Pero podedes estar certos de
que o seu proxecto vital segue vivo

228
00:17:14,500 --> 00:17:16,125
e seguirá medrando

229
00:17:16,708 --> 00:17:18,958
coa visión que ela nos legou.

230
00:17:22,666 --> 00:17:25,875
Alicia non só é
a persoa máis brillante que coñecín.

231
00:17:27,791 --> 00:17:29,583
É tamén a miña razón para seguir.

232
00:17:31,458 --> 00:17:33,000
Os retos que temos por diante

233
00:17:33,083 --> 00:17:35,916
están á altura do que xa acadamos.

234
00:17:36,416 --> 00:17:38,416
Estamos máis preto ca nunca.

235
00:17:38,750 --> 00:17:39,958
Grazas, Alicia.

236
00:18:52,500 --> 00:18:54,250
Chegou ao seu destino.

237
00:19:00,083 --> 00:19:01,541
Benvida, Carmen.

238
00:19:02,041 --> 00:19:03,541
Grazas.

239
00:19:04,833 --> 00:19:07,791
Son Alejandro Havel,
director de Operacións de THENTE.

240
00:19:07,875 --> 00:19:10,125
- Encantada.
- Pase por aquí.

241
00:19:10,458 --> 00:19:11,625
Que tal a viaxe?

242
00:19:11,708 --> 00:19:12,708
Ben.

243
00:19:16,125 --> 00:19:18,125
Pensaba que habería máis xente.

244
00:19:18,833 --> 00:19:20,916
É só un centro de investigación.

245
00:19:21,000 --> 00:19:23,916
Montouno Alicia cando isto
deixou de ser unha start-up.

246
00:19:24,875 --> 00:19:27,083
- Non lle gustaba a cidade?
- Non.

247
00:19:27,791 --> 00:19:30,000
Non lle gustaba o ruído.

248
00:19:30,791 --> 00:19:33,125
Preséntovos a Carmen Costa.

249
00:19:33,208 --> 00:19:35,791
Eles son Bea e Dorian, de Márketing,

250
00:19:35,875 --> 00:19:39,541
- Aitor, Departamento Xurídico.
- Encantada.

251
00:19:39,625 --> 00:19:42,875
E Sofía,
a nosa xefa de Tecnoloxía. Ela fará

252
00:19:42,958 --> 00:19:44,666
o seguimento do testing.

253
00:19:44,750 --> 00:19:47,458
Asinou
as cláusulas de confidencialidade?

254
00:19:47,791 --> 00:19:49,000
Vainas asinar agora.

255
00:19:55,958 --> 00:19:57,666
Cónteme o que aconteceu.

256
00:20:00,083 --> 00:20:02,666
Eu estaba preparando
o baño dos nenos.

257
00:20:03,125 --> 00:20:05,041
E, entón, el chamou.

258
00:20:05,458 --> 00:20:06,791
E eu respondinlle.

259
00:20:06,875 --> 00:20:09,208
El pediume que lle abrise a porta.

260
00:20:09,625 --> 00:20:11,041
Ben, o portal.

261
00:20:11,791 --> 00:20:14,166
- E abriu?
- Non.

262
00:20:14,250 --> 00:20:18,625
Botou a falar e dixo que quería ver
os nenos, que tiña que darlles

263
00:20:18,708 --> 00:20:20,291
unha cousa e...

264
00:20:20,375 --> 00:20:22,166
Eu púxenme moi nerviosa.

265
00:20:23,500 --> 00:20:25,875
Pedinlle que esperase
no portal, pero...

266
00:20:25,958 --> 00:20:27,583
Deu en berrar e...

267
00:20:28,125 --> 00:20:29,750
SENTENZA COMPLETADA

268
00:20:30,291 --> 00:20:32,875
O sistema xa ten unha sentenza.

269
00:20:33,291 --> 00:20:35,166
Na pantalla tes dispoñible

270
00:20:35,250 --> 00:20:37,916
toda a documentación,
igual ca THENTE.

271
00:20:38,000 --> 00:20:40,750
Son casos novos para ti e para el.

272
00:20:40,833 --> 00:20:43,041
Estudarédelos ao mesmo tempo.

273
00:20:43,125 --> 00:20:44,333
Buscamos que achegues

274
00:20:44,416 --> 00:20:45,833
un enfoque para cada un.

275
00:20:45,916 --> 00:20:48,708
Despois, compararémolo
coa sentenza da máquina.

276
00:20:50,000 --> 00:20:52,875
O obxectivo é que THENTE
aprenda de ti.

277
00:20:53,750 --> 00:20:55,958
Podes usar ambas as pantallas.

278
00:20:56,041 --> 00:20:58,291
THENTE traballará en segundo plano.

279
00:20:59,666 --> 00:21:00,666
Lista?

280
00:21:10,333 --> 00:21:12,166
Hai discrepancias,

281
00:21:12,250 --> 00:21:13,875
pero segundo o historial

282
00:21:13,958 --> 00:21:18,250
o noventa por cento dos xuíces
interpreta a lei igual ca ti.

283
00:21:19,250 --> 00:21:21,625
O software segue a mesma pauta.

284
00:21:24,666 --> 00:21:28,333
Cargarei as sentenzas.
Queremos que as analices.

285
00:21:31,041 --> 00:21:32,041
Desculpa.

286
00:21:33,041 --> 00:21:35,375
Quero ver máis sentenzas de THENTE.

287
00:21:35,458 --> 00:21:37,583
De penal, social e contencioso.

288
00:21:38,083 --> 00:21:40,916
Impresas. Vou estudalas na casa.

289
00:21:41,000 --> 00:21:42,166
Como queiras.

290
00:22:15,666 --> 00:22:17,625
CARMEN COSTA
ACCESO AUTORIZADO

291
00:22:24,041 --> 00:22:26,333
Aquí non deberías estar.

292
00:22:29,375 --> 00:22:31,666
As túas sentenzas en papel.

293
00:22:35,916 --> 00:22:38,166
Alicia adoitaba usar este despacho.

294
00:22:40,666 --> 00:22:42,458
Acompáñame, por favor,

295
00:22:42,541 --> 00:22:44,666
o presidente quere saudarte.

296
00:23:02,291 --> 00:23:03,625
Carmen.

297
00:23:05,000 --> 00:23:06,625
Perdoa non me presentar antes.

298
00:23:06,708 --> 00:23:09,875
Co inicio da campaña
estamos algo desbordados.

299
00:23:09,958 --> 00:23:13,000
- Son Brais Lago.
- Vino no funeral.

300
00:23:13,500 --> 00:23:14,916
Estabas alí?

301
00:23:16,041 --> 00:23:17,958
Non foi fácil, pero

302
00:23:18,041 --> 00:23:20,833
estamos recibindo moitas
mostras de apoio e...

303
00:23:20,916 --> 00:23:22,958
Anímannos a todos a seguir adiante.

304
00:23:23,041 --> 00:23:25,875
Espero que esteas a gusto.
Aprenderemos moito de ti.

305
00:23:25,958 --> 00:23:29,750
Sofía e Álex encargaranse
de che proporcionar o que precises.

306
00:23:30,583 --> 00:23:32,291
Agora temos que deixarte.

307
00:23:32,375 --> 00:23:33,791
Vémonos estes días.

308
00:23:33,875 --> 00:23:35,208
Moi ben.

309
00:23:36,041 --> 00:23:37,458
Acompáñote á saída.

310
00:23:40,083 --> 00:23:42,166
Perdoa as présas de Brais.

311
00:23:42,250 --> 00:23:44,208
Acábase de anunciar
unha comisión no Congreso

312
00:23:44,291 --> 00:23:46,375
sobre xustiza algorítmica.

313
00:23:46,458 --> 00:23:49,083
En plena campaña
e a poucos días do referendo

314
00:23:49,166 --> 00:23:50,916
e temos que preparala ben.

315
00:23:52,250 --> 00:23:55,541
E a miña auditoría?
Pensades usala na campaña?

316
00:23:56,375 --> 00:23:58,000
Non che dixeron nada?

317
00:24:00,083 --> 00:24:03,291
Seguramente che van pedir
que declares no Congreso.

318
00:24:03,375 --> 00:24:05,375
- Quen?
- Todos.

319
00:24:05,458 --> 00:24:07,875
A Asociación, o Goberno...

320
00:24:09,458 --> 00:24:11,500
Na carreira respéctante.

321
00:24:12,083 --> 00:24:15,041
Es a xuíza
que se enfrontou ás eléctricas.

322
00:24:17,083 --> 00:24:19,958
As túas sentenzas son minuciosas.

323
00:24:20,416 --> 00:24:21,833
Pódense moderar ben.

324
00:24:22,833 --> 00:24:27,000
Ademais
es independente das asociacións

325
00:24:27,083 --> 00:24:31,083
polo que o teu perfil
é perfecto para THENTE.

326
00:24:31,666 --> 00:24:33,250
Alicia tíñao moi claro.

327
00:24:36,333 --> 00:24:38,500
Encantáballe vir por aquí.

328
00:24:44,291 --> 00:24:46,916
Estás presente no seu testamento.

329
00:24:50,375 --> 00:24:51,458
Como?

330
00:24:51,916 --> 00:24:55,125
Alicia quería que traballases
na nova versión de THENTE.

331
00:24:55,208 --> 00:24:57,958
Condicionou
o seu lanzamento á túa aprobación.

332
00:24:58,041 --> 00:25:01,041
Deixouno por escrito
por se lle pasaba algo.

333
00:25:01,958 --> 00:25:03,791
Por se lle pasaba algo?

334
00:25:05,500 --> 00:25:07,333
Por que non mo contaron?

335
00:25:08,166 --> 00:25:10,666
Nós non tomamos todas as decisións.

336
00:25:10,750 --> 00:25:14,000
Supoño que imaxinaron
que a nova versión te sorprendería

337
00:25:14,083 --> 00:25:16,083
e que a aprobarías.

338
00:25:17,166 --> 00:25:19,541
Íame decatar antes ou despois.

339
00:25:19,625 --> 00:25:21,166
Agora xa o sabes.

340
00:25:22,708 --> 00:25:25,916
Non quero que isto afecte
ao teu xuízo sobre o software.

341
00:25:26,000 --> 00:25:29,000
Precisamos
que te impliques en melloralo.

342
00:25:29,083 --> 00:25:31,166
Iso é o que quería Alicia.

343
00:25:33,416 --> 00:25:35,791
Se non o aprobo,
non o podedes presentar.

344
00:25:37,458 --> 00:25:38,458
Non.

345
00:25:39,333 --> 00:25:43,291
É un problema para nós
e para o Goberno.

346
00:26:00,541 --> 00:26:03,666
Sabes quen leva
o accidente de Alicia Kóvack?

347
00:26:03,750 --> 00:26:04,916
O seis.

348
00:26:07,833 --> 00:26:09,041
Síntoo moito.

349
00:26:09,125 --> 00:26:10,500
Erades amigas?

350
00:26:10,875 --> 00:26:13,208
Non, coñecina nun xuízo hai anos.

351
00:26:13,291 --> 00:26:18,166
Non eramos amigas. Pero ás veces
facíame consultas por correo.

352
00:26:18,625 --> 00:26:19,875
Por certo,

353
00:26:21,708 --> 00:26:24,500
chegou esta queixa da fiscalía.

354
00:26:25,041 --> 00:26:27,458
É só unha chamada de atención.

355
00:26:27,541 --> 00:26:29,125
Polo do hacker.

356
00:26:30,916 --> 00:26:32,666
Tiña moitas probabilidades de...

357
00:26:32,750 --> 00:26:34,458
Manuela, pedinche opinión?

358
00:26:44,791 --> 00:26:46,208
Desculpa.

359
00:26:51,500 --> 00:26:52,958
Carmen, como estás?

360
00:26:54,958 --> 00:26:56,083
Ben.

361
00:26:56,458 --> 00:26:59,291
Na clínica dixéronme
que non teño máis opcións.

362
00:26:59,750 --> 00:27:00,750
Que?

363
00:27:01,166 --> 00:27:02,750
Non, escóitame.

364
00:27:02,833 --> 00:27:04,083
Escoita, mírame.

365
00:27:04,166 --> 00:27:06,750
Se é o que queres,
tes que seguir intentándoo.

366
00:27:06,833 --> 00:27:08,666
Non vou intentalo máis.

367
00:27:09,333 --> 00:27:10,333
Sabes que?

368
00:27:10,416 --> 00:27:13,250
Recollo e imos tomar algo.

369
00:27:14,000 --> 00:27:18,000
Non me apetece falar do tema.
Véxote por aquí estes días. Adeus.

370
00:27:38,250 --> 00:27:42,875
Cando declara unha vítima
ou un investigado,

371
00:27:42,958 --> 00:27:45,791
como percibes esa ira

372
00:27:45,875 --> 00:27:48,458
se non é na forma na que se expresa?

373
00:27:48,541 --> 00:27:51,791
Na énfase que pon
á hora de describir

374
00:27:51,875 --> 00:27:55,083
certas reaccións
propias da vítima ou do infractor.

375
00:28:08,291 --> 00:28:09,708
Non queres subir?

376
00:28:11,083 --> 00:28:12,916
Camiñamos mellor, si?

377
00:28:17,166 --> 00:28:20,166
Cando se aprobe o referendo
as sentenzas de THENTE

378
00:28:20,250 --> 00:28:22,333
deixarán de ser recomendacións.

379
00:28:23,625 --> 00:28:24,875
Si, seino.

380
00:28:26,708 --> 00:28:29,291
Estou a traballar
coa Asociación de Xuíces.

381
00:28:30,291 --> 00:28:32,250
Xa mo dixeron.

382
00:28:33,666 --> 00:28:35,500
A xente non nos apoia.

383
00:28:36,750 --> 00:28:39,666
Non o fan, Goitia,
porque a Asociación sempre é noticia

384
00:28:39,750 --> 00:28:41,250
por casos de politización

385
00:28:42,208 --> 00:28:43,666
ou de corrupción.

386
00:28:43,750 --> 00:28:45,833
Son excepcións.

387
00:28:48,125 --> 00:28:49,333
Isto é diferente.

388
00:28:49,416 --> 00:28:51,583
É diferente cando tocan
o voso poder.

389
00:28:51,666 --> 00:28:53,791
Cando vos pedimos axuda nos xulgados

390
00:28:53,875 --> 00:28:57,083
ou amparo polas presións,
nunca estades.

391
00:28:57,166 --> 00:28:59,000
Chamáronte, non?

392
00:29:00,750 --> 00:29:02,166
Para traballar con eles.

393
00:29:02,875 --> 00:29:04,250
Queren usarte.

394
00:29:05,208 --> 00:29:06,916
Queren usarte na campaña.

395
00:29:07,000 --> 00:29:09,166
Carmen, non es unha xuíza calquera.

396
00:29:09,250 --> 00:29:11,833
O que apoies
no referendo será simbólico.

397
00:29:12,500 --> 00:29:15,000
Non estou a favor da reforma.

398
00:29:15,708 --> 00:29:17,125
Pero necesitamos cambios.

399
00:29:17,583 --> 00:29:19,791
Estamos colapsados, xa o sabes.

400
00:29:19,875 --> 00:29:21,583
Pero esta non é a solución.

401
00:29:24,208 --> 00:29:27,791
Dentro dunha semana vaise celebrar
unha comisión no Congreso.

402
00:29:28,833 --> 00:29:30,916
Sobre xustiza algorítmica.

403
00:29:31,625 --> 00:29:34,333
Influirá moito na opinión pública.

404
00:29:35,708 --> 00:29:37,291
Gustaríanos que declarases.

405
00:29:38,625 --> 00:29:41,083
Non me vou expoñer.

406
00:29:41,166 --> 00:29:42,875
Non teño un criterio claro.

407
00:29:44,750 --> 00:29:46,958
Non é momento de ser neutral.

408
00:29:48,333 --> 00:29:49,833
Tes que tomar postura.

409
00:29:56,333 --> 00:30:01,583
Dise que Alicia intentou frear
a presentación do software.

410
00:30:03,250 --> 00:30:05,666
Un accidente mortal
nun coche autónomo

411
00:30:06,291 --> 00:30:08,000
non é algo habitual.

412
00:30:08,916 --> 00:30:10,250
Así que, por favor,

413
00:30:11,083 --> 00:30:13,500
- ten coidado.
- Claro.

414
00:30:24,000 --> 00:30:25,708
THENTE IA
SENTENZA 270/11543

415
00:30:38,875 --> 00:30:41,166
Agora, o que todos nos preguntamos.

416
00:30:41,250 --> 00:30:44,000
Deixarán de existir
os xuíces como os coñecemos?

417
00:30:44,083 --> 00:30:46,375
DATA DE EMISIÓN: 20 DE MARZO

418
00:30:46,458 --> 00:30:49,250
Os xuíces formarán parte
do proceso xudicial,

419
00:30:49,333 --> 00:30:50,708
pero doutra maneira.

420
00:30:50,791 --> 00:30:53,166
A mirada humana
sempre vai a ser precisa.

421
00:30:53,250 --> 00:30:56,625
Detrás das mellores decisións
dos nosos xuíces e xuízas

422
00:30:56,708 --> 00:30:58,500
está o progreso da sociedade.

423
00:30:58,916 --> 00:31:01,250
Pero eses xuíces e xuízas

424
00:31:01,333 --> 00:31:04,458
non adoitan ser os que ascenden
ás instancias superiores.

425
00:31:04,541 --> 00:31:08,375
Ese ascenso adoita estar determinado
pola proximidade ao poder.

426
00:31:08,458 --> 00:31:12,666
Escoita, non viñemos
para politizar sobre esta cuestión.

427
00:31:12,750 --> 00:31:13,875
Pero ela ten razón.

428
00:31:14,375 --> 00:31:17,125
Hai que desvincular
o sistema xudicial

429
00:31:17,208 --> 00:31:18,875
do poder político e económico.

430
00:31:18,958 --> 00:31:21,333
Implica máis transparencia
na xustiza

431
00:31:21,416 --> 00:31:23,708
e no noso sistema.

432
00:31:23,791 --> 00:31:26,041
E a creación
de mecanismos ambiciosos

433
00:31:26,125 --> 00:31:30,375
que faciliten a participación
cidadá na forma de facer xustiza.

434
00:31:30,458 --> 00:31:34,375
Estamos a ver o ascenso imparable
de THENTE. Non sei cal é a meta

435
00:31:34,458 --> 00:31:36,875
cal é o futuro,
ata onde queren chegar.

436
00:31:36,958 --> 00:31:38,458
A nosa meta é...

437
00:31:45,833 --> 00:31:47,541
Fale claro, que quere dicir?

438
00:31:48,208 --> 00:31:52,541
Que todos sabiamos
que andaba con argalladas.

439
00:31:54,000 --> 00:31:56,250
Vostede colaborou nesas actividades?

440
00:31:56,333 --> 00:31:57,333
Non.

441
00:31:57,666 --> 00:32:00,583
Pero o 17 de outubro estivo con el.

442
00:32:00,666 --> 00:32:01,750
Si, coincidimos no bar.

443
00:32:02,291 --> 00:32:03,708
Chegou a tocalo?

444
00:32:04,791 --> 00:32:07,166
Si, toqueille o pescozo.

445
00:32:07,250 --> 00:32:08,666
Para que quedaron?

446
00:32:08,750 --> 00:32:12,375
Non había ningún motivo.
Eu estaba alí e tomamos unha copa.

447
00:32:12,458 --> 00:32:14,583
Deume desconfianza.

448
00:32:14,666 --> 00:32:17,583
E a miña amiga contoume
cousas malas del.

449
00:32:17,666 --> 00:32:19,666
Sobre as dúas da madrugada.

450
00:32:19,750 --> 00:32:23,125
Do tempo, mozas, se saíra...

451
00:32:23,208 --> 00:32:24,458
Esas cousas.

452
00:32:25,000 --> 00:32:26,208
SENTENZA COMPLETADA

453
00:32:35,250 --> 00:32:40,250
Os teus argumentos
e a sentenza coinciden con THENTE.

454
00:32:40,958 --> 00:32:41,958
Outra vez.

455
00:32:43,791 --> 00:32:45,625
Só hai unha diferenza.

456
00:32:46,333 --> 00:32:48,333
Para a Audiencia a acusada
é culpable.

457
00:32:48,416 --> 00:32:50,166
THENTE e ti declarádela inocente.

458
00:32:50,958 --> 00:32:52,500
Que dixo o TSX?

459
00:32:52,583 --> 00:32:53,833
Non apelaron.

460
00:32:53,916 --> 00:32:55,958
Apelar custa cartos

461
00:32:56,041 --> 00:32:57,708
e non todo o mundo pode pagalo.

462
00:32:57,791 --> 00:33:00,416
A xustiza debe ser accesible
para todos.

463
00:33:00,500 --> 00:33:01,500
THENTE e ti

464
00:33:01,583 --> 00:33:03,666
coincidistes en todos os casos.

465
00:33:04,500 --> 00:33:06,375
Á única diferenza é o tempo

466
00:33:06,458 --> 00:33:07,708
que precisastes.

467
00:33:07,791 --> 00:33:10,041
Cando tedes a presentación?

468
00:33:10,125 --> 00:33:11,500
Antes do referendo.

469
00:33:11,583 --> 00:33:12,875
O día 15.

470
00:33:15,291 --> 00:33:17,000
Alicia faleceu hai unha semana.

471
00:33:17,750 --> 00:33:19,208
Sei cando morreu.

472
00:33:19,291 --> 00:33:21,291
Fundastes a empresa xuntos?

473
00:33:21,750 --> 00:33:24,791
Ela creou o algoritmo
e eu convertino nunha empresa.

474
00:33:25,291 --> 00:33:28,125
Temos que cumprir un calendario.

475
00:33:28,208 --> 00:33:30,208
Álex mostrarache
as bases de datos...

476
00:33:30,291 --> 00:33:32,375
Tivo que ser duro.

477
00:33:34,708 --> 00:33:38,250
Levabamos tempo separados,
se é o que estás a preguntar.

478
00:33:39,041 --> 00:33:40,708
Foi unha separación amigable.

479
00:33:42,083 --> 00:33:44,333
Hai algo máis que queiras saber?

480
00:33:51,458 --> 00:33:52,916
Foron ben as probas?

481
00:33:53,583 --> 00:33:56,666
Non creo que haxa interese
no que eu poida achegar.

482
00:33:57,291 --> 00:33:58,541
Por que?

483
00:33:58,916 --> 00:34:03,000
Non teño claro
en que debo centrarme na auditoría.

484
00:34:06,250 --> 00:34:11,750
Alicia buscaba alguén
capaz de actualizar o sistema.

485
00:34:13,666 --> 00:34:15,833
Co suficiente coñecemento xurídico.

486
00:34:16,208 --> 00:34:18,250
En función dos cambios sociais.

487
00:34:19,416 --> 00:34:21,125
Pero é a longo prazo.

488
00:34:21,833 --> 00:34:23,875
Agora estamos coa auditoría e...

489
00:34:23,958 --> 00:34:25,458
A longo prazo?

490
00:34:27,125 --> 00:34:29,291
Gustaríame que traballases con nós.

491
00:34:29,750 --> 00:34:32,916
Despois do referendo,
saia o que saia.

492
00:34:33,583 --> 00:34:35,250
Necesitamos alguén coma ti.

493
00:34:40,375 --> 00:34:42,458
Investimos moitos cartos
en big data.

494
00:34:42,541 --> 00:34:44,500
Compramos bases de datos
de todo tipo:

495
00:34:44,833 --> 00:34:48,541
legais, comerciais,
de redes sociais...

496
00:34:48,875 --> 00:34:51,166
Os datos son
a pedra angular do software.

497
00:34:51,250 --> 00:34:53,541
Que pensas do accidente de Alicia?

498
00:34:56,875 --> 00:34:59,000
Agardarei a ver que di o xuíz.

499
00:34:59,083 --> 00:35:00,916
A sentenza sairá pronto.

500
00:35:01,250 --> 00:35:03,041
THENTE xa ten unha sentenza.

501
00:35:05,041 --> 00:35:07,416
Está baixo segredo de sumario.

502
00:35:08,750 --> 00:35:10,375
Non llo contarei a ninguén.

503
00:35:13,291 --> 00:35:14,750
De acordo.

504
00:35:25,625 --> 00:35:26,916
Ven.

505
00:35:34,291 --> 00:35:36,250
Esta é a gravación satelital.

506
00:35:37,000 --> 00:35:39,458
Non se ve ben porque era noite,

507
00:35:39,541 --> 00:35:41,208
pero así vese mellor.

508
00:35:41,750 --> 00:35:43,875
É o coche do accidente.

509
00:35:43,958 --> 00:35:46,958
Esvarou e quedou atravesado
nun punto cego da vía.

510
00:35:47,041 --> 00:35:48,750
Aquí chega Alicia.

511
00:35:48,833 --> 00:35:52,500
Ao saír da curva,
atopa o coche no medio da calzada.

512
00:35:52,583 --> 00:35:56,041
O sistema autónomo
toma o control e intenta esquivalo

513
00:35:56,666 --> 00:35:58,875
confiando en poder frear a tempo.

514
00:35:59,291 --> 00:36:02,291
- Seguramente foi a mellor opción.
- Para quen?

515
00:36:03,125 --> 00:36:04,541
Para todos.

516
00:36:04,625 --> 00:36:08,000
Sobre todo para o adulto
e o neno do primeiro vehículo.

517
00:36:08,541 --> 00:36:11,083
Nun choque a esa velocidade
morrerían todos.

518
00:36:12,208 --> 00:36:14,708
O sistema tomou esa decisión

519
00:36:14,791 --> 00:36:18,291
a partir do algoritmo ético.
Salvar a vida de dúas persoas

520
00:36:19,416 --> 00:36:21,166
poñendo en risco a de outra.

521
00:36:21,875 --> 00:36:24,875
Podemos ver se o algoritmo ético
aparece na sentenza?

522
00:36:26,541 --> 00:36:27,541
Non.

523
00:36:27,625 --> 00:36:30,791
Iso está protexido
pola Lei de Segredos Industriais.

524
00:36:30,875 --> 00:36:34,166
E como se acredita que foi
o algoritmo o que decidiu?

525
00:36:38,458 --> 00:36:40,000
A ver, un momento.

526
00:37:11,625 --> 00:37:12,541
Carmen.

527
00:37:14,500 --> 00:37:17,666
A sentenza baseouse
na declaración dun enxeñeiro.

528
00:37:31,041 --> 00:37:33,000
NÚMERO DESCOÑECIDO

529
00:37:35,333 --> 00:37:37,041
O DÍA DO ACCIDENTE DE ALICIA

530
00:37:44,625 --> 00:37:45,500
Brais.

531
00:37:46,916 --> 00:37:48,166
Que?

532
00:37:48,250 --> 00:37:49,375
Que queres?

533
00:37:49,458 --> 00:37:51,083
- Debiches consultarmo.
- Fíxeno.

534
00:37:51,166 --> 00:37:53,500
Iamos seguir. Mellorar aos poucos.

535
00:37:53,583 --> 00:37:54,791
Hai empregos en xogo.

536
00:37:54,875 --> 00:37:57,166
- Hai máis cousas en xogo.
- É un suicidio.

537
00:37:57,250 --> 00:37:58,958
O consello non o permitirá.

538
00:37:59,041 --> 00:38:01,166
E eu tampouco.

539
00:38:43,125 --> 00:38:47,000
Esta mañá publicouse a sentenza
do accidente de Alicia Kóvack.

540
00:38:47,083 --> 00:38:49,791
A decisión que provocou
o accidente mortal de Kóvack

541
00:38:49,875 --> 00:38:53,291
tomouna o algoritmo ético
do seu vehículo, de marca Vinseng,

542
00:38:53,375 --> 00:38:56,791
cualificada na propia sentenza
coma unha "decisión xusta".

543
00:38:56,875 --> 00:38:59,250
Temos
declaracións do portavoz de Vinseng.

544
00:38:59,333 --> 00:39:02,833
Todos somos iguais para o algoritmo.
Todas as vidas valen o mesmo.

545
00:39:02,916 --> 00:39:05,750
Os mercados interpretan a sentenza

546
00:39:05,833 --> 00:39:07,666
coma unha demostración
da neutralidade

547
00:39:07,750 --> 00:39:09,375
da intelixencia artificial

548
00:39:09,458 --> 00:39:11,291
á hora de tomar decisións.

549
00:39:11,375 --> 00:39:14,791
Isto reforza
os argumentos dos partidarios do si

550
00:39:14,875 --> 00:39:17,791
no referendo
sobre xustiza algorítmica.

551
00:39:17,875 --> 00:39:20,166
O nome non se fixo público aínda.

552
00:39:20,625 --> 00:39:22,166
Por iso cho pedín.

553
00:39:22,250 --> 00:39:25,625
Pero á do tres non lle fixo
graza e a min tampouco.

554
00:39:25,708 --> 00:39:27,250
Non é o noso caso.

555
00:39:28,250 --> 00:39:31,041
Consultaríao eu,
pero estou de permiso.

556
00:39:31,416 --> 00:39:34,958
Chámase Carlos Vidal e é
o director de Seguridade de Vinseng.

557
00:39:35,041 --> 00:39:37,500
É o enxeñeiro
que testificou no xuízo.

558
00:39:38,000 --> 00:39:40,916
É experto en ciberseguridade
e intelixencia artificial.

559
00:39:41,416 --> 00:39:45,208
Traballou en empresas tecnolóxicas
de Estados Unidos, Asia...

560
00:39:48,125 --> 00:39:50,000
Como podemos localizalo?

561
00:39:51,166 --> 00:39:53,416
Podes pescudar quen son os avogados?

562
00:39:55,958 --> 00:39:57,083
Claro.

563
00:39:57,666 --> 00:39:58,791
Dime, Carmen.

564
00:39:58,875 --> 00:40:00,958
- Coñeces a Carlos Vidal?
- Non.

565
00:40:01,041 --> 00:40:03,666
É o enxeñeiro
que testificou no xuízo de Alicia.

566
00:40:03,750 --> 00:40:05,791
Sei quen é, pero non o coñezo.

567
00:40:05,875 --> 00:40:07,416
Teño que falar con el.

568
00:40:07,500 --> 00:40:10,375
Intentareino por vía oficial,
a ver se me fan caso.

569
00:40:10,458 --> 00:40:12,208
Intentarei conseguir o contacto.

570
00:40:12,291 --> 00:40:13,791
Ven para aquí, Sofía agarda por ti.

571
00:40:13,875 --> 00:40:15,458
Si, vou.

572
00:40:16,791 --> 00:40:18,541
Nada, caín.

573
00:40:19,833 --> 00:40:21,208
Caíches na casa?

574
00:40:22,000 --> 00:40:23,625
Si, caín e dei contra...

575
00:40:24,333 --> 00:40:25,958
a esquina dunha porta.

576
00:40:26,416 --> 00:40:29,250
Alejandro,
sabes por que estamos aquí?

577
00:40:29,333 --> 00:40:31,166
Non.

578
00:40:32,375 --> 00:40:35,125
THENTE dálle
unha credibilidade do 6 %.

579
00:40:35,541 --> 00:40:37,166
Si, está mentindo.

580
00:40:37,625 --> 00:40:39,166
Pero a cuestión é por que.

581
00:40:40,416 --> 00:40:42,708
Cos menores é complicado, non é?

582
00:40:42,791 --> 00:40:44,083
A que te refires?

583
00:40:44,791 --> 00:40:47,125
Como sabes se din a verdade

584
00:40:47,208 --> 00:40:48,708
ou se están manipulados

585
00:40:48,791 --> 00:40:50,166
por algún proxenitor?

586
00:40:51,041 --> 00:40:53,041
Pódelo saber falando con eles.

587
00:40:54,208 --> 00:40:55,916
E polos informes psicosociais.

588
00:40:58,333 --> 00:40:59,791
Tes fillos?

589
00:41:02,500 --> 00:41:04,208
Unha de 12 anos.

590
00:41:06,166 --> 00:41:07,916
Estás coa custodia?

591
00:41:12,250 --> 00:41:15,458
Con 12 anos,
o meu criterio é que decidan eles.

592
00:41:21,458 --> 00:41:22,916
Volvemos ver as condenas?

593
00:41:23,375 --> 00:41:24,500
Claro.

594
00:41:29,083 --> 00:41:30,458
Coincidimos nas sentenzas,

595
00:41:30,541 --> 00:41:33,791
pero a condena do suxeito un
é distinta á do tres.

596
00:41:34,208 --> 00:41:36,875
Os delitos
e as circunstancias son semellantes.

597
00:41:36,958 --> 00:41:38,750
Deberían ser as mesmas.

598
00:41:38,833 --> 00:41:40,083
76 % SAÚDE SOCIAL

599
00:41:40,416 --> 00:41:43,166
THENTE pode decidir
condenas de distinto grao.

600
00:41:43,250 --> 00:41:46,291
Cada suxeito valórase en función

601
00:41:46,375 --> 00:41:48,875
de diferentes factores
do seu historial.

602
00:41:48,958 --> 00:41:50,416
38 % HISTORIAL SAÚDE

603
00:41:50,500 --> 00:41:52,333
30 % HISTORIAL CONSUMO

604
00:41:52,416 --> 00:41:54,083
76 % CUALIFICACIÓN CREDITICIA

605
00:41:54,166 --> 00:41:56,083
Que valor se lle da a cada factor?

606
00:41:56,625 --> 00:41:58,791
Está ponderado por un algoritmo.

607
00:41:59,833 --> 00:42:00,875
Teño que velo.

608
00:42:01,833 --> 00:42:03,458
Ninguén pode velo.

609
00:42:03,541 --> 00:42:06,125
É un baremo que afecta á condena.

610
00:42:06,208 --> 00:42:07,208
Debe ser público.

611
00:42:07,791 --> 00:42:10,041
Non podo dicirche nada máis.

612
00:42:10,500 --> 00:42:11,583
E quen pode?

613
00:42:26,250 --> 00:42:28,125
Sofía xa cho explicou.

614
00:42:28,208 --> 00:42:31,875
THENTE valora o impacto futuro
que poden ter na sociedade.

615
00:42:32,583 --> 00:42:34,416
A xustiza non é igual para todos.

616
00:42:34,500 --> 00:42:35,916
A lei si.

617
00:42:36,000 --> 00:42:38,041
Non pode ser un segredo industrial.

618
00:42:38,125 --> 00:42:40,333
Ti tamén valoras se un preso merece

619
00:42:40,416 --> 00:42:41,875
a liberdade condicional.

620
00:42:42,666 --> 00:42:45,166
E imaxinas se a usará ben.

621
00:42:45,250 --> 00:42:46,666
THENTE fai o mesmo.

622
00:42:46,750 --> 00:42:48,625
Pero non o imaxina, predío.

623
00:42:49,166 --> 00:42:52,416
É un dos principios do algoritmo.

624
00:42:52,500 --> 00:42:53,500
A que te refires?

625
00:42:53,583 --> 00:42:55,375
Xa o sabes.

626
00:42:56,916 --> 00:42:58,625
Alicia admirábate.

627
00:42:59,125 --> 00:43:00,583
Podía ir ao cárcere,

628
00:43:00,666 --> 00:43:02,500
pero décheslle unha oportunidade.

629
00:43:03,375 --> 00:43:05,541
Intuíches que a aproveitaría.

630
00:43:05,625 --> 00:43:08,666
THENTE faría o mesmo con alguén así.

631
00:43:08,750 --> 00:43:10,375
Sei que tes dúbidas,

632
00:43:10,750 --> 00:43:13,666
pero intento defender o seu legado.

633
00:43:14,166 --> 00:43:17,500
Pero non pareces interesado
en investigar o que lle pasou.

634
00:43:20,000 --> 00:43:21,166
Non é o momento.

635
00:43:24,083 --> 00:43:25,708
Que máis precisas de min?

636
00:43:27,458 --> 00:43:29,958
Alicia quería presentar
o software agora?

637
00:43:31,416 --> 00:43:33,666
A idea era lanzalo agora e melloralo

638
00:43:33,750 --> 00:43:35,125
nas actualizacións.

639
00:43:37,375 --> 00:43:38,958
Teño que collelo.

640
00:43:40,000 --> 00:43:41,416
Véxote no Congreso.

641
00:43:45,791 --> 00:43:47,208
Chamar a Goitia.

642
00:43:51,208 --> 00:43:53,416
- Carmen.
- Citástesme para o Congreso?

643
00:43:53,500 --> 00:43:56,083
- Fun clara...
- Citoute o Goberno.

644
00:43:56,583 --> 00:43:58,333
Quererán que os apoies.

645
00:44:00,083 --> 00:44:01,583
Díxencho. Quérente comprar.

646
00:44:04,833 --> 00:44:05,833
Carmen.

647
00:44:06,750 --> 00:44:08,125
Aínda podes axudarnos.

648
00:44:17,875 --> 00:44:18,916
Hoxe a actualidade

649
00:44:19,000 --> 00:44:22,708
lévanos ao Congreso
onde, a uns días do referendo,

650
00:44:22,791 --> 00:44:25,875
haberá un debate decisivo
para a opinión pública. Non, Pedro?

651
00:44:25,958 --> 00:44:31,041
Si, creo que hoxe veremos
unha defensa acérrima dos xuíces

652
00:44:31,125 --> 00:44:33,041
dos seus "privilexios".

653
00:44:33,125 --> 00:44:36,083
E THENTE defenderá
os beneficios do seu sistema,

654
00:44:36,166 --> 00:44:38,333
que están demostrados.

655
00:44:38,416 --> 00:44:41,750
Estamos vendo
que os xuíces están quedando sós,

656
00:44:41,833 --> 00:44:44,500
sexa polo seu flagrante
corporativismo

657
00:44:44,583 --> 00:44:47,833
ou porque xa non son
necesarios nestes tempos.

658
00:44:47,916 --> 00:44:49,375
CONGRESO DOS DEPUTADOS

659
00:44:51,833 --> 00:44:53,375
- Moi boas.
- Ola.

660
00:45:02,083 --> 00:45:03,375
- Boas.
- Presidenta.

661
00:45:03,458 --> 00:45:05,041
Como estás?

662
00:45:14,791 --> 00:45:18,750
Sempre
falan de produtividade e eficiencia,

663
00:45:19,791 --> 00:45:21,875
pero baixo o seu criterio,
como se mide

664
00:45:21,958 --> 00:45:23,875
a calidade da xustiza dun país?

665
00:45:24,416 --> 00:45:25,500
Non son xurista,

666
00:45:25,583 --> 00:45:26,958
nin xuíz.

667
00:45:27,666 --> 00:45:29,208
Sempre

668
00:45:29,291 --> 00:45:32,500
medín a calidade dun servizo
preguntándolle ao usuario.

669
00:45:32,583 --> 00:45:37,000
Eliminando condicionantes humanos
como a ideoloxía,

670
00:45:37,625 --> 00:45:39,750
a emocionalidade, os nesgos de raza,

671
00:45:40,083 --> 00:45:41,791
de xénero ou de clase,

672
00:45:42,166 --> 00:45:45,625
cando as sentenzas que produces
carecen destes prexuízos,

673
00:45:46,333 --> 00:45:48,041
o cidadán percíbeas máis xustas.

674
00:45:50,000 --> 00:45:52,625
É o que nos din
os nosos indicadores.

675
00:45:54,125 --> 00:45:55,125
E isto é

676
00:45:55,208 --> 00:45:58,000
o que consideramos
unha xustiza de maior calidade.

677
00:46:03,375 --> 00:46:05,041
Eu non estiven nunca

678
00:46:05,125 --> 00:46:06,958
en ningunha asociación de xuíces.

679
00:46:07,041 --> 00:46:10,250
Son contrario á politización
da xustiza.

680
00:46:11,750 --> 00:46:14,041
Pero decidín dar un paso adiante.

681
00:46:14,791 --> 00:46:18,750
Porque creo que estamos
nun momento crucial da democracia.

682
00:46:18,833 --> 00:46:21,708
A xustiza sempre foi incómoda,

683
00:46:22,416 --> 00:46:24,333
porque controla o poder político

684
00:46:24,416 --> 00:46:25,666
e económico.

685
00:46:27,000 --> 00:46:28,875
E representa o último baluarte

686
00:46:28,958 --> 00:46:31,291
na defensa
dos dereitos fundamentais.

687
00:46:32,125 --> 00:46:33,291
Un baluarte

688
00:46:34,250 --> 00:46:38,458
que defenden os máis de cinco mil
xuíces e xuízas honrados,

689
00:46:39,583 --> 00:46:42,166
que deixan o pelello nos xulgados

690
00:46:42,541 --> 00:46:46,583
e que están afogados pola falta
de medios no seu traballo.

691
00:46:47,958 --> 00:46:51,250
Certos fondos de investimento
e sectores do Goberno

692
00:46:51,333 --> 00:46:52,875
decidiron acabar

693
00:46:52,958 --> 00:46:54,625
con ese contrapoder.

694
00:46:55,166 --> 00:46:57,625
Falan de eficacia e neutralidade

695
00:46:57,708 --> 00:47:00,000
para ocultar o verdadeiro obxectivo:

696
00:47:00,875 --> 00:47:04,416
o control da Administración
de Xustiza dun país.

697
00:47:06,083 --> 00:47:07,333
Moitas grazas.

698
00:47:09,458 --> 00:47:12,208
Señor representante dos xuíces,

699
00:47:13,125 --> 00:47:15,625
fala vostede de independencia.

700
00:47:16,916 --> 00:47:18,916
Onte erguémonos

701
00:47:19,500 --> 00:47:21,541
coa gravación dun político

702
00:47:21,625 --> 00:47:23,500
na que lle pedía a un maxistrado

703
00:47:24,916 --> 00:47:28,166
que puxese un dos xuíces "bos"

704
00:47:28,250 --> 00:47:30,333
para que levasen "o seu asunto".

705
00:47:31,125 --> 00:47:33,583
Como saben, o maxistrado accedeu.

706
00:47:34,583 --> 00:47:38,583
Esa é a xustiza que defenden.

707
00:47:38,666 --> 00:47:40,625
Esa é a xustiza humana.

708
00:47:40,708 --> 00:47:44,375
Estamos aquí
para acabar con esa podremia.

709
00:47:44,458 --> 00:47:47,833
O noso software permite ler
as emocións das testemuñas,

710
00:47:48,666 --> 00:47:50,791
detectar patróns de comportamento,

711
00:47:50,875 --> 00:47:52,083
minar datos,

712
00:47:52,166 --> 00:47:55,750
resolver peticións de asilo,
de liberdade condicional,

713
00:47:55,833 --> 00:47:58,916
preitos, conflitos laborais,
modelar o presente,

714
00:47:59,000 --> 00:48:00,625
o pasado e o futuro.

715
00:48:00,708 --> 00:48:01,833
Millóns de procesos

716
00:48:01,916 --> 00:48:04,250
de todos os xulgados deste país,

717
00:48:04,583 --> 00:48:07,458
á vez e en menos tempo
do que tarda

718
00:48:07,541 --> 00:48:10,750
un funcionario de xustiza
en tramitar

719
00:48:10,833 --> 00:48:12,583
a súa baixa por depresión.

720
00:48:13,000 --> 00:48:15,291
Saben cantos cartos aforrariamos?

721
00:48:15,833 --> 00:48:16,708
Moitas grazas.

722
00:48:30,666 --> 00:48:31,750
Ola.

723
00:48:34,875 --> 00:48:37,000
Condenou unha compañía eléctrica

724
00:48:37,083 --> 00:48:40,791
interpretando a lei
dunha forma diferente á habitual.

725
00:48:40,875 --> 00:48:42,375
Por que o fixo?

726
00:48:44,000 --> 00:48:47,958
Considerei que se estaban vulnerando
os dereitos dun prexudicado.

727
00:48:48,583 --> 00:48:50,791
Esa lei levaba en vigor dez anos

728
00:48:50,875 --> 00:48:53,250
e ninguén a interpretara
coma vostede.

729
00:48:53,333 --> 00:48:54,625
Así foi.

730
00:48:55,041 --> 00:48:56,791
Cambiou o contexto.

731
00:48:56,875 --> 00:49:00,416
O país estaba vivindo
un empobrecemento importante

732
00:49:00,500 --> 00:49:02,833
e esa lei reducía os dereitos.

733
00:49:03,333 --> 00:49:04,625
Tamén considero

734
00:49:04,708 --> 00:49:06,291
que ao Poder Xudicial

735
00:49:06,375 --> 00:49:08,250
correspóndelle cuestionar

736
00:49:08,333 --> 00:49:10,083
cando unha norma se adecúa ou non

737
00:49:10,166 --> 00:49:11,833
á realidade na que vivimos.

738
00:49:12,791 --> 00:49:14,666
O Supremo deulle a razón

739
00:49:15,416 --> 00:49:17,416
e o Goberno acabou por mudar a lei.

740
00:49:18,333 --> 00:49:21,916
Cre que sería posible
cun sistema coma THENTE?

741
00:49:28,250 --> 00:49:30,250
Un sistema coma THENTE

742
00:49:30,333 --> 00:49:32,791
basea as súas sentenzas
en datos do pasado.

743
00:49:33,333 --> 00:49:37,791
É incapaz de interpretar unha lei
nun contexto social cambiante.

744
00:49:37,875 --> 00:49:41,458
Polo tanto, é incapaz
de xerar nova xurisprudencia.

745
00:49:41,541 --> 00:49:43,875
É incapaz de avanzar.

746
00:49:44,875 --> 00:49:46,708
Sempre vai mirar cara o pasado.

747
00:49:47,291 --> 00:49:49,291
E estará condenado a repetilo.

748
00:49:53,500 --> 00:49:54,833
Grazas, señoría.

749
00:49:54,916 --> 00:49:57,250
- Grazas.
- Moitas grazas.

750
00:50:01,500 --> 00:50:03,625
...é un profesional independente.

751
00:50:03,708 --> 00:50:05,166
E é difícil...

752
00:50:06,000 --> 00:50:07,500
É difícil de controlar.

753
00:50:08,458 --> 00:50:09,375
Carmen.

754
00:50:10,833 --> 00:50:12,125
Estamos baixo presión.

755
00:50:12,875 --> 00:50:13,708
Eu tamén.

756
00:50:13,791 --> 00:50:15,833
Precisamos que aprobes a auditoría.

757
00:50:16,541 --> 00:50:18,625
O sistema non está listo. Non podo.

758
00:50:18,708 --> 00:50:20,916
Ben, atrasaremos os prazos.

759
00:50:21,000 --> 00:50:22,791
Faremos novas probas.

760
00:50:22,875 --> 00:50:24,583
Dareiche acceso ao algoritmo.

761
00:50:24,666 --> 00:50:26,291
A calquera parte.

762
00:50:27,333 --> 00:50:29,083
Farémolo ao teu xeito.

763
00:50:29,708 --> 00:50:31,125
Pensaralo?

764
00:51:18,375 --> 00:51:22,416
Desactivando piloto automático
en tres, dous, un.

765
00:52:29,625 --> 00:52:31,166
NÚMERO OCULTO

766
00:52:33,625 --> 00:52:34,666
Si?

767
00:52:35,416 --> 00:52:38,291
Son Carlos Vidal.
Dixéronme que quere falar comigo.

768
00:52:40,750 --> 00:52:42,750
Si, así é.

769
00:52:42,833 --> 00:52:47,500
Ás 12, no aparcadoiro
do quilómetro 521 da A6.

770
00:54:26,958 --> 00:54:30,333
A nosa relación comeza
e remata hoxe.

771
00:54:31,083 --> 00:54:32,791
Tampouco vai citarme.

772
00:54:33,708 --> 00:54:36,166
Negarei que falei con vostede.

773
00:54:36,250 --> 00:54:37,666
Non vou testificar.

774
00:54:37,750 --> 00:54:39,333
Queda claro?

775
00:54:39,875 --> 00:54:41,208
Queda claro.

776
00:54:44,166 --> 00:54:47,000
Non dixen toda a verdade no xuízo.

777
00:54:48,833 --> 00:54:51,041
Apremáronme.

778
00:54:53,916 --> 00:54:56,625
Supoño que o escoitou nas noticias.

779
00:54:57,250 --> 00:54:58,375
O que?

780
00:54:58,458 --> 00:55:00,750
“Todos somos iguais
para o algoritmo”.

781
00:55:00,833 --> 00:55:03,250
"Todas as vidas valen o mesmo".

782
00:55:04,625 --> 00:55:06,958
O algoritmo ten excepcións.

783
00:55:07,708 --> 00:55:10,208
Hai usuarios VIP, que pagan

784
00:55:10,750 --> 00:55:13,958
e conseguen prioridade de vida
en caso de sinistro.

785
00:55:14,041 --> 00:55:15,875
O coche de Alicia era deses?

786
00:55:16,291 --> 00:55:17,291
Claro.

787
00:55:18,708 --> 00:55:22,708
Calquera vehículo de Vinseng
conducido por Alicia Kóvack

788
00:55:22,791 --> 00:55:26,625
elixiría sempre
a mellor opción para ela

789
00:55:27,000 --> 00:55:29,416
- en caso de accidente.
- Non foi así.

790
00:55:29,500 --> 00:55:30,625
Non foi así

791
00:55:31,125 --> 00:55:34,708
porque dous días antes
atacaron os nosos servidores.

792
00:55:35,416 --> 00:55:37,458
A excepción ética borrouse

793
00:55:37,541 --> 00:55:40,541
nese vehículo. Concretamente nese.

794
00:55:42,541 --> 00:55:46,000
Existe algún informe ou un...?

795
00:55:46,416 --> 00:55:48,041
Destruíuse todo.

796
00:55:49,333 --> 00:55:53,833
Recoñecer o ataque supón recoñecer
que hai excepcións éticas.

797
00:55:53,916 --> 00:55:55,500
E iso sería...

798
00:55:55,875 --> 00:55:56,791
un escándalo.

799
00:56:01,041 --> 00:56:02,791
Que sabes do ataque?

800
00:56:02,875 --> 00:56:04,875
Revisando o sistema

801
00:56:05,250 --> 00:56:07,541
encontrei algunhas
conexións sospeitosas

802
00:56:08,041 --> 00:56:09,666
uns días antes.

803
00:56:10,208 --> 00:56:12,208
E esas conexións?

804
00:56:12,291 --> 00:56:14,000
De onde viñan?

805
00:56:15,500 --> 00:56:16,708
De THENTE.

806
00:56:24,083 --> 00:56:26,458
É unha IP da rede de THENTE.

807
00:56:27,791 --> 00:56:29,750
Pero non podo identificar o equipo.

808
00:56:31,250 --> 00:56:33,291
A partir de aquí é cousa súa.

809
00:56:35,125 --> 00:56:36,333
Non me involucre.

810
00:56:55,000 --> 00:56:58,458
- Carmen?
- Preciso un favor, é importante.

811
00:56:58,541 --> 00:56:59,708
O que?

812
00:57:00,708 --> 00:57:04,208
Que localices unha dirección IP.
Envieicha por mensaxe.

813
00:57:04,750 --> 00:57:06,541
Estás de broma.

814
00:57:06,625 --> 00:57:08,250
- Unha IP?
- Si.

815
00:57:08,625 --> 00:57:10,333
Vaste meter nun enredo.

816
00:57:10,416 --> 00:57:12,416
Manuela, podes facelo, si ou non?

817
00:57:12,500 --> 00:57:14,416
Carmen, son as doce e media.

818
00:57:14,500 --> 00:57:16,833
Non son horas, mañá falamos.

819
00:59:41,875 --> 00:59:44,125
- Estes hai que organizalos.
- Vale.

820
00:59:47,458 --> 00:59:48,458
Toma.

821
00:59:48,541 --> 00:59:50,666
- Boas tardes.
- Ola.

822
00:59:50,750 --> 00:59:51,833
Manuela.

823
00:59:52,250 --> 00:59:53,875
Podemos falar un momento?

824
00:59:55,250 --> 00:59:56,791
Claro.

825
00:59:56,875 --> 00:59:58,166
Veño agora.

826
01:00:02,875 --> 01:00:05,083
Desculpa polo de onte á noite,

827
01:00:05,166 --> 01:00:07,166
pero preciso localizar esa IP.

828
01:00:07,583 --> 01:00:09,208
É moi importante.

829
01:00:10,500 --> 01:00:14,458
Necesitaría facer un informe oficial
e non hai ningún motivo para...

830
01:00:14,541 --> 01:00:18,166
Fala con Delitos Informáticos.
Hai formas de facelo.

831
01:00:19,666 --> 01:00:21,708
Non vou arriscar o pescozo.

832
01:00:22,083 --> 01:00:23,625
Que buscas?

833
01:00:28,500 --> 01:00:30,333
Falei co enxeñeiro.

834
01:00:30,875 --> 01:00:33,291
O que lle pasou a Alicia
non foi un accidente.

835
01:00:33,833 --> 01:00:36,000
Quería parar a presentación.

836
01:00:36,958 --> 01:00:38,500
Preciso que me axudes.

837
01:00:40,250 --> 01:00:43,458
Se tes probas,
xa sabes o que tes que facer.

838
01:00:43,541 --> 01:00:47,125
- Non é a nosa investigación.
- Só teño indicios.

839
01:00:48,375 --> 01:00:50,000
É só unha IP.

840
01:00:50,416 --> 01:00:52,208
Como só unha IP?

841
01:00:52,291 --> 01:00:53,375
Unha IP!

842
01:00:53,458 --> 01:00:55,833
- Es consciente do que pides?
- Si!

843
01:00:55,916 --> 01:00:57,291
Non temos base legal.

844
01:00:57,916 --> 01:01:00,375
Ademais, teño expedientes por facer.

845
01:01:00,458 --> 01:01:04,083
A ver, Manuela, isto é máis
importante que os teus expedientes!

846
01:01:05,083 --> 01:01:06,291
Por favor.

847
01:01:07,958 --> 01:01:09,291
Nada de por favor.

848
01:01:10,041 --> 01:01:12,125
Non me volvas falar así.

849
01:01:51,250 --> 01:01:52,750
Ten os cartos?

850
01:01:54,375 --> 01:01:55,291
Si.

851
01:01:56,416 --> 01:01:57,458
Esta á a clave.

852
01:01:57,541 --> 01:01:59,458
Dous mil euros en bitcoins.

853
01:02:00,166 --> 01:02:02,083
Jesús, por favor.

854
01:02:02,958 --> 01:02:04,375
Arrisco o pescozo.

855
01:02:04,750 --> 01:02:06,083
Evita as cámaras.

856
01:02:07,958 --> 01:02:09,083
Tranquila.

857
01:02:17,833 --> 01:02:19,708
Coñeciches a Alicia?

858
01:02:22,000 --> 01:02:23,750
Si, hai moitos anos.

859
01:02:25,500 --> 01:02:29,416
Antes de ser famosa xa
era coñecida no mundo do hacking.

860
01:02:30,333 --> 01:02:31,666
Admirabámola.

861
01:02:33,208 --> 01:02:35,250
Pero traizoou todos os ideais.

862
01:02:36,041 --> 01:02:37,000
Que ideais?

863
01:02:37,875 --> 01:02:42,458
Alicia viña
da comunidade de software libre.

864
01:02:42,541 --> 01:02:44,708
Dun subgrupo coñecido,

865
01:02:44,791 --> 01:02:49,791
involucrado no deseño de ferramentas
de gobernanza colaborativa.

866
01:02:51,833 --> 01:02:54,375
Querían democratizalo todo.

867
01:02:56,416 --> 01:02:58,500
Tratábase de redistribuír o poder.

868
01:03:01,166 --> 01:03:03,708
THENTE só o concentra nuns poucos.

869
01:03:11,541 --> 01:03:13,708
SÍMBOLO RELIXIOSO

870
01:03:14,083 --> 01:03:17,000
- Cando volverá Brais?
- Non o sei.

871
01:03:29,416 --> 01:03:30,708
É alí.

872
01:03:49,875 --> 01:03:52,833
Espérame aquí e vixía.

873
01:03:54,666 --> 01:03:56,000
Se ves calquera cousa,

874
01:03:56,500 --> 01:03:58,541
- avísame.
- Vale.

875
01:04:25,916 --> 01:04:27,250
Estou dentro.

876
01:04:37,458 --> 01:04:39,291
Hai moitos expedientes.

877
01:04:40,208 --> 01:04:41,583
Vou facer fotos.

878
01:04:51,958 --> 01:04:53,083
Sóache isto?

879
01:04:54,333 --> 01:04:56,791
- É unha ficha de Alicia Kóvack.
- Si.

880
01:04:58,125 --> 01:05:00,583
Nubiok. Bioseguridade.

881
01:05:00,666 --> 01:05:04,333
Implantan chips subcutáneos
con xeolocalización.

882
01:05:04,416 --> 01:05:08,250
Ese código permite acceder
ao historial de movementos

883
01:05:08,333 --> 01:05:09,750
e á situación de Alicia.

884
01:05:10,416 --> 01:05:12,291
Pero xa sabes onde está.

885
01:05:17,250 --> 01:05:18,250
Queda coa copia.

886
01:05:18,708 --> 01:05:21,166
Analízoo todo e chámote.

887
01:05:21,791 --> 01:05:22,625
Vale.

888
01:05:23,708 --> 01:05:25,375
E outra cosa.

889
01:05:33,500 --> 01:05:34,666
Estamos en paz.

890
01:05:39,166 --> 01:05:40,666
Grazas.

891
01:05:49,458 --> 01:05:50,583
Boa tarde a todos.

892
01:05:50,666 --> 01:05:53,166
- Boa tarde, señoría.
- Boa tarde.

893
01:05:54,958 --> 01:05:57,208
- Adolfo, non está Manuela?
- Non.

894
01:05:57,291 --> 01:05:58,833
Sabe a que hora virá?

895
01:05:58,916 --> 01:06:00,000
Estaba moi ocupada,

896
01:06:00,083 --> 01:06:01,416
non sei dicirlle.

897
01:06:01,500 --> 01:06:03,666
- Son para ela?
- Si.

898
01:06:04,041 --> 01:06:05,416
Encárgome eu.

899
01:06:06,333 --> 01:06:08,416
- Moitas grazas.
- Nada.

900
01:06:34,000 --> 01:06:35,625
NÚMERO OCULTO

901
01:06:39,750 --> 01:06:41,750
- Si?
- Son Jesús.

902
01:06:41,833 --> 01:06:44,750
- Atopaches algo?
- Si, témolo.

903
01:06:44,833 --> 01:06:47,958
Hai probas do ataque,
pero hai outra cousa.

904
01:06:48,625 --> 01:06:50,416
Prefiro falalo en persoa.

905
01:06:51,041 --> 01:06:52,916
Onde? Podes agora?

906
01:06:53,291 --> 01:06:55,958
Déixame rematar. Chámote mañá.

907
01:06:56,041 --> 01:06:57,083
Vale.

908
01:06:57,875 --> 01:06:59,083
Ata mañá.

909
01:07:59,000 --> 01:08:00,208
Dime, Manuela.

910
01:08:00,291 --> 01:08:03,166
Hostia, Carmen,
levo dúas horas chamándote.

911
01:08:03,250 --> 01:08:04,250
Pero, que hora é?

912
01:08:04,333 --> 01:08:07,625
Ven ao xulgado
e non fales con ningún xornalista.

913
01:08:07,708 --> 01:08:09,500
Como que xornalista?

914
01:08:11,125 --> 01:08:13,291
- Bos días.
- Bos días.

915
01:08:13,375 --> 01:08:15,708
- Bos días, señoría.
- Bos días.

916
01:08:17,708 --> 01:08:19,250
Avísoo cando a localice.

917
01:08:20,625 --> 01:08:22,041
De acordo.

918
01:08:26,291 --> 01:08:27,375
Que pasa?

919
01:08:28,166 --> 01:08:29,375
Carmen,

920
01:08:29,458 --> 01:08:32,458
imos xestionar isto
con tranquilidade.

921
01:08:32,791 --> 01:08:34,166
Que está pasando?

922
01:08:34,250 --> 01:08:37,875
O hacker ao que lle concediches
o terceiro grao, Jesús Almeida.

923
01:08:37,958 --> 01:08:40,291
Detivérono con material pedófilo.

924
01:08:40,375 --> 01:08:43,500
Tiña fotos e vídeos
do neno que desaparecera. Mira.

925
01:08:43,583 --> 01:08:49,333
ELES PAGAN POLAS DECISIÓNS
DA XUÍZA CARMEN COSTA

926
01:08:49,416 --> 01:08:51,166
Non é culpa túa.

927
01:08:51,583 --> 01:08:53,250
Pero van ir por ti.

928
01:08:55,208 --> 01:08:58,083
Acompáñeme.
Imos a un sitio máis tranquilo.

929
01:08:58,958 --> 01:09:00,416
Viu o que di a prensa?

930
01:09:00,500 --> 01:09:02,291
Delitos informáticos,

931
01:09:02,375 --> 01:09:04,333
estancias en centros de menores,

932
01:09:04,416 --> 01:09:06,541
ocupa, radicalizado
e ademais pedófilo.

933
01:09:07,250 --> 01:09:10,833
E concédelle o terceiro grao
pese á advertencia de THENTE.

934
01:09:15,208 --> 01:09:17,708
Os pais do neno
van presentar unha demanda.

935
01:09:19,458 --> 01:09:21,291
Sábese cando o detiveron?

936
01:09:21,791 --> 01:09:24,875
Onte á noite.
E sabemos que se reuniu contigo.

937
01:09:27,083 --> 01:09:29,250
- Ten os cartos?
- Si.

938
01:09:29,916 --> 01:09:31,791
Dous mil euros en bitcoins.

939
01:09:31,875 --> 01:09:34,166
Jesús, arrisco o pescozo.

940
01:09:36,458 --> 01:09:37,875
Estamos en paz.

941
01:09:39,125 --> 01:09:40,500
Estades a espiarme?

942
01:09:41,166 --> 01:09:45,041
- Acordaches con el o terceiro grao?
- Non.

943
01:09:45,375 --> 01:09:47,333
E como explicas isto?

944
01:09:47,958 --> 01:09:50,875
En que estabas pensando?
É prevaricación.

945
01:09:52,666 --> 01:09:53,750
Van suspenderte,

946
01:09:53,833 --> 01:09:55,583
pero acabarás no Supremo.

947
01:09:55,666 --> 01:09:57,833
Apartarante da carreira xudicial.

948
01:10:00,625 --> 01:10:02,750
Axudarémola no Supremo.

949
01:10:03,250 --> 01:10:04,375
Xa tivo bastante.

950
01:10:23,750 --> 01:10:26,500
- Goitia.
- Un minuto, si?

951
01:10:38,125 --> 01:10:41,166
- Non é culpa túa.
- Están a seguirme.

952
01:10:41,250 --> 01:10:43,958
Ameazáronme,
puxéronme micros no coche.

953
01:10:44,375 --> 01:10:45,833
Preciso que me apoiedes.

954
01:10:45,916 --> 01:10:47,958
O problema no caso dese hacker,

955
01:10:48,041 --> 01:10:49,625
é que a IA tiña razón.

956
01:10:50,041 --> 01:10:51,958
Iso non o sabemos, Goitia.

957
01:10:52,041 --> 01:10:55,125
Apoieivos e estanmo facendo pagar.

958
01:10:55,208 --> 01:10:56,416
Un momento.

959
01:10:57,208 --> 01:10:58,375
Iso rematou.

960
01:10:58,750 --> 01:10:59,916
Gañarán o referendo

961
01:11:00,000 --> 01:11:01,458
por unha gran maioría.

962
01:11:01,541 --> 01:11:03,541
E este caso benefíciaos máis.

963
01:11:04,500 --> 01:11:06,458
Apremáronnos moito.

964
01:11:07,291 --> 01:11:08,333
A todos.

965
01:11:11,083 --> 01:11:13,416
Cheguei a un acordo co Goberno.

966
01:11:13,916 --> 01:11:17,291
Mantéñense os xuíces humanos
para segundas instancias.

967
01:11:17,375 --> 01:11:20,583
Un ano de prórroga
e volveremos á mesa de negociación.

968
01:11:20,916 --> 01:11:22,291
Vendéstesvos.

969
01:11:23,125 --> 01:11:25,458
Fixen o que me pediron
os compañeiros.

970
01:11:25,541 --> 01:11:27,250
Vendéstesvos.

971
01:11:28,541 --> 01:11:30,000
Xa non podo loitar máis.

972
01:11:32,291 --> 01:11:33,458
Agora tócavos a vós.

973
01:11:42,166 --> 01:11:45,041
Como se sente
deixando libre un pedófilo?

974
01:11:45,125 --> 01:11:46,416
Por que ignorou a THENTE?

975
01:11:46,500 --> 01:11:49,083
Que lles di ás familias das vítimas?

976
01:11:49,166 --> 01:11:51,125
Carmen, unhas declaracións.

977
01:15:11,541 --> 01:15:13,541
GAIVOTA

978
01:15:16,500 --> 01:15:18,500
ONDA

979
01:15:26,083 --> 01:15:28,083
CORPO HUMANO

980
01:15:58,458 --> 01:15:59,750
Ei.

981
01:16:02,916 --> 01:16:04,625
Ei, como estás?

982
01:16:06,166 --> 01:16:07,708
Vaia susto me deches.

983
01:16:08,666 --> 01:16:09,916
Como estás?

984
01:16:13,750 --> 01:16:15,166
Ai, perdón.

985
01:16:22,291 --> 01:16:24,583
As constantes están
case recuperadas.

986
01:16:25,208 --> 01:16:27,458
Ídesme dar a alta?

987
01:16:27,541 --> 01:16:30,083
Se todo segue igual, mañá pola mañá.

988
01:16:30,666 --> 01:16:31,875
Como te atopas?

989
01:16:32,875 --> 01:16:34,333
Ben. Moi ben.

990
01:16:35,500 --> 01:16:37,708
Lembras algo do accidente?

991
01:16:39,291 --> 01:16:41,416
Lembro que...

992
01:16:41,875 --> 01:16:43,625
o vento mudou moi rápido

993
01:16:44,125 --> 01:16:46,250
e que a corrente me arrastrou

994
01:16:46,625 --> 01:16:49,125
ata que me rescataron na praia.

995
01:16:49,500 --> 01:16:50,958
Reaccionaches ben.

996
01:16:51,041 --> 01:16:53,416
De seguires nadando, afogabas.

997
01:16:53,833 --> 01:16:56,000
- Veño mañá darche a alta.
- Si.

998
01:17:06,458 --> 01:17:07,750
Bos días.

999
01:17:08,958 --> 01:17:09,958
Ola.

1000
01:17:12,708 --> 01:17:14,750
- Que tal descansaches?
- Ben.

1001
01:17:14,833 --> 01:17:16,833
Trouxéronche a alta?

1002
01:17:16,916 --> 01:17:18,708
Si, vanma traer agora.

1003
01:17:19,041 --> 01:17:20,041
Vale.

1004
01:17:24,916 --> 01:17:26,083
E que acontece?

1005
01:17:31,500 --> 01:17:32,750
Vouno intentar.

1006
01:17:33,666 --> 01:17:34,708
O que?

1007
01:17:38,250 --> 01:17:39,500
Ter un fillo.

1008
01:17:43,875 --> 01:17:45,166
Pois...

1009
01:17:45,250 --> 01:17:48,041
Tróuxenche bombóns para celebralo.

1010
01:17:48,125 --> 01:17:49,916
De parte dos funcionarios.

1011
01:17:50,958 --> 01:17:52,666
Preguntan todos por ti.

1012
01:17:58,708 --> 01:17:59,958
Grazas.

1013
01:18:02,291 --> 01:18:03,500
Cala, parva.

1014
01:18:08,958 --> 01:18:10,791
Ti es parva.

1015
01:18:13,208 --> 01:18:14,458
Síntoo.

1016
01:18:15,375 --> 01:18:17,250
Non tes nada que sentir.

1017
01:18:17,916 --> 01:18:19,750
Síntoo.

1018
01:18:20,375 --> 01:18:21,916
TODO LISTO PARA THENTE 2

1019
01:18:22,000 --> 01:18:23,916
Chegou o día que este Goberno e eu

1020
01:18:24,000 --> 01:18:25,708
levamos anos esperando.

1021
01:18:26,375 --> 01:18:28,458
Traballamos arreo para chegar aquí.

1022
01:18:29,208 --> 01:18:31,833
Temos o aval
das institucións europeas.

1023
01:18:33,208 --> 01:18:35,458
E durante a fase de desenvolvemento

1024
01:18:35,541 --> 01:18:38,916
cumprimos con todos
os estándares éticos e de calidade

1025
01:18:39,000 --> 01:18:40,875
da normativa comunitaria

1026
01:18:40,958 --> 01:18:44,208
para realizar cambios
nas administracións de xustiza.

1027
01:18:44,708 --> 01:18:48,166
Mañá presentamos o sistema elixido

1028
01:18:48,250 --> 01:18:52,541
para poder mellorar a eficiencia
e calidade do traballo

1029
01:18:52,625 --> 01:18:54,541
nas institucións xudiciais do país.

1030
01:18:54,625 --> 01:18:56,500
É o novo presidente de THENTE.

1031
01:18:57,708 --> 01:18:58,875
E Brais?

1032
01:18:59,250 --> 01:19:00,333
Detivérono?

1033
01:19:00,416 --> 01:19:01,708
Está desaparecido.

1034
01:19:01,791 --> 01:19:03,500
Rexistraron a súa cabana

1035
01:19:03,583 --> 01:19:07,166
e demostraron
que provocou o accidente de Alicia.

1036
01:19:07,250 --> 01:19:09,666
Hai unha orde
de detención internacional.

1037
01:19:09,750 --> 01:19:11,041
Está acusado de asasinato.

1038
01:19:11,666 --> 01:19:13,041
Pero iso non é o único.

1039
01:19:13,583 --> 01:19:16,458
Sabes a quen incorporaron
na empresa?

1040
01:19:19,666 --> 01:19:20,625
- A Vidal?
- Si.

1041
01:19:20,708 --> 01:19:22,750
CARLOS VIDAL INCORPÓRASE A THENTE

1042
01:19:22,833 --> 01:19:25,291
- Álex dixo que non o coñecía.
- Si que o coñecía.

1043
01:19:26,250 --> 01:19:28,958
Traballaron xuntos
hai anos noutra empresa.

1044
01:19:29,708 --> 01:19:32,166
Álex chama cada noite
para preguntar como estás

1045
01:19:32,250 --> 01:19:33,875
desde que ingresaches.

1046
01:19:38,250 --> 01:19:42,000
Vin que aproveitastes o accidente
para anunciar a presentación.

1047
01:19:42,708 --> 01:19:44,416
Legalmente podiamos facelo.

1048
01:19:44,500 --> 01:19:46,541
O Ministerio suspendeute.

1049
01:19:46,625 --> 01:19:47,708
Xa.

1050
01:19:48,625 --> 01:19:51,666
- E Brais?
- Atoparano. Seguro.

1051
01:19:52,458 --> 01:19:56,458
Hoxe presentamos THENTE 2
e non me esquecerei de Alicia.

1052
01:19:56,958 --> 01:19:59,500
Estamos a desenvolver
as melloras que quería.

1053
01:20:00,041 --> 01:20:03,666
E gustaríame contar contigo
no equipo.

1054
01:20:18,166 --> 01:20:21,375
Nada do que dixeron de min
é verdade.

1055
01:20:23,416 --> 01:20:24,750
Quitáronme todo...

1056
01:20:24,833 --> 01:20:27,208
O que extraemos da casa de Brais.

1057
01:20:28,375 --> 01:20:29,750
A policía rexistrouna.

1058
01:20:30,791 --> 01:20:34,416
Din que atoparon vínculos de Brais
co hackeo do coche de Alicia.

1059
01:20:34,500 --> 01:20:36,666
Tamén os vin, díxencho.

1060
01:20:37,500 --> 01:20:38,958
Pero son falsos, Carmen.

1061
01:20:40,083 --> 01:20:41,250
Son falsos.

1062
01:20:42,083 --> 01:20:43,125
Mira.

1063
01:20:43,541 --> 01:20:46,500
A min metéronme material pedófilo.

1064
01:20:47,458 --> 01:20:50,125
A el puidéronlle plantar
calquera cousa

1065
01:20:50,208 --> 01:20:52,625
para relacionalo
coa morte de Alicia.

1066
01:20:53,500 --> 01:20:55,625
Despois fixérono desaparecer.

1067
01:20:57,500 --> 01:20:59,458
Quen che entregou a IP?

1068
01:21:03,666 --> 01:21:06,291
Usáronte para branquear
unha operación.

1069
01:21:08,875 --> 01:21:10,000
Tróuxoo?

1070
01:21:20,333 --> 01:21:23,458
Analizarémolo para confirmar
que son datos manipulados.

1071
01:21:24,625 --> 01:21:25,625
De acordo.

1072
01:21:26,875 --> 01:21:28,333
Pouco antes de morrer,

1073
01:21:29,041 --> 01:21:32,750
Alicia escribiulle a Brais
un memorando.

1074
01:21:33,375 --> 01:21:34,875
Un memorando segredo.

1075
01:21:34,958 --> 01:21:36,500
Titulábase THENTE 3.

1076
01:21:37,916 --> 01:21:39,958
Brais e Alicia estaban xuntos nisto.

1077
01:21:40,958 --> 01:21:44,666
Se cadra por iso tiña a información
do chip subcutáneo que atopaches.

1078
01:21:46,250 --> 01:21:47,666
Tiñas razón, Carmen.

1079
01:21:49,500 --> 01:21:52,541
Ela quería transformar
todo o sistema xudicial.

1080
01:22:00,500 --> 01:22:02,000
CLIENTE: ALICIA KÓVACK LOSADA

1081
01:22:07,125 --> 01:22:08,166
Dime, Carmen.

1082
01:22:08,250 --> 01:22:10,250
Manuela, podes ver o que che enviei?

1083
01:22:10,333 --> 01:22:12,750
É o chip de xeolocalización
de Alicia.

1084
01:22:12,833 --> 01:22:14,875
Creo que Brais pode ter un igual.

1085
01:22:15,333 --> 01:22:18,208
Mira se funciona
coa mesma clave de acceso.

1086
01:22:19,833 --> 01:22:22,291
Temos todos os movementos de Brais.

1087
01:22:22,375 --> 01:22:24,291
E esta é a súa posición actual.

1088
01:22:24,375 --> 01:22:25,541
SITUACIÓN ACTUAL

1089
01:22:25,625 --> 01:22:27,458
Aquí pérdese o sinal do chip.

1090
01:22:28,583 --> 01:22:30,833
E este é todo o seu percorrido.

1091
01:22:31,750 --> 01:22:33,166
De onde viña?

1092
01:22:33,958 --> 01:22:35,166
Deste monte.

1093
01:22:35,916 --> 01:22:37,416
Aquí pérdese o rastro.

1094
01:22:38,458 --> 01:22:40,500
Como chega ao mar desde aí?

1095
01:22:41,875 --> 01:22:44,041
De noite. Nunha furgoneta sen luces.

1096
01:22:45,166 --> 01:22:46,625
Esta é a imaxe satelital.

1097
01:22:51,708 --> 01:22:55,291
Mándame o percorrido que fixo
polo monte. Ti vai ao cantil.

1098
01:25:17,541 --> 01:25:20,666
O sinal vén do mar.
Pero agora non hai mergulladores.

1099
01:25:21,791 --> 01:25:23,416
Como que non?

1100
01:25:23,500 --> 01:25:24,833
Cando os haberá?

1101
01:25:24,916 --> 01:25:27,833
Antes de 48 horas imposible.
Tampouco mo aseguran.

1102
01:25:45,833 --> 01:25:50,250
OLALLA ARCOS, LÍDER DE AUDIENCIA
CUN PROGRAMA POLÍTICO SERIO

1103
01:25:53,333 --> 01:25:56,750
Sarxento,
un equipo da canle 22 vén de camiño.

1104
01:25:56,833 --> 01:25:58,083
Vostede verá.

1105
01:25:58,166 --> 01:26:00,666
Non é fácil conseguilos tan rápido.

1106
01:26:00,750 --> 01:26:03,083
Dálle prioridade.
Fala con Dirección.

1107
01:26:03,166 --> 01:26:06,833
Carmen, suspendéronte.
Isto é un enredo.

1108
01:26:06,916 --> 01:26:09,375
Dígoche que aí abaixo
hai un cadáver.

1109
01:26:09,458 --> 01:26:11,250
Non o sabemos. É só un sinal.

1110
01:26:11,333 --> 01:26:15,125
Rego, isto vai ser en directo.
Se non estades, faredes o ridículo.

1111
01:26:27,875 --> 01:26:30,125
A que profundidade estaba o sinal?

1112
01:26:30,625 --> 01:26:32,375
A 45 metros.

1113
01:26:35,208 --> 01:26:36,500
E se non está?

1114
01:27:08,541 --> 01:27:09,625
ESPECIAL REFERENDO

1115
01:27:09,708 --> 01:27:11,791
Estamos na Coruña
nun programa especial,

1116
01:27:11,875 --> 01:27:14,416
porque hoxe
preséntase THENTE 2

1117
01:27:14,500 --> 01:27:16,791
a 48 horas dun referendo

1118
01:27:16,875 --> 01:27:18,916
decisivo para a sociedade
española.

1119
01:27:19,000 --> 01:27:22,666
En directo está con nós
o seu novo presidente,

1120
01:27:22,750 --> 01:27:24,666
Alejandro Havel. Benvido.

1121
01:27:24,750 --> 01:27:27,625
A XUSTIZA ALGORÍTMICA APROBARASE
SEGUNDO AS ENQUISAS

1122
01:27:27,708 --> 01:27:30,875
- Grazas por invitarme.
- Está escoitándonos

1123
01:27:30,958 --> 01:27:34,375
a sociedade española,
que terá que decidir nese referendo.

1124
01:27:34,458 --> 01:27:35,916
Que lle quere transmitir?

1125
01:27:36,000 --> 01:27:38,333
Queremos transmitirlle
á cidadanía

1126
01:27:38,416 --> 01:27:41,041
a nosa preocupación
polo estado da xustiza,

1127
01:27:41,125 --> 01:27:43,125
non só en España,
senón no mundo.

1128
01:27:43,208 --> 01:27:46,708
O ano pasado, en España,
presentáronse un millón de demandas

1129
01:27:46,791 --> 01:27:49,416
das cales
se atenderon un 60 %.

1130
01:27:50,041 --> 01:27:51,375
Para o ano, prevense

1131
01:27:51,458 --> 01:27:53,708
un millón duascentas mil.

1132
01:27:53,791 --> 01:27:56,125
A xustiza humana
non é unha opción realista.

1133
01:27:56,208 --> 01:27:58,666
Sinto dicirlle
que non todo o mundo opina así.

1134
01:27:58,750 --> 01:28:01,083
Por iso quixemos ter aquí

1135
01:28:01,166 --> 01:28:03,416
unha maxistrada
de recoñecido prestixio.

1136
01:28:03,500 --> 01:28:07,666
Nos últimos días,
foi obxecto dunha forte polémica.

1137
01:28:07,750 --> 01:28:11,083
Está con nós Carmen Costa. Adiante.

1138
01:28:16,666 --> 01:28:18,833
Boa tarde, Carmen. Benvida.

1139
01:28:18,916 --> 01:28:22,083
- Grazas por estar hoxe con nós.
- Grazas a ti.

1140
01:28:22,166 --> 01:28:24,291
Seguro que xa a coñecen.

1141
01:28:24,375 --> 01:28:28,708
É das poucas voces que segue
apostando polo non no referendo.

1142
01:28:28,791 --> 01:28:30,708
Por suposto, coñécense.

1143
01:28:30,791 --> 01:28:32,416
- Si.
- Carmen traballou con nós

1144
01:28:32,500 --> 01:28:34,500
e é unha persoa á que respecto.

1145
01:28:35,083 --> 01:28:36,916
Restan 48 horas

1146
01:28:37,000 --> 01:28:39,916
para ese referendo
que pode ser decisivo

1147
01:28:40,000 --> 01:28:43,416
porque pode haber cambios
importantes na nosa Constitución.

1148
01:28:43,500 --> 01:28:45,125
Por que deberiamos votar non?

1149
01:28:45,208 --> 01:28:47,583
Porque votar
a favor da xustiza algorítmica

1150
01:28:47,666 --> 01:28:49,583
significaría entregar

1151
01:28:49,666 --> 01:28:53,375
a independencia xudicial
e un dos poderes do Estado

1152
01:28:53,458 --> 01:28:56,458
- a unha multinacional.
- Iso non é así.

1153
01:28:56,541 --> 01:28:58,500
THENTE reforza
a independencia xudicial

1154
01:28:58,583 --> 01:29:00,291
e libéraa do control político.

1155
01:29:00,375 --> 01:29:01,833
Este é o camiño

1156
01:29:01,916 --> 01:29:06,125
e a visión que nos marcou alguén
a quen todos admiramos.

1157
01:29:06,208 --> 01:29:08,083
A creadora de THENTE, Alicia Kóvack.

1158
01:29:08,166 --> 01:29:10,083
Esa non é a visión de Alicia Kóvack.

1159
01:29:10,166 --> 01:29:12,000
E cal era a súa visión?

1160
01:29:12,083 --> 01:29:13,041
O seu proxecto

1161
01:29:13,125 --> 01:29:16,708
buscaba potenciar a xustiza humana
con intelixencia artificial,

1162
01:29:16,791 --> 01:29:18,208
subordinando o seu control

1163
01:29:18,291 --> 01:29:20,375
a procesos democráticos
e transparentes,

1164
01:29:20,458 --> 01:29:23,708
que é todo o contrario
do que hoxe representa THENTE.

1165
01:29:24,666 --> 01:29:26,916
Por iso ela quería parar
a presentación.

1166
01:29:27,833 --> 01:29:29,625
E por iso foi asasinada.

1167
01:29:30,666 --> 01:29:32,625
Asasinouna o seu exmarido.

1168
01:29:32,708 --> 01:29:35,583
Para apropiarse da empresa.
É o que di a policía.

1169
01:29:35,666 --> 01:29:37,625
O noso software

1170
01:29:37,708 --> 01:29:39,541
foi testeado por centos de xuíces

1171
01:29:39,625 --> 01:29:42,791
e probado con éxito
en todos os tribunais españois.

1172
01:29:42,875 --> 01:29:46,791
A súa metodoloxía
e os seus resultados son fiables.

1173
01:29:46,875 --> 01:29:49,500
Coma moitos sistemas
que usamos hoxe.

1174
01:29:50,000 --> 01:29:53,458
Por exemplo,
se acodes ao médico

1175
01:29:53,541 --> 01:29:56,250
porque queres quedar embarazada

1176
01:29:56,333 --> 01:29:58,625
e un sistema
de intelixencia artificial

1177
01:29:58,708 --> 01:30:01,583
che di que tes
moi poucas probabilidades

1178
01:30:01,958 --> 01:30:04,083
e que, de ser o caso,

1179
01:30:04,166 --> 01:30:07,750
habería serios problemas
para a túa saúde e a do bebé.

1180
01:30:08,416 --> 01:30:11,041
Seguirías
a recomendación do sistema, non?

1181
01:30:12,625 --> 01:30:15,125
Esa decisión
non a pode tomar unha máquina.

1182
01:30:15,958 --> 01:30:19,875
Por suposto,
pero seguirías a recomendación?

1183
01:30:22,125 --> 01:30:24,166
Se o fixese, arrepentiríame.

1184
01:30:25,041 --> 01:30:26,541
Entón, confiarías nunha...

1185
01:30:26,625 --> 01:30:29,291
Perdoade, pero temos que cortar.

1186
01:30:29,375 --> 01:30:31,291
Hai noticia de última hora

1187
01:30:31,375 --> 01:30:33,500
respecto ao caso de Brais Lago,

1188
01:30:33,583 --> 01:30:36,041
expresidente de THENTE,
pola investigación

1189
01:30:36,125 --> 01:30:38,833
que se está a realizar.
A policía iniciou

1190
01:30:38,916 --> 01:30:39,833
un dispositivo.

1191
01:30:39,916 --> 01:30:43,750
Hai unha hora realizouse
unha inmersión no fondo do mar

1192
01:30:43,833 --> 01:30:45,833
en busca dun...

1193
01:31:13,750 --> 01:31:16,916
Ese corpo foi extraído do mar

1194
01:31:17,000 --> 01:31:19,541
e a primeira inspección ocular

1195
01:31:19,625 --> 01:31:22,416
indica que se trata
do cadáver de Brais Lago.

1196
01:31:22,500 --> 01:31:26,333
Lembremos que estaba
en busca e captura,

1197
01:31:26,416 --> 01:31:29,583
acusado de ser
o responsable do accidente

1198
01:31:29,666 --> 01:31:31,833
no que faleceu Alicia Kóvack.

1199
01:31:33,041 --> 01:31:34,791
Isto é correcto, señor Havel.

1200
01:31:34,875 --> 01:31:36,416
Si, é correcto.

1201
01:31:36,500 --> 01:31:40,291
Brais Lago asasinou a Alicia
para apropiarse da empresa

1202
01:31:40,375 --> 01:31:43,125
e atopáronse probas. Por iso fuxiu.

1203
01:31:43,208 --> 01:31:44,875
Brais non matou a ninguén.

1204
01:31:46,291 --> 01:31:48,291
Acusárono con probas falsas

1205
01:31:48,375 --> 01:31:51,083
e fixérono desaparecer.
Agora sabemos onde está.

1206
01:31:51,791 --> 01:31:53,500
E sabemos onde estás ti.

1207
01:31:54,916 --> 01:31:56,791
Que estás insinuando, Carmen?

1208
01:31:57,333 --> 01:31:59,208
Que pretendes?

1209
01:32:00,125 --> 01:32:03,500
Acábante de suspender
por deixares libre un criminal

1210
01:32:03,583 --> 01:32:07,333
e tes o valor de sentarte aquí
e acusarme a min de asasinato?

1211
01:32:08,708 --> 01:32:10,000
Coidado, Carmen.

1212
01:32:11,291 --> 01:32:13,458
Non son eu quen te vai xulgar.

1213
01:32:14,125 --> 01:32:16,875
Só estou aquí
para que teñas un xuízo xusto.

1214
01:32:20,833 --> 01:32:22,375
Temos que deixalo aquí.

1215
01:32:22,458 --> 01:32:25,583
Esgótasenos o tempo.
Moitas grazas aos dous

1216
01:32:25,666 --> 01:32:28,166
por estar en directo hoxe
aquí con nós.

1217
01:32:28,250 --> 01:32:31,125
Agora son vostedes
os que teñen a última palabra.

1218
01:32:31,208 --> 01:32:34,875
Hai que votar no referendo
dentro de 48 horas.



